Instalación e configuración básica do equipo Ubuntu Desktop e do Servidor DNS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Instalouse un equipo Ubuntu Desktop con nome cliente01, nome do primeiro usuario: ladministrador e contrasinal abc123. (punto incluído).

Configuración do servidor DNS


  • No servidor win2k3-00' ir a: Inicio->Ferramentas Administrativas-> DNS. Na zona de busca directa iescalquerawin.local dar de alta un Host novo para o cliente01 con IP 172.16.0.151.


Alta do equipo cliente01

Platega U910 Server Sadms 13.jpeg


O equipo cliente01 dado de alta no servidor DNS de win2k3-00

Platega U910 Server Sadms 14.jpeg

Configuración IP do cliente

  • Na medida do posible, se o equipo ten 2 tarxetas de rede, facer que a eth0, sexa a que teña conectividade co servidor.


  • Configuración IP, /etc/network/interfaces.
auto eth0
iface eth0 inet static
address 172.16.0.151
netmask 255.255.0.0
gateway 172.16.0.1


  • Configuración cliente DNS: /etc/resolv.conf.
    • Se se teñen dúas tarxetas de rede no equipo, unha delas por DHCP, asegurarse que unha delas non modifica a configuración deste arquivo cando obtén a IP.
    • Para asegurarse de que non se cambia o seu contido, pódese executar o comando: sudo chattr +i /etc/resolv.conf.
#/etc/resolv.conf
domain iescalquerawin.local
search iescalquerawin.local
nameserver 172.16.0.150 


  • Configuración de /etc/nsswitch.conf. Senón non se resolven resolucións de dominio .local.
#hosts:          files mdns4_minimal [NOTFOUND=return] dns mdns4
hosts:          files dns mdns4


  • Configuración de /etc/hosts. Senón SADMS non funcionará correctamente.
127.0.0.1       localhost
127.0.1.1       localhost


Comprobacións

Feitas as configuracións anteriores é momento de asegurarse que existe conectividade entre o servidor e o cliente. Dende o cliente realizar as seguintes consultas:

  • Probar resolución DNS:
ping cliente01.iescalquerawin.local
PING cliente01.iescalquerawin.local (172.16.0.151) 56(84) bytes of data.
64 bytes from cliente01.local (172.16.0.151): icmp_seq=1 ttl=64 time=0.042 ms


  • Probar encadenación de dominio ó nome de equipo:
ping win2k3-00
PING win2k3-00.iescalquerawin.local (172.16.0.150) 56(84) bytes of data.
64 bytes from 172.16.0.150: icmp_seq=1 ttl=128 time=6 ms


  • Comprobar quen é o servidor DNS
nslookup cliente01
Server:		172.16.0.150
Address:	172.16.0.150#53

Name:	cliente01.iescalquerawin.local
Address: 172.16.0.151


  • Comprobar que o servidor DNS reenvía as consultas ós servidores RAIZ.
ping www.google.es
PING www.l.google.com (74.125.77.99) 56(84) bytes of data.
64 bytes from ew-in-f99.1e100.net (74.125.77.99): icmp_seq=1 ttl=63 time=107 ms

Recomendación Importante

Ningún dos ficheiros anteriores debe sufrir cambios unha vez configurados, co cal asegurarse que ó reiniciar o equipo estes seguen manténdose. Se hai cambios, as resolucións DNS non van ser correctas, o servidor DNS pode ser outro, etc. e todo iso levará a que non se poida instalar correctamente SADMS, ou unha vez instalado e configurado este deixe de funcionar e equipo cliente quede como colgado.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).