https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Instalaci%C3%B3n_de_Samba4_en_Debian&feed=atom&action=historyInstalación de Samba4 en Debian - Historial de revisiones2024-03-29T08:54:12ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Instalaci%C3%B3n_de_Samba4_en_Debian&diff=62688&oldid=prevAntonio en 09:24 11 oct 20172017-10-11T09:24:23Z

Página nueva

Como comentamos no apartado anterior, configuración dun equipo como controlador de dominio con Samba4 supón dous pasos fundamentais:

# '''Instalación do software de Samba4''', ben en forma de paquete xa compilado para a nosa distribución de Linux ou ben descargando o código fonte e compilándoo para o noso sistema: A partir da versión 8 de Debian poderemos instalar un paquete xa compilado co comando ''apt-get'' (se non se está seguro de cal é versión de debian instalada, pódese comprobar visualizando o ficheiro ''/etc/issue''). Tamén instalaremos e configuraremos o servizo de sincronización de hora (NTP ou ''Network Time Protocol''), que aínda que non é imprescindible si é moi conveniente xa que para que o proceso de autenticación con kerberos funcione correctamente os equipos da rede deben ter sincronizada a hora entres eles.

# '''Configuración do servizo Samba4 como controlador dun dominio concreto''' e inicialización das estruturas de LDAP e DNS necesarias: Este segundo paso realizarémolo facendo uso da ferramenta '''samba-tool''', introducindo os parámetros ''domain provision''.

Imos abordar en primeiro lugar o proceso de instalación do software.

== Sincronización da hora do sistema por NTP ==

O protocolo de tempo de rede ou [http://es.wikipedia.org/wiki/Network_Time_Protocol NTP] permítenos manter sincronizada en todo momento a hora de todos os equipos do dominio. Tendo en conta que o protocolo de autenticación de kerberos fallará se hai un desfase moi grande na hora do equipo cliente e o servidor, desta forma evitaremos problema por unha posible mala configuración da hora nalgún equipo.

Por iso, como primeiro imos instalar e configurar na máquina debian o servizo NTP:

<gallery caption="Instalación do servizo NTP" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Dl_instal_samba4_01.png| Instalamos o servizo con '''apt-get install ntp'''

Image:Dl_instal_samba4_02a.png| Na páxina [http://www.pool.ntp.org http://www.pool.ntp.org] podemos atopar servidores de NTP en Internet que podemos utilizar para cada país.

Image:Dl_instal_samba4_02.png| Editamos o ficheiro '''/etc/ntp.conf''' para engadir as liñas que se inclúen no final do apartado, que son as que na actualidade se recomendan.

Image:Dl_instal_samba4_03.png| Reiniciamos o servizo NTP con '''service ntp restart'''

Image:Dl_instal_samba4_03b.png| Con '''ntpq -p''' podemos comprobar o funcionamento do servizo.

</gallery>

* Liñas engadidas no ficheiro '''/etc/ntp.conf''':

server 0.europe.pool.ntp.org

server 1.europe.pool.ntp.org

server 2.europe.pool.ntp.org

server 3.europe.pool.ntp.org

== Instalación de Samba4 ==

Se temos instalada a versión actual de Debian, xa disporemos do paquete ''samba'' que ofrece a versión 4 deste software. Imos instalar tamén o paquete ''smbclient'' para poder comprobar dende o propio servidor o funcionamento do servizo de samba e o paquete ''winbind'' necesario para o funcionamento do servizo de Samba4. Utilizamos o comando ''apt-get'':

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

apt-get install samba smbclient winbind

</syntaxhighlight>

Unha vez instalados os paquetes, imos borrar o ficheiro de configuración que ven por defecto co paquete ''samba'' (almacenado en ''/etc/samba/smb.conf''), xa que para facer a promoción do servizo a controlador de dominio este ficheiro debe estar baleiro.

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

rm /etc/samba/smb.conf

</syntaxhighlight>

-- [[Usuario:antonio| Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion| Carlos Carrión Álvarez]]
Antonio