https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Instalaci%C3%B3n_de_OwnCloud_en_Debian&feed=atom&action=historyInstalación de OwnCloud en Debian - Historial de revisiones2024-03-29T06:34:14ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Instalaci%C3%B3n_de_OwnCloud_en_Debian&diff=63197&oldid=prevAntonio: /* Finalizar a configuración de Owncloud */2017-11-17T02:21:04Z
Finalizar a configuración de Owncloud

Página nueva

* Nesta sección veremos os pasos para instalar ownCloud sobre unha máquina Debian.

== Configuración da máquina Debian ==

* O que imos facer é crear unha nova máquina ''dserver01'' a partir de ''dbase'', seguindo os mesmos pasos indicados para [[Crear e configurar dserver00]] pero cambiando os seguintes datos:

** '''Dirección IP''': 172.16.5.11

** '''Servidor de DNS''': 172.16.5.10

** '''Nome do equipo''': dserver01

* E engadimos no reenvío de portos da rede NAT en VirtualBox un reenvío para acceder a esta máquina por ssh, e por https, como se ve na imaxe:

[[Archivo:Dl owncloud install 01.png|500px|center]]

* Tamén sería posible, se o lector o prefire, usar a mesma máquina ''dserver00'' para instalar ownCloud. Os pasos a seguir para a instalación e a configuración serían os mesmos.

== Instalación de Owncloud ==

* A instalación máis sinxela pola que podemos optar é facendo uso do paquete de ''ownCloud'' xa preparado para Debian 8 (na web de ownCloud tamén podemos atopar repositorios para outras distribucións de Linux).

* Este paquete non está incluído nos repositorios de Debian, pero a comunidade de ownCloud ofrece un repositorio que inclúe os paquetes de ownCloud para a meirande parte das distribucións de Linux. Así que primeiro teremos que engadir o repositorio que inclúe o paquete.

* Introduciremos os seguintes comandos:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

wget -nv https://download.owncloud.org/download/repositories/production/Debian_9.0/Release.key -O Release.key

apt-key add - < Release.key

echo 'deb http://download.owncloud.org/download/repositories/production/Debian_9.0/ /' > /etc/apt/sources.list.d/owncloud.list

apt-get update

</syntaxhighlight>

* Agora xa podemos instalar o paquete '''owncloud-files'''. Ademais, imos instalar os paquetes '''apache2''' (o servidor web) '''sqlite''' (o xestor de base de datos), as librarías de php, '''smbclient''' e '''cifs-utils''' (para poder acceder ás carpetas compartidas por CIFS):

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

apt-get install owncloud-files apache2 sqlite libapache2-mod-php7.0 php7.0-ldap php7.0-gd php7.0-json php7.0-mysql php7.0-curl php7.0-intl php7.0-mcrypt php-imagick php7.0-zip php7.0-xml php7.0-mbstring php7.0-sqlite smbclient cifs-utils

</syntaxhighlight>

== Configuración de Apache ==

Creamos o ficheiro ''/etc/apache2/sites-available/owncloud.conf'' co seguinte contido:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

Alias /owncloud "/var/www/owncloud/"

<Directory /var/www/owncloud/>

Options +FollowSymlinks

AllowOverride All

<IfModule mod_dav.c>

Dav off

</IfModule>

SetEnv HOME /var/www/owncloud

SetEnv HTTP_HOME /var/www/owncloud

</Directory>

</syntaxhighlight>

E creamos o link:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

ln -s /etc/apache2/sites-available/owncloud.conf /etc/apache2/sites-enabled/owncloud.conf

</syntaxhighlight>

Habilitamos

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

a2enmod rewrite

a2enmod headers

a2enmod env

a2enmod dir

a2enmod mime

</syntaxhighlight>

== Configuración da conexión HTTPS ==

* Aínda que non é imprescindible, e máis que recomendable que as conexións que fagamos ao ownCloud dende os clientes sexa sempre por protocolo seguro (''HTTPS''), xa que:

** Para iniciar sesión, os usuarios terán que introducir o seu contrasinal. Seguramente non queiramos que estes contrasinais sexan transmitidos en claro pola rede, xa que quedaría moi comprometida a súa seguridade.

** A través de ownCloud, os usuarios accederán a carpetas persoais con documentos privados. Se a transmisión destes documentos se fai por ''HTTP'', calquera podería capturar o seu contido.

