https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Instalaci%C3%B3n_do_servidor_NFS._Exportaci%C3%B3ns&feed=atom&action=historyInstalación do servidor NFS. Exportacións - Historial de revisiones2024-03-29T04:38:11ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Instalaci%C3%B3n_do_servidor_NFS._Exportaci%C3%B3ns&diff=62598&oldid=prevCarrion: /* Exportar os recursos compartidos do servidor */2017-10-07T11:05:05Z
Exportar os recursos compartidos do servidor

Página nueva

==Introdución==

*Xa temos a estrutura de carpetas creada no servidor e agora só queda '''exportala''' (Compartila).

== Instalación do servidor NFS ==

Simplemente teremos que instalar o paquete correspondente co servidor NFS:

'''apt-get install nfs-kernel-server

Lendo as listas de paquetes... Feito

Construindo a árbore de dependencias

Lendo a información do estado... Feito

Os seguintes paquetes NOVOS hanse instalar:

nfs-kernel-server

0 anovados, 1 instalados, Vanse retirar 0 e deixar 0 sen anovar.

A configurar nfs-kernel-server (1:1.2.6-4) ...

Creating config file /etc/exports with new version

Creating config file /etc/default/nfs-kernel-server with new version

[ ok ] Starting NFS common utilities: statd idmapd.

Processing triggers for systemd (215-17+deb8u5) ...

== O ficheiro de exportación/compartición do servidor NFS: /etc/exports ==

* O ficheiro '''/etc/exports''' é o que recolle a definición das distintas carpetas compartidas polo servidor nfs e os parámetros dos recursos compartidos.

'''cat /etc/exports

# /etc/exports: the access control list for filesystems which may be exported

# to NFS clients. See exports(5).

# Example for NFSv2 and NFSv3:

'''# /srv/homes hostname1(rw,sync,no_subtree_check) hostname2(ro,sync,no_subtree_check)

# Example for NFSv4:

'''# /srv/nfs4 gss/krb5i(rw,sync,fsid=0,crossmnt,no_subtree_check)

'''# /srv/nfs4/homes gss/krb5i(rw,sync,no_subtree_check)

*O propio ficheiro xa nos indica cuns exemplos como debemos facer se queremos usar a versión 3 de NFS, que é a que imos usar, e a versión 4 con Kerberos (non imos ver kerberos nesta edición ao ver Samba 4 nunha parte posterior).

*Cada liña deste ficheiro define:

**A carpeta do sistema de ficheiros que se comparte (exporta) por NFS,

**Unha lista, opcional, separada por espazos en branco de todos os clientes que están autorizados a acceder a esa carpeta.

***A cada cliente da lista se lle poden indicar unha serie de opcións de acceso entre parénteses, separadas por comas.

***No ficheiro que se inclúe por defecto no paquete podemos ver algunhas entradas de exemplo (nótese que están comentadas, xa que comezan polo símbolo '''#'''), como a seguinte:

# /srv/homes hostname1(rw,sync,no_subtree_check) hostname2(ro,sync,no_subtree_check)

*Esta compartición, comentada, exportaría:

**unha carpeta ficticia ''/srv/homes'' ás máquinas

*** ''hostname1'' con lectura e escritura sobre o recurso

***e ''hostname2'', con so lectura sobre o recurso compartido

* Podemos incluír unha liña neste ficheiro para cada carpeta que queiramos compartir por NFS no servidor. Remitimos ao lector ao manual do ficheiro ''exports'' (http://linux.die.net/man/5/exports) para consulta das distintas opcións posibles na compartición ('''man exports''' tamén ofrece axuda sobre os distintos parámetros e cales son por defecto).

*Unha vez modificado o ficheiro '''/etc/exports''', aplicaremos os cambios mediante o comando '''exportfs -ra'''. Non é preciso reiniciar o servizo salvo que non estea iniciado.

* A continuación imos ver algunhas das opcións máis importantes que podemos establecer cando compartimos unha carpeta por NFS:

** '''Versión de NFS''':

***se indicamos directamente á carpeta a compartir estamos indicando NFSv3,

***Se desexamos máis velocidade, kerberos, etc, debemos usar NFSv4 e para iso as carpetas a compartir compártense indirectamente a través de outras.

** '''Directorio a exportar''': Indicaremos a rota da carpeta/directorio do servidor que queremos exportar (compartir).

** '''Exportar a...''': Nesta opción podemos indicar que máquinas poderán acceder a esta compartición, para o que teremos varias posibilidades:

*** '''Todo o mundo''': Pódese acceder á carpeta dende calquera máquina, incluso de fóra da nosa rede. Por cuestións de seguridade, non é recomendable usar esta opción.

