Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión de Información (Ciclo ASIR)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 20:19 27 mar 2011 de Arribi (discusión | contribuciones) (RA6. Xestiona información en formato XML analizando e utilizando tecnoloxías de almacenaxe e linguaxes de consulta)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión de Información do Ciclo ASIR

  • Curso:
  • Duración: 133 horas
  • Equivalencia en créditos ECTS: 7
  • Profesorado: Informática
  • Contidos

RA1. Recoñece as características de linguaxes de marcas analizando e interpretando fragmentos de código

– CA1.1. Identificáronse as características xerais das linguaxes de marcas.
– CA1.2. Recoñecéronse as súas vantaxes no tratamento da información.
- Características.
– CA1.3. Clasificáronse as linguaxes de marcas e identificáronse as máis salientables.
– CA1.4. Diferenciáronse os seus ámbitos de aplicación.
– CA1.5. Recoñeceuse a necesidade e os ámbitos específicos de aplicación dunha linguaxe de marcas de propósito xeral.
- Clasificación.
- Identificación de ámbitos de aplicación.
– CA1.6. Analizáronse as características propias da linguaxe XML.
– CA1.7. Identificouse a estrutura dun documento XML e as súas regras sintácticas.
- XML: estrutura e sintaxe.
- Etiquetas.
– CA1.8. Contrastouse a necesidade de crear documentos XML ben formados e a influencia no seu procesamento.
- Ferramentas de edición.
- Elaboración de documentos XML ben formados.
– CA1.9. Identificáronse as vantaxes dos espazos de nomes.
- Utilización de espazos de nomes en XML.

RA2. Utiliza linguaxes de marcas para a transmisión de información a través da web, analiza a estrutura dos documentos e identifica os seus elementos

– CA2.1. Identificáronse e clasificáronse as linguaxes de marcas relacionadas coa web e as súas versións.
– CA2.2. Analizouse a estrutura dun documento HTML e identificáronse as súas seccións.
- HTML: estrutura dunha páxina web.
– CA2.3. Recoñeceuse a funcionalidade das etiquetas e dos atributos principais da linguaxe HTML.
- Identificación de etiquetas e atributos de HTML.
– CA2.4. Establecéronse as semellanzas e as diferenzas entre as linguaxes HTML e XHTML.
- Versións de HTML e de XHTML.
- XHTML: diferenzas sintácticas e estruturais con HTML.
- Vantaxes de XHTML sobre HTML.
– CA2.5. Recoñeceuse a utilidade de XHTML nos sistemas de xestión de información.
– CA2.6. Utilizáronse ferramentas na creación de documentos web.
- Ferramentas de deseño web
- Transmisión de información mediante linguaxes de marcas.
– CA2.7. Identificáronse as vantaxes do uso de follas de estilo.
– CA2.8. Aplicáronse follas de estilo.
- Follas de estilo.

RA3. Xera canles de contidos analizando e utilizando tecnoloxías de sindicación

– CA3.1. Identificáronse as vantaxes da sindicación de contidos na xestión e na transmisión da información.
- Vantaxes.
– CA3.2. Definíronse os seus ámbitos de aplicación.
- Ámbitos de aplicación.
– CA3.3. Analizáronse as tecnoloxías en que se basea a sindicación de contidos.
- Tecnoloxías de creación de canles de contidos.
– CA3.4. Identificouse a estrutura e a sintaxe dunha canle de contidos.
- Estrutura das canles de contidos.
– CA3.5. Creáronse e validáronse canles de contidos.
- Validación.
– CA3.6. Comprobouse a funcionalidade e o acceso ás canles.
– CA3.7. Utilizáronse ferramentas específicas como agregadores e directorios de canles.
- Utilización de ferramentas.
- Directorios de canles de contidos.
- Agregadores. Tipos e funcionamento.

