Manexo de Italc

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Neste apartado imos ver a instalación, configuración e manexo de Italc tanto en equipos con Ubuntu como con Windows.

Italc é un programa de control remoto especificamente orientado ao seu uso nas aulas. Utilizando o protocolo VNC, Italc ofrece funcionalidades moi útiles para proporcionar un control global dos equipos do alumnado nunha aula dende o equipo do profesor.

Na páxina vaise mostrar como facer a instalación e configuración tanto se se usan só equipos con Ubuntu como con Windows. Pódense ver todas as opcións ou ir aos apartados que a cada quen lle interesen.

Métodos de autenticación dos usuarios profesores en Italc

Antes de comezar coa instalación de Italc, imos abordar un aspecto importante da configuración deste programa, que é a autenticación dos equipos e usuarios que poderán conectarse aos equipos do alumnado para visualizalos e controlalos a través da rede. É evidente que non nos interesa que se poida facer isto dende calquera equipo, porque permitiría que usuarios non autorizados espíen o escritorio do alumnado. Italc ofrece dúas formas de autenticación, que son as seguintes:

  • Autenticación por chaves: Este método de autenticación baséase en que no equipo do profesor temos un par de chaves, unha pública e outra privada, que se utilizan para autenticar a este equipo. No equipo do profesor teremos as dúas chaves e nos dos alumnos distribuiremos só a chave pública. O ideal é configurar os permisos do ficheiro que contén a chave privada para que só os usuarios profes poidan acceder a ela. Desta forma, os equipos do alumnado só poderán ser controlados dende o equipo do profesor.
  • Autenticación por usuarios: Con este método, podemos indicar con unha Lista de Control de Acceso que usuarios e/ou grupos de usuarios poden controlar o equipo. Ao iniciar a ferramenta de control da aula, o profesor introducirá o nome de usuario e contrasinal que se usará para identificarse nos equipos dos alumnos, que só permitirán o acceso se ese usuario e contrasinal son válidos e o usuario está autorizado pola ACL. Esta opción pode ser moi útil en caso de que teñamos un dominio cos usuarios e grupos centralizados, e queremos evitar ter que propagar as chaves nos equipos dos alumnos, ou queremos dar un nivel máis de seguridade.

Nesta páxina amosaremos como configurar a autenticación por chaves, xa que non contamos con usuarios centralizados e desta forma non dependemos dos usuarios que teñamos definidos no sistema.

Instalación de Italc en Ubuntu

O primeiro paso será instalar o software, tanto nos equipos do alumnado como no do profesor.

Problema de execución coa versión do Italc do repositorio de Ubuntu

O repositorio de Ubuntu inclúe o programa Italc, e coa aplicación de Centro de software de Ubuntu poderíamos buscalo e instalar moi facilmente tanto a parte de alumno (cliente) como a do profesor (xestor) como se ve na imaxe:

Mv 15 italc ubuntu 01.png

Pero o problema é que a versión que se instala desta forma non funciona correctamente, así que teremos que descargar a última versión e instalala de forma manual. Este proceso é algo máis farragoso, pero non temos outra alternativa mentres non se corrixa o problema da versión dispoñible nos repositorios de Ubuntu.

Descarga, compilación e instalación de Italc 2.0.2 en Ubuntu

Imos descargar a versión 2.0.2 de Italc, directamente da páxina web do produto:

Axuste da instalación

Pero, pese a todo o traballiño que nos deu a instalación, aínda nos queda algún traballo por diante. O primeiro será facer algúns axustes, xa que como os scripts de instalación non están feitos para Ubuntu, hai algún ficheiro que non se copia na carpeta correcta:

Configuración do arranque automatico do servizo de Italc

Instalando o programa a partir do código fonte non se creará o ficheiro necesario para arrancar automaticamente o servizo de Italc no inicio de sesión dos usuarios no equipo. Teremos que crealo (por exemplo, en /etc/xdg/autostart/ica.desktop, que podemos crear co comando sudo nano /etc/xdg/autostart/ica.desktop) co contido que se mostra a continuación:

[Desktop Entry]
Version=1.0
Name=iTALC client
Comment=iTALC client daemon
Exec=/usr/local/bin/ica
Icon=/usr/share/pixmaps/italc.xpm
Terminal=false
Type=Application
StartupNotify=false
Categories=GNOME;KDE;System;
X-Ubuntu-Gettext-Domain=ica

Crear enlace no menú de Ubuntu (só no equipo dos profes)

E tampouco se crea a icona no menú para que os profes poidan lanzar a ferramenta de control da aula de Italc. Para engadila, creamos o ficheiro /usr/share/applications/italc.desktop (co comando sudo nano /usr/share/applications/italc.desktop) co contido que se mostra a continuación:

[Desktop Entry]
Name=Control de aula con iTALC
Comment=Ferramenta de control de aula
Exec=italc
Icon=computer
Terminal=false
Type=Application
StartupNotify=false
Categories=Network;RemoteAccess;

Configuración das chaves de autenticación en Ubuntu

Instalación de Italc en equipos MS Windows

O primeiro paso será instalar o software, tanto nos equipos do alumnado como no do profesor.

Instalación de Italc no equipo do profesor

Instalación de Italc no equipo do alumnado

Os pasos de instalación son moi similares ao do equipo do profesor, así que só indicaremos aqueles pasos que difiren do apartado anterior.

Configuración das chaves de autenticación en MS Windows

Imos ver como podemos configurar a autenticación por chaves en Windows:

Funcionalidades básicas de Italc

Co programa instalado no equipo do profe e do alumnado e as chaves configuradas, xa estamos en condicións que comezar a controlar a aula dende o equipo do profesor. Lanzamos a ferramenta de control da aula dende a icona do escritorio en Windows o dende o Dash en Ubuntu.

Configuración dos equipos da aula

Imos ver como configurar unha aula e engadir nela os equipos que a forman e que queremos controlar:

Opcións de control da aula

O programa de control da aula de Italc é moi intuitivo e tampouco imos ver con detalle todas as opcións, pero imos facer un repaso das funcións máis importantes que ofrece. Son as mesmas en MS Windows que en Ubuntu.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez