Instalación e configuración de sistemas ERP

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 17:37 11 nov 2014 de Vence (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Índice

Control remoto

Os técnicos de soporte teñen que acceder ao escritorio dos usuarios con bastante frecuencia para realizar operacións relacionadas coa administración do equipo, configuración, axuda ao usuario final, etc.

Existen varias aplicacións que permiten o acceso remoto como TeamViewer, LogMeIn, Chrome Remote Desktop, etc. Nós vamos utilizar a aplicación libre TightVNC.

Screencast

Atención!

  • O servidor é o equipo que vai ser controlado remotamente, non noso caso, o Windows 7.
  • O cliente, neste exemplo Ubuntu, é o que se conecta ao servidor para acceder ao seu escritorio.

Servidor

01 instalar tightvnc servidor.png


Cliente

  • Instalamos o cliente VNC, desde o centro de software de Ubuntu.
02 instalar xtightvncviewer cliente.png
  • Executamos a aplicación nun terminal, indicando a IP do servidor e o display :0
vncviewer IP:0
03 executar vncviewer cliente.png
  • Abre a conexión remota e podemos traballar no Windows 7 desde a MV Ubuntu.

Instalación e configuración inicial de Odoo 8.0

Instalamos Odoo nun Ubuntu Server

Screencast

  • Inserimos a seguinte liña en /etc/apt/sources.list para configurar o repositorio:
deb http://nightly.odoo.com/8.0/nightly/deb/ ./
  • Instalamos OpenSSH, PostgreSQL, Java Tomcat e OpenERP cos seguintes comandos:
sudo su
apt-get update
apt-get install openssh-server
apt-get install postgresql
apt-get install tomcat7
apt-get install openerp
  • Accedemos desde calquera equipo da subrede utilizando un browser, indicando a IP do servidor e o porto 8069
01 nova bd.png


  • Creamos unha nova base de datos, no exemplo, galaxia (para unha empresa ficticia chamada Galaxia Software). Aínda que accedemos coa conta de administrador, inicialmente temos poucas opcións no menú lateral.


  • Editamos a información do Administrador ou Administradora.
02 editar admin.png


  • Creamos unha conta de usuario ou usuaria. Podemos probar a facer login con esta conta noutro navegador. Os menús están totalmente baleiros.
03 novo usuario.png


  • Facemos clic na ligazón de arriba á esquerda para editar a información da empresa.
04 editar companhia.png


  • Na mesma páxina, configuramos os datos da conta bancaria.
05 conta banco.png

--Vence