Introdución á virtualización: Tipos e software de virtualización

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 12:28 2 oct 2016 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Imos definir os conceptos básicos de virtualización para pronto pasar á parte práctica. Ao final deste apartado poranse varios enlaces onde o usuario poderá afondar sobre os conceptos nos que se basea a virtualización e os distintos tipos desta.

Conceptos

A imaxe obtida da desaparecida páxina de virtualizate.es amosa un só ordenador con unha plataforma de virtualización.
  • Virtualización: Podemos pechar os ollos e imaxinar o noso computador desdobrado en varios computadores imaxinarios, cada un coa súa BIOS, co seu disco duro, a súa memoria, etc., e finalmente co seu sistema operativo (Windows, Linux Mint, Ubuntu, etc); cada equipo ten parámetros (Disco, Memoria, Rede, S.O., etc) distintos entre si e distintos dos do equipo real, aínda que faga uso destes. Iso é a virtualización.
  • Maquina Virtual: é un ordenador virtual creado dentro dun ordenador físico (na imaxe hai un ordenador físico con varias máquinas virtuais). Ese ordenador virtual ten o seu disco duro (un ficheiro que se garda no disco real), a súa memoria RAM (que a colle [rouba] da memoria física), os seus dispositivos de E/S saída (Dispositivos virtuais que se enlazan cos reais), a súa BIOS (que nada ten que ver coa BIOS do sistema real), o seu sistema operativo (que nada ten que ver co da máquina física e que se instala coma nun ordenador calquera).
  • Sistema operativo invitado (guest): o sistema operativo que se instala nunha máquina virtual.
  • Plataforma de virtualización, hipervisor ou monitor de máquina virtual (MMV ou VMM -en inglés-): é un conxunto de programas e hardware que permite realizar a virtualización. Existen dous tipos de plataformas de virtualización.

Plataforma de virtualización Tipo I

Tamén coñecido como virtualización en modo nativo, pegado ao hardware ou unhosted.

Funcionamento

  • Neste caso instálase un S.O. especialmente deseñado para á virtualización. Esta plataforma está en contacto directo co hardware do ordenador físico e actúa de intermediario entre este as máquinas virtuais. Polo tanto, no ordenador físico non se instala un S.O. dos coñecidos (Windows, GNU/Linux, OSX) e logo se instala un programa para virtualizar, senón que a ferramenta que se instala no ordenador físico é para virtualizar.
  • Este tipo de virtualización é a máis óptima e está pensada para a virtualización de servidores, pero pola contra o equipo físico no que se instala un MMV tipo I só se pode usar para virtualizar e non para instalar programas.
  • Este tipo de plataformas son administradas, xeralmente, de xeito remoto, cunha ferramenta que proporciona o fabricante da plataforma. Polo tanto, o ordenador físico só vale para conter Maquinas Virtuais, ás cales son administradas remotamente ou a través de ferramentas que proporcione a plataforma de virtualización.
  • Paravirtualización: Cando na máquina virtual se instalan unhas ferramentas do fabricante, estas máquinas traballan "case" directamente co hardware, de xeito que a ferramenta de virtualización na que están instaladas as máquinas virtuais apenas ten intervención algunha.
  • A seguinte imaxe amosa como a plataforma de virtualización está en contacto directo co hardware do ordenador físico e coas máquinas virtuais. Observar como cada máquina virtual simula un hardware, no cal se instala un S.O. e no cal se instalan as aplicacións do mesmo xeito que nun ordenador físico.


Simulacion Redes MMV Tipo1.png

Beneficios

  • Maior aproveitamento dos recursos hardware: Segundo as estadísticas o 70% dos recursos dun servidor están desaproveitados, co cal se nun servidor físico se crean varias Máquinas virtuais estaráselle dando uso a moito dese 70% dos recursos.
  • Redución do consumo eléctrico.
  • Facilitar a administración dos servidores.
  • Mellorar a dispoñibilidade do sistema.
  • Aforro de espazo.

Plataformas máis utilizadas

Recórdese que neste caso no ordenador físico instálase só un hipervisor. Os MMV (Monitores de máquinas virtuais), hipervisores ou plataformas virtuais máis estendidos son:

  • Citrix XenServer (Antes tiña versión gratuíta e versión de pago, agora é totalmente libre).


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...

Plataforma de virtualización Tipo II

Tamén coñecido como virtualización en modo hosted ou sobre anfitrión. O anfitrión ou host é un ordenador cun S.O. convencional (GNU/Linux, Windows, MAC OS) sobre o cal se instala un programa de virtualización.

Funcionamento

  • Neste caso tense un S.O. instalado (Windows, GNU/Linux, MAC OS X, etc) coas súas aplicacións e logo instálase unha aplicación máis, que é o programa que permite crear máquinas virtuais.
  • O ordenador físico segue executando o seu Sistema Operativo e para iniciar as máquinas virtuais é preciso iniciar o programa de virtualización, como quen abre calquera outra aplicación, e logo iniciar a máquina que se desexe.
  • Obviamente este xeito de virtualizar é menos eficiente có de tipo I, pero pódese seguir usando o computador físico coas demais aplicacións (editor de textos, folla de cálculo, navegador, outros servizos que teña instalados sobre o S.O. real, etc.)
  • A imaxe amosa como a plataforma de virtualización está por enriba do S.O. que ten instalado o ordenador físico. Quen está en contacto co hardware é o propio S.O. do equipo físico (tamén chamado host ou anfitrión). Polo demais as máquinas virtuais van funcionar igual que as instaladas nun hipervisor de Tipo I.


Simulacion Redes MMV Tipo2.png

Beneficios

  • Facer probas de instalación e configuración de sistemas: Este tipo de virtualización úsase cando o usuario ten o computador real para o seu uso persoal e de cando en vez precisa ver o comportamento doutro S.O. sen ter que instalalo no ordenador físico, ou cando quere simular unha rede local cun só ordenador físico e varias máquinas virtuais nese ordenador.
  • Execución de aplicacións non compatibles co S.O. instalado.
  • Podemos executar servizos virtualizados e servizos directamente sobre a máquina física.

Plataformas máis utilizadas

Neste caso pódense ter varios hipervisors (programas de virtualización) nun mesmo host (ordenador físico). Os máis usados son:

  • Oracle: Virtualbox (gratuíta) é a que se usará no curso. Pódese instalar en hosts Windows, MACos e GNU/Linux e soporta moitos S.O.
  • OpenVZ: Só para sistemas GNU/Linux.

Procesador e virtualización

  • Hoxe en día todos os novos procesadores traen instrucións para a virtualización, aínda que é posible que equipos con procesadores antigos non as soporten. Esta funcionalidade pode ser que veña desactivada na BIOS do computador.
  • Para realizar virtualización tipo I, ou no caso da tipo II para crear máquinas virtuais con sistemas operativos de 64 bits, é preciso activar este parámetro na BIOS do ordenador real.

Outros enlaces


Aprende.png
PARA SABER MÁIS


Ben, até aquí unha breve introdución á virtualización pero quizais desexes afondar máis:




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez