Montaxe de PCs

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Saltar a: navegación, buscar



Icona de esbozo

Este artigo está en construción. Os autores do mesmo están traballando nel.
Se queres axudar á súa realización ou, simplemente, queres facer algún tipo de comentario, envía un mail a un dos autores que aparecen no pé deste artigo."

 

Introdución

Este apartado dos manuais está dedicado a ver exemplos de montaxe de diversos equipos.

Unha vez ensamblado o equipo non está de máis facer un testeo do equipo, comprobando que non existan ningún tipo de incompatibilidades entre os compoñentes.

Exemplos de montaxes

Equipo básico do ano 2006

  • Elementos hardware do equipo a montar:
  • ...

Terminal Punto de Venda do ano 2008

  • Elementos hardware do equipo a montar:
  • ...
  • Pasos da montaxe.

Aplicacións de Detección de hardware

Aplicación lspci para linux

Se queremos coñecer os chipset dos elementos conectados ó bus PCI do noso equipo para así buscar e instalar os drivers axeitados en linux, esta é a ferramenta a empregar.

Para obter un resumen de todos os dispositivos que hai conectados ó bus PCI:

Lspci1.jpg

Pódense empregar os indicadores -v e -vv para obter mais información.

A utilidade lspci recupera do bus PCI algunha información, mostrando datos adicionais obtidos da súa propia base de datos almacenada en /usr/share/misc/pci.ids. Tamén existe un comando para actualizar ese arquivo: # update-pciids

Lspci2.jpg

Aplicación dmesg para linux

Para obter unha lista de todos os compoñentes detectados polo núcleo pódese empregar o comando dmesg. Para ver todo o contido deste registro procederemos do seguinte xeito:

$ dmesg | less

Tamén se pode filtral o resultado de dmesg para atopar dispositivos específicos. Vexamos un par de exemplos:

  • Obter a memoria RAM instalada no equipo faríase así:
$ dmesg | grep -i memory
Memory: 1031480k/1047424k available (2250k kernel code, 15144k reserved, 1202k data, 268k init, 129920k highmem)
virtual kernel memory layout:
Freeing initrd memory: 1506k freed
Total HugeTLB memory allocated, 0
Non-volatile memory driver v1.2
Freeing unused kernel memory: 268k freed
[drm] Setting GART location based on new memory map
Como se ve o equipo ten instalado 1 GB de RAM.
  • Comprobar cal é o Microprocesador instalado:
$ dmesg | grep -i cpu
Initializing CPU#0
CPU 0 irqstacks, hard=c07cd000 soft=c07ad000
SLUB: Genslabs=22, HWalign=64, Order=0-1, MinObjects=4, CPUs=1, Nodes=1
CPU: After generic identify, caps: 078bfbff e3d3fbff 00000000 00000000 00000001 00000000 00000001
CPU: L1 I Cache: 64K (64 bytes/line), D cache 64K (64 bytes/line)
CPU: L2 Cache: 512K (64 bytes/line)
CPU: After all inits, caps: 078bf3ff e3d3fbff 00000000 00000410 00000001 00000000 00000001
Intel machine check reporting enabled on CPU#0.
CPU0: AMD Athlon(tm) 64 Processor 3200+ stepping 02
Brought up 1 CPUs
Como vemos, o equipo ten instalado un AMD Athlon 64 3200+.

Supervisar un sistema linux en funcionamento

Se se quere supervisar un sistema linux en funcionamento e en tempo real, vendo información relativa á memoria física, a CPU, as unidades de disco, etc. pódese empregar o sistema de arquivos /proc.

Neste caso, simplemente, hai que empregar o comando cat para ir lendo os arquivos de texto existentes no seu interior (tamén poderíamos utilizar unha das utilidades deseñadas para tal fin como sysctl, lspci, ps ou top). A sintaxe e a mesma para ler calquera dos arquivos existentes:

$ cat /proc/[nome do arquivo a ler]

Vexamos un par de exemplos:

Aplicacións de Testeo de Equipos e Bechmarking

Neste apartado veremos varias utilidades software que nos permitirán comprobar que os equipos ensamblados non presentan incompatibilidades entre compoñentes. Ademais, a maioría destas utilidades, nos darán información comparativa (bechmarking) entre o equipo analizado e outros xenéricos dos que ten información gardada nunha base de datos.

O Benchmarking é unha técnica que consiste en analizar o rendemento do hardware xeralmente comparado con algún parámetro como pode ser o de algún sistema en concreto ou un valor arbitrario. Esta técnica, pode parecer pouco relevante, ou simplemente curiosa. Pero a verdade é que o benchmarking é fundamental, tanto no deseño de hardware como á hora de decidir que compoñente é o que precisamos.

Ciusbet

Ciusbet-logo.png

Ciusbet analiza de forma eficiente o rendemento dos distintos compoñentes do ordenador con software de benchmarking propietario.

Na seguinte imaxe vemos o resultado de executar o software Ciusbet CPU Benchmark nun equipo Dell Latitude D430 con micro Intel Core2 U7500 a 1,06GHz e 2 GB de RAM. Benchmark-dell.jpg

Phoronix Text Suite

Phoronix Test Suite (PTS) é unha ferramenta, baixo GPL, para realizar diversos benchmarks de rendemento de hardware para GNU/Linux (aínda que podería chegar a funcionar noutros sistemas).

Con PTS os desenvolvedores de aplicacións poderán construír facilmente os benchmarks do seu propio software e os usuarios poderán medir facilmente o rendemento dos seus equipos en devandito software.

Outro aspecto interesante é a posibilidade de subir os resultados ao servizo PTS Global e poder executar, introducindo o código dunha proba xa existente, calquera benchmark que estea dispoñible en PTS Global.

A versión actual de PTS é a 0.1. Por agora non ten interface gráfica e as probas hai que executalas desde un terminal, a pesar disto o uso é bastante sinxelo.