https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Magnitudes_fundamentais&feed=atom&action=historyMagnitudes fundamentais - Historial de revisiones2024-03-29T11:38:34ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Magnitudes_fundamentais&diff=64716&oldid=prevVence: /* Enerxía eléctrica */2018-10-03T07:08:15Z
Enerxía eléctrica

Página nueva

== Intensidade de corrente ==

Cantidade de electróns que circulan por un elemento eléctrico na unidade de tempo.

A unidade de intensidade de corrente eléctrica é o '''amperio (A)'''. Como é unha unidade relativamente grande, utilízanse os submúltiplos:

:: 1 mA = 10-3 A, 1 μA = 10-6 A, 1 nA = 10-9 A

O aparato eléctrico que mide a intensidade de corrente é o '''amperímetro'''.

:: Na seguinte imaxe vemos un '''polímetro''' que, como o seu nome indica, é un dispositivo que se emprega para medir múltiples parámetros, entre eles a intensidade que percorre un circuíto eléctrico.

[[Archivo:Electricidad05.png|center]]

:: Na imaxe seguinte vemos un circuíto no que se emprega un amperímetro para a medida da intensidade que o percorre.

[[Archivo:Electricidad06.png|center]]

: A continuación enuméranse algúns '''efectos da corrente eléctrica, ao paso polo corpo, dependendo do valor da intensidade''':

:# Valores de corrente de '''entre 1 e 3 mA,''' non se aprecia o paso da corrente. Estamos no "limiar de sensación".

:# Valores de corrente de '''entre 3 e 10 mA,''' aparece un formigo desagradable, pero pódese soltar o condutor sen problemas pois non se perde o control dos músculos.

:# Valores de corrente de '''entre 10 e 25 mA,''' o paso da corrente provoca contracción muscular en mans e brazos, prodúcese dor pero sen perda de control muscular, poden aparecer queimaduras e tetanización muscular (contraccións repetidas dos músculos).

:# Valores de corrente de '''entre 25 e 30 mA,''' a tetanización afecta aos músculos do tórax provocando a asfixia.

:# Valores de corrente '''maiores de 30 mA,''' con maior ou menor tempo de contacto, aparece a fibrilación cardíaca (ritmo cardíaco rápido e irregular) que é mortal.

== Resistencia eléctrica ==

Oposición que ofrece un corpo a ser atravesado pola corrente eléctrica.

A resistencia dun condutor exprésase: ''' R = ρ * l / S [Ω]'''

::: ρ = Resistividade do material (Ω·mm² / m)

::: l = lonxitude do condutor (m)

::: S = sección do condutor (mm²)

A resistencia eléctrica mídese en '''ohmios''' (Ω ). Con frecuencia utilízanse os múltiplos :

::: 1 MΩ = 106 Ω,1 kΩ =103 Ω

O aparato eléctrico que mide resistencia eléctrica é o '''óhmetro'''.

Os materiais, segundo a resistencia que ofrecen ao paso da corrente, clasifícanse en illantes, semicondutores, condutores e supercondutores.

:: Na seguinte imaxe vemos os códigos de cores das resistencias fixas:

[[Archivo:Electricidad07.png|center]]

:: Na seguinte imaxe vemos os valores medios da resistencia entre distintos puntos do corpo humano:

[[Archivo:Resistencia_Cuerpo_Humano.JPG|center|300px]]

== Tensión ou diferencia de potencial ==

Representa a enerxía que teñen os electróns. A tensión sempre se mide con relación a outro punto do circuíto.

A tensión mídese en '''voltios (V)''', utilízanse os múltiplos e submúltiplos:

::: 1 kV = 103 V, 1 mV = 10-3 V,1 μV = 10-6 V.

