Diferencia entre revisiones de «Menús»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 11:51 3 dic 2015

Introducción

  • Nesta unidade imos ver como xestionar menús, submenús e menú contextuais.
  • A seguinte imaxe amosa os menús na Action Bar da aplicación

Actionbar.png

  • 1: Icona da App e nome
  • 2: Dúas iconas de menús da aplicación
  • 3: Menú OverFlow que equivale ao botón Menú da Botonera.
  • Os menús poden poñerse na Action Bar dende a versión 3.0 de Android.


  • Para versións anteriores á 3.0 os menús víanse como na parte inferior da seguinte imaxe:

Options menu.png


  • A seguinte imaxe amosa 3 botóns de menú na Barra de Acción e o menú Overflow

Actionbar-item-withtext.png


  • Nesta imaxe vese como un dos menús da action bar ten submenús:

Actionbar-shareaction2x.png



  • Finalmente as seguintes imaxes amosan Menús Contextuais
    • Flotantes (esquerda)
    • ou na barra de accións (dereita)

Menu-context.png


Menus e submenús básicos

  • Imos realizar unha aplicación con 3 menús (un deles con submenús e outro cunha icona na Barra de Acción).
  • Antes imos ver distintas casuísticas:

Recursos Implicados

  • Os menús defínense nun recurso xml en res/menu/nome_ficheiro.xml

Android 2014 U5 01 Menus 08.jpg

  • Dito recurso terá coma elementos:
    • <menu>: elemento raíz. Contén <item> e <group>
    • <item>: representa un elemento de menú.
      • Tería que ter un elemento <menu> dentro de <item> para crear un submenú.


  • O xml seguinte é o que se crea por defecto cando se crea un novo proxecto:
<menu xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    tools:context="com.example.u5_01_menus.U5_01_Menus" >

    <item
        android:id="@+id/action_settings"
        android:orderInCategory="100"
        android:showAsAction="never"
        android:title="@string/action_settings"/>

</menu>
  • Liña 7: o atributo android:orderInCategory="Nº Enteiro". Se hai varios ítems indica cal aparecerá primeiro, segundo, etc. Se todos teñen o mesmo valor entón aparecen na orde na que son creados.


  • Liña 8: o atributo android:showAsAction pode ter os seguintes valores:
    • never: nunca amosa o item de menú na barra de acción.
    • ifRoom: se hai espazo na barra de acción o amosa.
    • always: amosa sempre na barra de acción.
    • withText: se temos unha icona, por defecto non amosa o texto. Se queremos que amose os dúos poñeremos este valor.
    • collapseActionView: cando a acción dun elemento de menú (declarada coma android:actionLayout ou android:actionViewClass) é plegable. Dispoñible a'partires da versión API 14.
    • Os elementos de menú que aparecen na barra, xa non aparecen no menú o premer o botón Menú ou "OverFlow", aínda que estean nun group, como se pode apreciar nas imaxes de abaixo.
    • Os valores pódense combinar có caracter ‘|’.


  • Liña 9: o atributo android:title indica o nome do menú/submenú. Neste caso o seu valor defínese nun recurso xml de strings:
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<resources>

    <string name="app_name">U5_01_Menus</string>
    <string name="hello_world">Hello world!</string>
    <string name="action_settings">Settings</string>

</resources>


  • O atributo android:onClick funciona igual que nas vistas do recurso xml do Layout.


  • EXEMPLO DE MENÚ NA BARRA DE ACCIÓN CON SUBMENUS
  • A seguinte imaxe, obténse co seguinte recurso xml.

