Diferencia entre revisiones de «Join»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Página creada con «A orde '''join''' emprégase para crear un novo arquivo unindo dous arquivos existentes sobre a base dun campo clave que contén entradas comúns a ambos. É similar a '''p...») |
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 17:10 2 nov 2012
A orde join emprégase para crear un novo arquivo unindo dous arquivos existentes sobre a base dun campo clave que contén entradas comúns a ambos. É similar a paste, pero join compara as liñas do campo clave en vez de xuntalas simplemente. O campo clave aparece só unha vez na saída.
$ join precios descricion > artigos
Por defecto , join emprega o primeiro campo de cada arquivo de entrada como campo común para a composición. Pódese empregar outros campos como campo común coa opción -j. A seguinte orde emprega o segundo campo do primeiro arquivo e o terceiro do segundo como campo de composición:
$ join -j1 2 -j2 3 precios descricion > artigos
Por defecto, join trata calquera espazo en branco como separador de campo. Coa opción -t pódese cambiar o separador do campo.