As '''Tensións en Correntes Alternas''' estandarizadas son as que vemos na seguinte táboa:

{| border="1" cellspacing="0" cellpadding="5"

! style="background:#ffdead;" | Denominación

! style="background:#ffdead;" | Rangos de voltaxes (Voltios)

|align="center" | Moi baixa tensión

|Ata 50 V

|align="center" | Baixa tensión

|Entre 50 e 1000 V

|align="center" | Media tensión

|Entre 1000 e 33000 V

|align="center" | Alta tensión

|Por encima dos 33000

O instrumento de medida de tensión denomínase '''voltímetro.'''

:: '''''Nota: ''Xenericamente coñécese como corrente continua (CC) a que, ademais de circular no mesmo sentido, mantén o mesmo valor.'''

{{Alerta|Moi importante|A lei de Ohm relaciona as tres magnitudes fundamentais da electricidade: '''V = I x R'''}}

[[Archivo:Electricidad08.png|center]]

{{Alerta|Tensións de seguridade: |En xeral, as tensións de seguridade aceptadas son de 24V tanto para corrente continua como para corrente alternade 50Hz [http://uprl.unizar.es/seguridad/electricidad.html - Fonte -] .}}

== Potencia eléctrica ==

: A '''potencia''' é a rapidez coa que se executa un traballo.

: A unidade de potencia eléctrica é o '''vatio (W)'''.

: O cálculo da potencia realízase coa seguinte ecuación:

:::: W = V * I

: Utilízanse os múltiplos e submúltiplos:

:* 1 MW = 106 W

:* 1 kW= 103 W

:* 1 mW= 10-3 W

: O aparato de medida de potencia eléctrica é o '''vatímetro.'''

== Enerxía eléctrica ==

: A enerxía total consumida por un receptor eléctrico é:

:::: E = P · t

: Temos dúas unidades distintas:

::::* '''Xulio = Vatio * Segundo'''

::::* As compañías eléctricas facturan o recibo mensual polo consumo total da enerxía, tomando como unidade o '''kWh = kW * Hora'''.

: '''Exemplo:''' Para un equipo que está sempre aceso (24 horas, 365 días), o gasto anual é (considerando 0.16 euros/kWh):

{| border="1" cellspacing="0" cellpadding="5"

! style="background:#ffdead;" |

! style="background:#ffdead;" |  150W

! style="background:#ffdead;" |  200W

! style="background:#ffdead;" |  250W

! style="background:#ffdead;" |  300W

! style="background:#ffdead;" |  400W

! style="background:#ffdead;" |  500W

|align="center" |    '''€'''

|  210,24

|  280,32

|  350,40

|  420,48

|  560,64

|  700,80

{{Alerta|Nota|Aínda que a Fonte de Alimentación dun equipo sexa de 700 W, non quere dicir que o seu consumo sexa dese valor. Ese dato indica a máxima potencia que pode subministrar a Fonte aos compoñentes do equipo.}}

{{Alerta|Importa a intensidade e o tempo!!! | Podemos ver uns exemplos de intensidades e tempos que provocan fibrilación ventricular:

:* 15 mA en 2 min

:* 20 mA en 1 min

:* 30 mA en 35 s

:* 100 mA en 3 s

:* 500 mA en 110 ms

:* 1A en 30 ms}}

== O Efecto Joule ==

: Os corpos condutores que posúen natureza resistiva quéntanse cando son atravesados por unha corrente eléctrica. Este fenómeno denomínase "Efecto Joule".

: O físico P. James Joule estudou a relación que existe entre a enerxía e a súa transformación en calor. Experimentando cun calorímetro chegou á conclusión de que a enerxía de 1 xulio é equivalente a 0,24 calorías:

:::: '''Q = 0,24 · E'''

:::::: '''- Q:''' Calor en calorías.

:::::: '''- E:''' Enerxía en xulios.

{{Alerta|Definición de caloría:|Defínese caloría como a cantidade de enerxía calorífica necesaria para elevar un grao celsius a temperatura dun gramo de auga pura, dende 14,5 °C a 15,5 °C, a una presión normal de unha atmosfera.}}

[[Archivo:Electricidad09.png|center]]

-- [[Nocións_sobre_Electricidade_e_Electrónica|Volver]]
Vence