Android 2014 U5 01 Menus 09.jpg

<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<menu xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android" >

    <item
        android:id="@+id/itemAbrir"
        android:icon="@drawable/open32"
        android:showAsAction="ifRoom"
        android:title="Abrir"
        android:titleCondensed="Abrir">
        <menu>
            <item
                android:id="@+id/itemDoc"
                android:title="Documento"
                android:titleCondensed="Doc."/>
            <item
                android:id="@+id/itemIma"
                android:title="Imaxes"
                android:titleCondensed="Imax."/>
            <item
                android:id="@+id/itemAudio"
                android:title="Audio"
                android:titleCondensed="Audio"/>
        </menu>
    </item>
    <item
        android:id="@+id/itemNovo"
        android:icon="@drawable/close32"
        android:showAsAction="ifRoom"
        android:title="Novo documento"
        android:titleCondensed="N.Doc.">
    </item>
    <item
        android:id="@+id/itemSair"
        android:icon="@drawable/exit32"
        android:showAsAction="ifRoom"
        android:title="Saír"
        android:titleCondensed="Saír">
    </item>

</menu>
  • Liñas 6,27,34: Indican o recurso drawable que deben amosar. Estas imaxes deben estar na carpeta /res/drawableXXXXX correspondentes.
  • Liñas 7,28,35: Indican que se hai espazo na barra de acción que amosen eses ítems que teñen ese atributo.
  • Liñas 9,30,37: O atributo android:titleCondensed usarase cando o valor de android:title sexa demasiado longo.
  • Liñas 10-23: Para crear submenús dentro dun menú, volvemos a crear a entrada <menu> dentro de <item>


Agrupamentos

  • Outro elemento que pode ir dentro do elemento <menu>:
    • <group>: un grupo é un conxunto de elementos que teñen certas características.
      • Amosar ou ocultar todos os elementos: setGroupVisible()
      • Habilitar ou deshabilitar todos os elementos: setGroupEnabled()
      • Facer que todos os ítems do group poidan ser presentados en forma de checkbox: setGroupCheckable()
        • Podemos facer que un elemento sexa chequeable usando o atributo android:checkable no elemento <item> ou o
        • group enteiro con 'android:checkableBehavior no elemento <group>.
        • O atributo android:checkableBehavior pode ter as seguintes opcións:
          • single: só un elemento do grupo pode ser checkeado (radiobuttons).
          • all: todos os elementos poden ser checkeados (checkboxs).
          • none: ningún elemento é seleccionable.
        • Se non poñemos nada, os elementos do <group> aparecen como os demais.


  • A seguinte imaxe, ten asociado o seguinte XML.
  • Observar que na barra de acción non collen todos os menús.
  • Observar que hai dous menús (Modo Lectura e Modo Gravación) que poden ser marcados os dous.

Android 2014 U5 01 Menus 10.jpg

<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<menu xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android" >

    <item
        android:id="@+id/itemAbrir"
        android:icon="@drawable/open32"
        android:showAsAction="always"
        android:title="Abrir"
        android:titleCondensed="Abrir">
        <menu>
            <item
                android:id="@+id/itemDoc"
                android:title="Documento"
                android:titleCondensed="Doc."/>
            <item
                android:id="@+id/itemIma"
                android:title="Imaxes"
                android:titleCondensed="Imax."/>
            <item
                android:id="@+id/itemAudio"
                android:title="Audio"
                android:titleCondensed="Audio"/>
        </menu>
    </item>
    <item
        android:id="@+id/itemNovo"
        android:icon="@drawable/close32"
        android:showAsAction="ifRoom"
        android:title="Novo documento"
        android:titleCondensed="N.Doc.">
    </item>
    <item
        android:id="@+id/itemSair"
        android:icon="@drawable/exit32"
        android:showAsAction="ifRoom"
        android:title="Saír"
        android:titleCondensed="Saír">
    </item>

    <group
        android:id="@+id/mgrpModos"
        android:checkableBehavior="all" >
        <item
            android:id="@+id/ModoLect"
            android:showAsAction="ifRoom"
            android:title="Modo Lectura"
            android:titleCondensed="M.Lect.">
        </item>
        <item
            android:id="@+id/ModoRecord"
            android:showAsAction="ifRoom"
            android:title="Modo Grabación"
            android:titleCondensed="M.Grab">
        </item>
    </group>

</menu>
  • Liñas 35,45,51: Observar como estes ítems non se amosan na barra de acción porque non teñen espazo.
  • Liñas 40-55: Observar como hai un agrupamento de ítems e na liña 42 indícase que todos eles son "chequeables".


Lanzar e procesar o menú

  • Para lanzar o menú debemos cambiar o menú que ten asinada unha determinada Activity e para iso temos que sobrescribir o método onCreateOptionsMenu().
  • Este método xa aparece na Activity cando a creamos con Eclipse.
  • O que facemos en "inflar" o xml asociado ao menú (Liña 4) do mesmo xeito que se fai cando se
   @Override
        public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
                // Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
                getMenuInflater().inflate(R.menu.u5_01__menus, menu);
                return true;
        }


  • Cando se preme un ítem dun menú lánzase o evento onOptionsItemSelected e para procesar ese ítem sobrescribir o método onOptionsItemSelected(MenuItem item).
  • Este método tamén se crea por defecto ao crear o proxecto.
        @Override
        public boolean onOptionsItemSelected(MenuItem item) {
                // Handle action bar item clicks here. The action bar will
                // automatically handle clicks on the Home/Up button, so long
                // as you specify a parent activity in AndroidManifest.xml.
 
               	int id = item.getItemId();
		if (id == R.id.action_settings) {
			return true;
		}
		return super.onOptionsItemSelected(item);
          }
  • Este método devolve un boolean:
    • true: se procesamos un elemento do menú (return true).
    • false: se non o procesamos (chamar ao método pai).

Caso pŕactico

  • Crear o proxecto: U5_01_Menus


As imaxes dos menús

  • Neste caso colocouse en cada recurso res/drawable a imaxe da cara:

Android 2014 U5 01 Menus 11.jpg



Recursos XML

  • O xml do Layout:
  • É o creado por defecto salvo que lle engadimos un id (Liñas 11).
<RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:paddingBottom="@dimen/activity_vertical_margin"
    android:paddingLeft="@dimen/activity_horizontal_margin"
    android:paddingRight="@dimen/activity_horizontal_margin"
    android:paddingTop="@dimen/activity_vertical_margin">

    <TextView
        android:id="@+id/tv"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:text="@string/hello_world" />

</RelativeLayout>


  • O xml do menú (modificamos o recurso XML creado por defecto en /res/menu/...)
<menu xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    tools:context="com.example.u5_01_menus.U5_01_Menus" >

    <item
        android:id="@+id/item1"
        android:icon="@drawable/ic_action_emo_basic"
        android:orderInCategory="100"
        android:showAsAction="always"
        android:title="@string/item1"/>
    <item
        android:id="@+id/item2"
        android:orderInCategory="100"
        android:showAsAction="never"
        android:title="@string/item2"/>
    <item
        android:id="@+id/item3"
        android:orderInCategory="100"
        android:showAsAction="never"
        android:title="@string/item3">
        <menu>
            <item
                android:id="@+id/SubItem3_1"
                android:title="@string/item3_1"/>
            <item
                android:id="@+id/SubItem3_2"
                android:title="@string/item3_2"/>
        </menu>
    </item>
</menu>
  • Liñas 8,13,18: Observar como todos os ítems teñen o mesmo valor para a ser ordenados.
    • Que o participante no curso probe a cambiar o terceiro ítem a un valor de 99.
  • Liñas 9,14,19: Observar como o primeiro ítem indica always e os demais never á hora de amosar o menú na barra de acción.


  • Recurso xml de strings
  • Aínda que podíamos poñer os Títulos dos menús directamente no ficheiro anterior, decidimos, nesta ocasión, realizalo da maneira recomendada: definir os seus valores nun recurso xml.
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<resources>

    <string name="app_name">U5_01_Menus</string>
    <string name="hello_world">Hello world!</string>
    <string name="item1">Opción 1</string>
    <string name="item2">Opción 2</string>
    <string name="item3">Opción 3- Submenús</string>
    <string name="item3_1">Opción 3- Submenú 1 - Calculadora</string>
    <string name="item3_2">Opción 3- Submenú 2 - Saír</string>

</resources>

O código java da aplicación

package com.example.u5_01_menus;

import android.app.Activity;
import android.content.Intent;
import android.os.Bundle;
import android.view.Menu;
import android.view.MenuItem;
import android.widget.TextView;
import android.widget.Toast;

public class U5_01_Menus extends Activity {

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u5_01__menus);
	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u5_01__menus, menu);
		return true;
	}

