Instalación de Ubuntu Desktop

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 14:18 2 oct 2016 de Carrion (discusión | contribuciones) (Creación dunha máquina virtual)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 C.jpg

  • Neste apartado veranse os pasos básicos de instalación de Ubuntu Desktop na plataforma de virtualización VirtualBox.


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Para máis información sobre o proceso de instalación e configuración de Ubuntu, botarlle unha ollada a un curso de Platega sobre instalación de Ubuntu dende cero nun sistema dual.

O curso está na plataforma manuais do IES San Clemente http://informatica.iessanclemente.net/manuais. Baixo o epígrafe de Sistemas operativos: Linux


  • Antes de continuar con todos estes pasos o usuario debe asegurarse de que dispón dunha imaxe ISO do Sistema Operativo Ubuntu Desktop que se desexa instalar, que neste caso será Ubuntu 14.04 de 64 bits, cuxa imaxe iso foi descargada de http://www.ubuntu.com.
    • É aconsellable activar a aceleración 3D e aumentar o tamaño da memoria de vídeo. Para iso, coa MV apagada, ir aos parámetros da MV: Pantalla -> Pantalla.
  • Imos comezar por crear unha nova Máquina Virtual, esta ten:
    • Unha memoria RAM: imos coller a que vén por defecto. Esta memoria RAM é "roubada" da memoria real do equipo host.
    • Un disco duro: que é un ficheiro que se vai almacenar onde se indique (por defecto dentro da dunha subcarpeta da carpeta que se indicou na ficha Xeral dos parámetros xerais de VirtualBox). Imos crear un disco de 20 GB de tamaño. O ficheiro no que se almacena o disco duro da máquina virtual pode ser de:
      • Expansión dinámica: aínda que se indique que o disco duro virtual vai ter un tamaño de 20 GB, este ficheiro no disco real só vai ocupar o que se teña almacenado no disco virtual. Como máximo o tamaño deste ficheiro no disco real será de 20 GB.
      • Tamaño fixo: se se indica que o disco duro virtual vai ter un tamaño de 20 GB, a plataforma de virtualización crea un ficheiro no disco real de 20 GB, aínda que o disco virtual estea consumindo a metade.


Creación dunha máquina virtual

Acender máquina virtual e instalar Ubuntu

Actualización de Ubuntu

Os medios virtuais


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --