Intents

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:20 7 oct 2015 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • Un Intent é o que lle permite a unha aplicación manifestar a "intención" de que desexa facer algo. Por exemplo:
    • Abrir unha nova actividade (pantalla), da mesma ou distinta aplicación.
    • Pasar uns datos dunha activity a outra, da mesma ou distinta aplicación.
    • Interconectar compoñentes da mesma ou distinta aplicación a través de mensaxes.
  • Os Intents poden iniciar compoñentes de 2 formas:
    • Explícita: chamando á clase Java do compoñente que queremos lanzar/executar.
    • Implícita: invocando unha acción e os datos a aplicar para esa acción. Por exemplo: acción: ver, datos: url de google. Android informará das actividades receptoras que poden procesar esa acción cos datos axuntados.


  • Cando se crea unha aplicación créase a Activity principal (A pantalla principal).
  • Dende esta Activity pódese chamar a outras Activities (pantallas) da propia aplicación ou doutras.


  • Para lanzar unha activity dende outra úsase a clase Intent.
  • Un Intent permite chamar a outros Activities, pasarlles e recoller información, interactuar con servizos do sistema, etc.



  • Tamén veremos un pouco máis a fondo o ficheiro AndroidManifest.xml para:
    • Indicar as activities das que se compón a aplicación e cal é a principal.
    • Os recursos (permisos) que vai usar a nosa aplicación.



-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).