	@Override
	public boolean onOptionsItemSelected(MenuItem item) {
		// Handle action bar item clicks here. The action bar will
		// automatically handle clicks on the Home/Up button, so long
		// as you specify a parent activity in AndroidManifest.xml.
	/*
		int id = item.getItemId();
		if (id == R.id.action_settings) {
			return true;
		}
		return super.onOptionsItemSelected(item);
 	*/
		TextView tv = (TextView) findViewById(R.id.tv);
		Toast.makeText(getApplicationContext(), "Pulsado elemento: " + item.getTitle().toString(), Toast.LENGTH_SHORT).show();

		switch (item.getItemId()) {
		case R.id.item1:
			tv.setText("Quedarei con esta cara de sorriso cando remate esta tarefa");
			return true;

		case R.id.item2:
			tv.setText("A opción 2 non ten nada asignado");
			return true;

		case R.id.SubItem3_1:
			Intent intent = new Intent();
			intent.setClassName("com.android.calculator2", "com.android.calculator2.Calculator");
			startActivity(intent);
			return true;

		case R.id.SubItem3_2:
			finish();
			return true;
		default:
			return super.onOptionsItemSelected(item);

		}
	}

	public void finish() {
		super.finish();
	}

}
  • Liña 39: Recollemos o título do ítem pulsado.
  • Liñas 44,48,54,58: devolver true no caso de procesar cada un dos ítems.
  • Liña 60: Se non se procesou o ítem chamar ao pai, que vai devolver false por defecto.


  • Se na definición de cada ítem se houbera usado o atributo android:onClick entón teríamos que crear en java os métodos correspondentes do mesmo xeito que se fai cando se usa ese atributo nun Layout.


Menús contextuais

  • Pódense crear sobre calquera elemento View, pero normalmente vanse usar con ListView e GridView.*
  • Existen dúas formas de implantar este tipo de menús:
  • Menú contextual flotante:
  • O menú aparece cando o usuario prema durante un tempo longo un elemento e aparece unha lista.

Android 2014 U5 02 MenusContextuais 01.jpg


Para crear este tipo de menú:

  • O View que queira usalo ten que ser asociado ao mesmo chamando o método registerForContextMenu pasando o obxecto View.
  • Se todos os elementos do ListView / GridView teñen o mesmo menú contextual, se pode pasar como parámetro o ListView / GridView.
  • Por exemplo (isto se fai no método onCreate): registerForContextMenu(lista);
    • Sendo lista a referencia a unha ListView.
  • Implantar o método onCreateContextMenu() na Activity / Fragment.
    • Este método será chamado de forma automática cando o usuario preme durante un tempo o elemento (View) asociado o ContextMenu.
    • O que fai este método é amosar o menú contextual creado por nós previamente.
@Override
public void onCreateContextMenu(ContextMenu menu, View v, ContextMenuInfo menuInfo) {
    super.onCreateContextMenu(menu, v, menuInfo);
    MenuInflater inflater = getMenuInflater();
    inflater.inflate(R.menu.context_menu, menu);
}
  • Lembrar que o MenuInflater serve para pasar dun arquivo XML (o menú contextual definido por nós) a obxectos MenuItems.


  • Implantar o método onContextItemSelected() ao que se chama de forma automática cando se selecciona algo do menú contextual
        @Override
	public boolean onContextItemSelected(MenuItem item) {
		AdapterContextMenuInfo info = (AdapterContextMenuInfo) item.getMenuInfo();
		switch (item.getItemId()) {
		case R.id.edit:
			editNote(info.id);
			return true;
		case R.id.delete:
			deleteNote(info.id);
			return true;
		default:
			return super.onContextItemSelected(item);
		}
	}
  • Liña 3. Do ítem pulsado recibimos información extra, entre outras, o "id" e a "posición" do ítem do adaptador sobre o que se pulsou durante un tempo para crear o menú contextual.
    • Ese "id" e "posición" son recollidos na variable info de tipo AdapterContextMenuInfo.
  • Liña 4: fixarse que é item.getItemId() para obter referencia ao id do menú contextual que foi seleccionado. Non confundir co id do elemento do adaptador sobre o que foi creado ese menú contextual.
  • O resto funciona igual que non menú básico.


  • Menú de modo acción contextual:
  • Neste caso, o menú aparece nunha barra de acción contextual na parte superior da pantalla (só dispoñible a partires da versión 3.0 API11).Android 2014 U5 02 MenusContextuais 02.jpg

Menú contextual: Caso Práctico

  • Neste caso vanse crear dous menús contextuais distintos:
    • un para unha etiqueta (TextView)
    • e outro para unha lista (ListView).
  • Crear o proxecto: U5_02_MenusContextuais


Menú contextual: O XML do Layout

  • Conservamos o TextView que vén por defecto e engadimos un ListView.
  • Ao TextView engadímoslle un id.
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical"
    android:padding="@dimen/activity_vertical_margin" >

    <TextView
        android:id="@+id/tv"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:text="@string/hello_world" />

    <ListView
        android:id="@+id/lvFroitas"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content" >
    </ListView>

</LinearLayout>

Menú contextual: O XML dos menús contextuais

  • Imos crear dous recursos xml para cada un dos menús contextuais distintos que temos segundo premamos sobre un TextView ou sobre un ListView.
  • Poderían ser o mesmo menú contextual, pero así aprendemos que estes poden ser distintos en función da View ao que se asocien.

Android 2014 U5 02 MenusContextuais 10.jpg

  • O xml de /res/menu/menu_contextual_etiqueta.xml
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<menu xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android" >

    <item
        android:id="@+id/tvItem1"
        android:showAsAction="withText"
        android:title="TextView opción 1">
    </item>
    <item
        android:id="@+id/tvItem2"
        android:showAsAction="withText"
        android:title="TextView opción 2">
    </item>

</menu>


  • O xml de /res/menu/menu_contextual_lista.xml
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<menu xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android" >

    <item
        android:id="@+id/lvItemBorrar"
        android:showAsAction="withText"
        android:title="Borrar">
    </item>
    <item
        android:id="@+id/lvItemDuplicar"
        android:showAsAction="withText"
        android:title="Duplicar">
    </item>
</menu>


  • Observar que nos dous ficheiros xml cada item ten asociado un "id", para logo ser identificado o ítem cando sexa procesado no código.



Menú contextual: o código Java da aplicación

package com.example.u5_02_menuscontextuais;

import java.util.ArrayList;
import java.util.Arrays;
import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.view.ContextMenu;
import android.view.ContextMenu.ContextMenuInfo;
import android.view.Menu;
import android.view.MenuInflater;
import android.view.MenuItem;
import android.view.View;
import android.widget.AdapterView.AdapterContextMenuInfo;
import android.widget.ArrayAdapter;
import android.widget.ListView;
import android.widget.TextView;
import android.widget.Toast;

public class U5_02_MenusContextuais extends Activity {
	ListView lv;
	TextView tv;

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u5_02__menus_contextuais);

		lv = (ListView) findViewById(R.id.lvFroitas);
		tv = (TextView) findViewById(R.id.tv);
		registerForContextMenu(tv);

		engadirDatosListView();

	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u5_02__menus_contextuais, menu);
		return true;
	}

	@Override
	public boolean onOptionsItemSelected(MenuItem item) {
		// Handle action bar item clicks here. The action bar will
		// automatically handle clicks on the Home/Up button, so long
		// as you specify a parent activity in AndroidManifest.xml.
		int id = item.getItemId();
		if (id == R.id.action_settings) {
			return true;
		}
		return super.onOptionsItemSelected(item);
	}

	private void engadirDatosListView() {
		String[] froitas = new String[] { "Laranxa", "Mango", "Ameixa" };

		ArrayList<String> alFroitas = new ArrayList<String>();

		alFroitas.addAll(Arrays.asList(froitas));

