O corrector ortográfico

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
  • Imos aproveitar unha das vantaxes de usar Linux. O sistema é multilingüe, como xa vimos na parte III do curso en Configuración do idioma.
  • Aproveitando esa facilidade imos ver como se pode ter o sistema nun idioma pero o corrector ortográfico das ferramentas ofimáticas e do navegador Firefox noutro.
  • Iso non cambia para nada o idioma do sistema. Só que o que escribimos está nun idioma distinto ao que estamos usando no sistema como usuario.
  • E como podemos instalar tódolos idiomas que desexemos, como se viu na parte II, pois sempre podemos ter, por exemplo, o sistema e galego e o corrector en Africano. Só hai que instalar o idioma Africano e facer algo parecido ao que vén a continuación.
  • Partimos da base de que o sistema ten instalados os idiomas: galego, español e inglés. No caso do material, ademais, o idioma do usuario é o galego.

Configurar corrector en LibreOffice

Configurar corrector en Firefox

  • Hoxe xa é moi típico escribir nos navegadores de internet: mails, textos, foros, etc. E neste caso o navegador Firefox tamén nos brinda a posibilidade de usar un corrector mentres se escribe nel.
  • A modo de exemplo vaise usar o buscador de Google, para probar o corrector. Pero vale calquera páxina onde se poida escribir, por exemplo as de Platega cando se escribe unha mensaxe para un relator, os foros, etc.
  • Se o idioma no que se desexa realizar a verificación ortográfica non está dispoñible hai dúas opcións:
    • Instalalo como se indicou na parte III deste curso: Configuración do idioma
    • Ir ao final da lista dos idiomas que suxire e premer en Engadir Dicionarios. Isto último só servira para Firefox e só para o usuario que o fai.




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez