Diferencia entre revisiones de «Instantáneas / Snapshots»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Xestión de instantáneas)
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 15:26 9 nov 2014

Introdución

  • XenServer (e XCP) ofrecen un mecanismo para realizar instantáneas do almacenamento das MVs e dos seus metadatos.
  • As operacións de E/S son temporalmente detidas mentres se realiza a instantánea para garantir a consistencia dos discos capturados.
  • Unha instantánea ten as mesmas características que un template: contén a información de almacenamento e a configuración da MV.
  • Unha instantánea pode ser exportada e restaurada.
  • O proceso ten 2 pasos:
    • Capturar nun template os metadatos.
    • Crear unha Imaxe de Disco Virtual (VDI) dos discos da MV.


  • Existen tres tipos de instantáneas:
    • Instantáneas normais (Regular): son as idóneas para os backups, soportadas por todo tipo de MV.
    • Instantáneas con memoria: engade ás instantáneas anteriores o estado da memoria.
    • Instantáneas "durmidas ou inactivas" (Quiesced): Este tipo de instantáneas pódense usar en MV Windows que usan o servizo Volume Shadow Copy (VSS) (Copia na sombra de volumes), que permite realizar copias ou instantáneas de ficheiros abertos. Isto é moi útil para servidores de BBDD (MS SQL Server), de correo (MS Exchange), etc. Para afondar máis sobre VSS


  • Neste curso vanse ver o primeiro tipo de Snapshots usando a MV dMySQL.

Xestión de instantáneas





-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)