		ArrayAdapter<String> adaptador = new ArrayAdapter<String>(this, android.R.layout.simple_list_item_1, alFroitas);

		adaptador.setDropDownViewResource(android.R.layout.simple_list_item_1);

		lv.setAdapter(adaptador);

		registerForContextMenu(lv);
	}

	@Override
	public void onCreateContextMenu(ContextMenu menu, View v, ContextMenuInfo menuInfo) {
		super.onCreateContextMenu(menu, v, menuInfo);
		MenuInflater inflater = getMenuInflater();

		// Comprobamos se o menú contextual se lanzou sobre a etiqueta ou sobre
		// a lista
		if (v.getId() == R.id.tv)
			inflater.inflate(R.menu.menu_contextual_etiqueta, menu);

		else if (v.getId() == R.id.lvFroitas)
			inflater.inflate(R.menu.menu_contextual_lista, menu);
	}

	@Override
	public boolean onContextItemSelected(MenuItem item) {
		AdapterContextMenuInfo info = (AdapterContextMenuInfo) item.getMenuInfo();
		ArrayAdapter<String> adaptador = (ArrayAdapter<String>) lv.getAdapter();

		switch (item.getItemId()) {

		// Ítems premidos sobre o TextView
		// Lanza un Toast coa opción do menú contextual que se seleccinou
		case R.id.tvItem1:
			Toast.makeText(this, "Menú contextual TextView:\n"+item.getTitle(), Toast.LENGTH_SHORT).show();
			return true;

		case R.id.tvItem2:
			Toast.makeText(this, "Menú contextual TextView:\n"+item.getTitle(), Toast.LENGTH_SHORT).show();
			return true;

		// Ítems premidos sobre o ListView
		case R.id.lvItemBorrar:
			adaptador.remove(adaptador.getItem(info.position));
			adaptador.setNotifyOnChange(true);
			return true;

		case R.id.lvItemDuplicar:
			adaptador.add(adaptador.getItem(info.position));
			adaptador.setNotifyOnChange(true);

			return true;
		default:
			return super.onContextItemSelected(item);
		}
	}

}
  • Liña 30: indicamos que TextView vai ter un menú contextual asociado.
  • Liñas 55-69: Creamos un Array estático que logo asignamos a un dinámico.
    • Liña 62: usamos o array dinámico para logo en tempo de execución poder engadir/borrar elementos do adaptador e por tanto do ListView.
    • Liña 68: indica que o ListView de froitas vai ter un menú contextual asociado.


  • Liñas 71-83: onCreateContexMenu() vai ser chamado cando se prema durante un anaco sobre unha view, neste caso comprobamos sobre que view se premeu e lánzase ("inflase") o correspondente menú contextual, cada un deles definido nun ficheiro xml distinto.


  • Liñas 85-116: En función do id do ítem premido realizamos unhas accións ou outras como no caso dos menús básicos. Só que neste caso os ids proveñen de ítems de menús declarados en 2 ficheiros distintos.


Personalizar título do menú contextual

  • Se queremos que o menú contextual teña un título debemos usar o método: setHeaderTitle()
  • As seguintes imaxes amosan un exemplo para o caso do TextView e o ListView:


  • Os cambios a realizar no código Java son os seguintes:
  • No memento no que hai que crear o menú contextual:
@Override
	public void onCreateContextMenu(ContextMenu menu, View v, ContextMenuInfo menuInfo) {
		super.onCreateContextMenu(menu, v, menuInfo);
		MenuInflater inflater = getMenuInflater();

		// Comprobamos se o menú contextual se lanzou sobre a etiqueta ou sobre
		// a lista
		if (v.getId() == R.id.tv){
			menu.setHeaderTitle("Etiqueta de texto");
			inflater.inflate(R.menu.menu_contextual_etiqueta, menu);
		}
		else if (v.getId() == R.id.lvFroitas) {
			AdapterView.AdapterContextMenuInfo info = (AdapterView.AdapterContextMenuInfo) menuInfo;
			menu.setHeaderTitle(lv.getAdapter().getItem(info.position).toString());
			inflater.inflate(R.menu.menu_contextual_lista, menu);
		}
	}
  • Liñas 9,14: establecemos o título para o menú contextual.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).