*** '''Máquina(s)''': Nesta opción pode indicarse o nome dunha ou varias máquinas, usando comodín como o '''*''' e o '''?'''. Por exemplo, *.iescalquera.local autorizaría o acceso a calquera máquina que tivese un nome dentro dese dominio DNS.

*** '''Rede IPv4''': A opción máis recomendable, na que podemos indicar a dirección IP e máscara dunha rede ou subrede para restrinxir o acceso á carpeta só aos equipos dese rede. O habitual será que esa rede sexa a nosa rede local.

**'''Opcións'''

*** '''Solo lectura (ro)''': Opción por defecto. Permítenos indicar os usuarios poderán só ler sobre a carpeta compartida, independentemente dos permisos que teñan fisicamente sobre a mesma.

***'''Escritura (rw)''': Permítenos indicar aos usuarios que poderán ler e escribir sobre o recurso compartido.

*** '''no_subtree checking''': Opción por defecto. Fai que o servidor NFS cando recibe unha petición de acceso a un ficheiro comprobe os permisos de acceso sobre ese ficheiro/carpeta e non, tamén, sobre toda a árbore da que colga o que suporía unha elevada carga de traballo. Esa opción sería ''subtree_check'', habería que indicala explicitamente e suporía unha elevada carga de traballo no servidor.

*** '''Mapeado de IDs de usuario''': Podemos indicar se o ''root'' dun cliente pode ou non acceder aos recursos compartidos como se fora o root do servidor. Tamén podemos indicar que conecte quen se conecte a un recurso que sempre o conecte como se fora o usuario co id 100, por exemplo:

****'''no_root_squash''': esta opción pode ser moi cómoda e perigosa á vez, pois permite que un usuario ''root'' dun equipo cliente poida actuar sobre o contido dos recursos compartidos e montados no cliente, como se fora o root do servidor, aínda que non teña permiso explícito sobre un cartafol ou ficheiro. Iso é moi cómodo, pero moi perigoso porque pode que non saibamos que usuarios do cliente poden pasar a root e actuar como tal. A opción por defecto é '''root_squash'''.

****'''anouid''', serve para indicar que todo usuario que se conecta a un recurso compartido vai comportarse como se fora o usuario con id X do servidor. Por defecto esta opción non está habilitada.

==Exportar os recursos compartidos do servidor==

Engadimos ao ficheiro '''/etc/exports''':

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div" line highlight="11,12">

# /etc/exports: the access control list for filesystems which may be exported

# to NFS clients. See exports(5).

# Example for NFSv2 and NFSv3:

# /srv/homes hostname1(rw,sync,no_subtree_check) hostname2(ro,sync,no_subtree_$

# Example for NFSv4:

# /srv/nfs4 gss/krb5i(rw,sync,fsid=0,crossmnt,no_subtree_check)

# /srv/nfs4/homes gss/krb5i(rw,sync,no_subtree_check)

/home/iescalquera 172.16.5.0/255.255.255.0(rw)

/comun 172.16.5.0/255.255.255.0(rw)

</syntaxhighlight>

*Hai que (re)iniciar o servizo.

'''service nfs-kernel-server restart

*Comprobar o que está exportando o servidor:

'''exportfs -v

/home/iescalquera 172.16.5.0/255.255.255.0(rw,wdelay,root_squash,no_subtree_check,sec=sys,rw,root_squash,no_all_squash)

/comun 172.16.5.0/255.255.255.0(rw,wdelay,root_squash,no_subtree_check,sec=sys,rw,root_squash,no_all_squash)

*Observar as opcións coas que se realiza cada compartición:

**''rw'': posta de forma explícita no ficheiro ''/etc/exports''

**''wdelay'': por defecto, indica que se o servidor ve que unha escritura de disco pode vir seguida doutra, espera a ter unhas cantas e realizas nunha soa operación.

**''root_squash'': o root do cliente non vai poder acceder ao contido das comparticións salvo que, algún ficheiro/carpeta teña concedidos permisos a "others"

**''no_subtree_check'': cando se accede a un obxecto no cliente non se comproban todos os permisos da árbore da que colga.

**''sec=sys'': Modo de autenticación por defecto, sen cifrado.

**''no_all_squash'': Opción por defecto que evita que se mapeen todos os usuarios como o usuario anónimo.

*A partir de agora, unha vez que o servizo NFS está iniciado, xa non é preciso reinicialo cada vez que fagamos cambios en ''/etc/exports'' podemos usar:

'''exportfs -ra

*Aconséllase reiniciar o servidor para asegurarse de que se aplican os cambios.

-- [[Usuario:antonio| Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion| Carlos Carrión Álvarez]]
Carrion