RA4. Establece mecanismos de validación para documentos XML utilizando métodos para definir a súa sintaxe e a súa estrutura

– CA4.1. Estableceuse a necesidade de describir a información transmitida nos documentos XML e as súas regras.
– CA4.2. Identificáronse as tecnoloxías relacionadas coa definición de documentos XML.
- Uso de métodos de definición de documentos XML.
– CA4.3. Analizouse a estrutura e a sintaxe específica utilizada na descrición.
– CA4.4. Creáronse descricións de documentos XML.
- Creación de descricións.
– CA4.5. Utilizáronse descricións na elaboración e na validación de documentos XML.
– CA4.6. Asociáronse as descricións cos documentos.
- Asociación con documentos XML.
- Validación.
– CA4.7. Utilizáronse ferramentas específicas.
- Ferramentas de creación e validación.
– CA4.8. Documentáronse as descricións.

RA5. Realiza conversións sobre documentos XML utilizando técnicas e ferramentas de procesamento

– CA5.1. Identificouse a necesidade da conversión de documentos XML.
– CA5.2. Establecéronse ámbitos de aplicación.
– CA5.3. Analizáronse as tecnoloxías implicadas e o seu modo de funcionamento.
- Técnicas de transformación de documentos XML.
– CA5.4. Describiuse a sintaxe específica utilizada na conversión e na adaptación de documentos XML.
- Descrición da estrutura e da sintaxe.
– CA5.5. Creáronse especificacións de conversión.
- Utilización de patróns.
– CA5.6. Identificáronse e caracterizado ferramentas específicas relacionadas coa conversión de documentos XML.
- Utilización de ferramentas de procesamento.
– CA5.7. Realizáronse conversións con diversos formatos de saída.
– CA5.8. Documentáronse e depuráronse as especificacións de conversión.
- Elaboración de documentación.

RA6. Xestiona información en formato XML analizando e utilizando tecnoloxías de almacenaxe e linguaxes de consulta

– CA6.1. Identificáronse os principais métodos de almacenaxe da información usada en documentos XML.
- Sistemas de almacenaxe de información.
– CA6.2. Identificáronse os inconvenientes de almacenar información en formato XML.
– CA6.3. Establecéronse tecnoloxías eficientes de almacenaxe de información en función das súas características.
- Técnicas de busca de información en documentos XML.
– CA6.4. Utilizáronse sistemas xestores de bases de datos relacionais na almacenaxe de información en formato XML.
– CA6.5. Utilizáronse técnicas específicas para crear documentos XML a partir de información almacenada en bases de datos relacionais.
- Inserción e extracción de información en XML.
– CA6.6. Identificáronse as características dos sistemas xestores de bases de datos nativas XML.
– CA6.7. Instaláronse e analizáronse sistemas xestores de bases de datos nativas XML.
- Almacenaxe XML nativa.
– CA6.8. Utilizáronse técnicas para xestionar a información almacenada en bases de datos nativas XML.
- Linguaxes de consulta e manipulación.
– CA6.9. Identificáronse linguaxes e ferramentas para o tratamento e a almacenaxe de información e a súa inclusión en documentos XML.
- Ferramentas de tratamento e almacenaxe de información en formato XML.

RA7. Traballa con sistemas empresariais de xestión de información realizando tarefas de importación, integración, aseguramento e extracción da información

– CA7.1. Recoñecéronse as vantaxes dos sistemas de xestión e planificación de recursos empresariais.
– CA7.2. Avaliáronse as características das principais aplicacións de xestión empresarial.
– CA7.3. Instaláronse aplicacións de xestión empresarial.
- Instalación.
– CA7.4. Configuráronse e adaptáronse as aplicacións.
- Adaptación e configuración.
- Integración de módulos.
– CA7.5. Estableceuse e verificouse o acceso seguro á información.
– CA7.6. Xeráronse informes.
- Elaboración de informes.
– CA7.7. Realizáronse tarefas de integración con aplicacións ofimáticas.
- Integración con aplicacións ofimáticas.
– CA7.8. Realizáronse procedementos de extracción de información para o seu tratamento e a súa incorporación a diversos sistemas.
- Exportación de información.
– CA7.9. Realizáronse tarefas de asistencia e resolución de incidencias.
– CA7.10. Elaboráronse documentos relativos á explotación da aplicación.