https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Linux:_Servidor_DHCP_b%C3%A1sico&feed=atom&action=historyLinux: Servidor DHCP básico - Historial de revisiones2024-03-29T00:24:14ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Linux:_Servidor_DHCP_b%C3%A1sico&diff=59500&oldid=prevAntonio en 19:27 11 abr 20162016-04-11T19:27:26Z

Página nueva

[[Image:00_Simulacion_Redes_Escenarios_Semana_05_H.jpg|600px]]

*Neste apartado vaise instalar a configuración do escenario da imaxe.

*En '''dserver''' vaise instalar o servizo de DHCP.

**Crearase un rango de IPs: 172.16.2.201 a 172.16.2.250

**Máscara: 255.255.0.0

**Porta de enlace: 172.16.0.1

**Servidor DNS: 172.16.0.120

**Nome de dominio DNS: ''zolimpia.local''

*Nos clientes:

**Obterase a configuración IP por DHCP.

==Configuración previa da MV dserver==

*Facer unha instantánea de ''dserver'' coa MV apagada.

*Apagar ''wserver'', para non ter dous servidores DHCP na mesma LAN.

*A MV ''dserver'' xa debera estar configurada do escenario anterior cun único adaptador en modo '''Rede interna''' ou en modo '''Rede NAT'''. Neste último caso, é importante desactivar o servidor DHCP da configuración da rede NAT para evitar ter dous servidores DHCP na rede.

* A configuración IP tamén se manterá do escenario anterior:

**DNS: IP: 172.16.0.120

**Porta de Enlace: 172.16.0.1

**Servidor DNS: 172.16.0.120

**Eliminar os sufixos do dominio de busca do cliente DNS.

==Instalar e configurar o servizo DHCP en dserver==

*Podemos seguir os seguintes pasos para instalar e configurar o servizo DHCP:

<gallery caption='''' widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Install_dhcp_debian_01.png|Usamos o módulo de '''Paquetes de Software''' de Webmin (da categoría '''Sistema''') para instalar o paquete '''isc-dhcp-server'''.

Image:Install_dhcp_debian_02.png|Despois de refrescar os módulos do Webmin, atoparemos o módulo para a configuración do servidor DHCP na categoría de '''Servidores'''. Na páxina inicial do módulo, picamos en '''Editar opcións de cliente''' para configurar os parámetros que queremos asignar automaticamente aos equipos da rede local.

Image:Install_dhcp_debian_03.png|Configurar o enrutador por defecto (172.16.0.1), a máscara de subrede (255.255.0.0), o servidor DNS primario (172.16.0.120) e o nome de dominio (zolimpia.local).

Image:Install_dhcp_debian_04.png|Deixamos o resto dos campos coa configuración por defecto e gardamos.

</gallery>

==Engadir un rango DHCP==

* Para ter o servidor operativo e poder arrancalo, só nos queda definir un rango de direccións IP que este vai poder asignar.

<gallery caption='''' widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Install_dhcp_debian_05.png|No apartado de '''Subredes e redes compartidas''' picamos en '''Engadir unha nova subrede'''.

Image:Install_dhcp_debian_06.png|Na imaxe podemos ver a información que teremos que introducir para definir o rango. Unha descrición, a dirección da rede (172.16.0.0), a máscara (255.255.0.0) e o rango de dirección para asignar (dende a 172.16.2.201 á 172.16.2.250).

Image:Install_dhcp_debian_07.png|Co rango definido, xa podemos arrancar o servidor DHCP.

</gallery>

-- [[Usuario:Antonio|Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion|Carlos Carrión Álvarez]] --
Antonio