Introdución a Samba as Active Directory Member Server/Station: sadms

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
  • SADMS encárgase de manexar tódolos ficheiros de configuración de Ubuntu, para lograr integrar un equipo GNU/Linux como unha estación de traballo dun dominio baseado no Active Directory de Windows. De xeito que:
    • Os equipos de GNU/Linux convértense en equipos do dominio de Windows.
    • Os usuarios de Windows poden iniciar sesión nos equipos GNU/Linux.
    • Os usuarios de Windows van poder acceder ós mesmos recursos e coas mesmas restricións que se estiveran nunha estación de traballo de MS Windows (2000, XP, Windows 7).


Platega U910 Server Sadms 36.jpeg


  • O equipo GNU/Linux, como membro dun dominio, vai poder:
    • Ofrecer recursos compartidos para os demais membros do dominio.
    • Centralizar a validación de usuarios no servidor, de xeito que non hai que dar de alta usuarios no equipo para que este poida ser accedido dende outras estacións.


  • SADMS, encárgase de configurar o seguinte:
    • Para obter os usuarios do servidor:
      • Kerberos
      • Winbind
      • Samba
      • Name Switch Service, (nsswitch.conf)
    • Para poder iniciar sesión no propio equipo
      • PAM
      • Sincronización de reloxos
      • Que cada usuario se conecte, automaticamente, ós recursos compartidos do servidor.
    • Ademais vai permitir:
      • Compartir carpetas
      • Configurar o inicio dos servizos necesarios
      • Manexar as ACLs.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).