* Por iso imos configurar o servidor web Apache para que permita as conexións por HTTPS. Para facelo precisaremos contar con un certificado dixital que se utilizará para cifrar a comunicación. A opción máis sinxela é xerar un certificado autoasinado, xa que así non temos que crear unha Autoridade de Certificación ou ''CA'' (recórdese que no apartado de [[Autenticación segura contra o LDAP. Uso de TLS/SSL: LDAPS]] xa se explicou o proceso de creación dunha CA e a xestión e uso dos certificados dixitais):

* Instalamos o paquete '''openssl''':

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

apt-get install openssl

</syntaxhighlight>

* Creamos un certificado autoasinado para Apache, e colocamos na carpeta '''/etc/ssl/localcerts''' tanto o certificado como a chave privada asociada ao mesmo:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

root@dserver01:~# mkdir -p /etc/ssl/localcerts

root@dserver01:~# openssl req -new -x509 -days 365 -nodes -out /etc/ssl/localcerts/apache.pem -keyout /etc/ssl/localcerts/apache.key

Generating a 2048 bit RSA private key

writing new private key to '/etc/ssl/localcerts/apache.key'

You are about to be asked to enter information that will be incorporated

into your certificate request.

What you are about to enter is what is called a Distinguished Name or a DN.

There are quite a few fields but you can leave some blank

For some fields there will be a default value,

If you enter '.', the field will be left blank.

Country Name (2 letter code) [AU]:ES

State or Province Name (full name) [Some-State]:Galicia

Locality Name (eg, city) []:Vigo

Organization Name (eg, company) [Internet Widgits Pty Ltd]:IES Calquera

Organizational Unit Name (eg, section) []:Dep Informatica

Common Name (e.g. server FQDN or YOUR name) []:www.iescalquera.local

Email Address []:admin@iescalquera.local

root@dserver01:~# chmod 600 /etc/ssl/localcerts/apache*

</syntaxhighlight>

* Habilitamos o módulo de SSL para Apache:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

a2enmod ssl

</syntaxhighlight>

* Editamos o ficheiro '''/etc/apache2/sites-available/default-ssl.conf''', para modificar as liñas que establecer os parámetros ''SSLCertificateFile'' e ''SSLCertificateKeyFile'' (nos que indicaremos o ficheiro que contén o certificado e a chave privada):

SSLCertificateFile /etc/ssl/localcerts/apache.pem

SSLCertificateKeyFile /etc/ssl/localcerts/apache.key

* Habilitamos o sitio ''defautl-ssl'', que é o que permite as conexións HTTPS no servidor:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

a2ensite default-ssl

</syntaxhighlight>

* Reiniciamos o servizo ''apache'' para aplicar os cambios:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

systemctl restart apache2

</syntaxhighlight>

== Finalizar a configuración de Owncloud ==

* Neste momento xa estamos en disposición de conectarnos a ownCloud por HTTPS.

* Ímolo facer dende a máquina real, utilizando o porto 10028 que está redirixido ao porto 443 da máquina que executa ownCloud. Tamén poderíamos conectarnos dende ''wclient01'' ou ''uclient01'', pero nese caso usando a dirección ''https://172.16.5.11/owncloud''.

<gallery caption="Instalación de ownCloud" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Dl_owncloud_install_02.png| Introducimos a dirección '''https://localhost:10028/owncloud'''. Veremos que o navegador no informa de que hai un problema coa seguridade da conexión. Picamos no botón de '''Engadir excepción...''' para ver cal é o problema.

Image:Dl_owncloud_install_03.png| Vemos nas razóns do problema que a dirección do certificado non coincide coa do sitio ao que nos estamos conectando (recórdese que emitimos o certificado para ''www.iescalquera.local'' e nos estamos conectando a ''localhost''), e ademais non foi asinado por unha CA de confianza (é lóxico, xa que é un certificado autoasinado). Picamos en '''Ver...'''...

Image:Dl_owncloud_install_04.png| e comprobamos cal é o sitio para o que foi emitido o certificado (''www.iescalquera.local'') e quen o emitiu (el mesmo).

Image:Dl_owncloud_install_05.png| Así que é lóxico que o navegador poña eses problemas ao certificado. Para que isto non pasase, teríamos que emitir o certificado con unha CA, e importar no navegador dos clientes o certificado desa CA; pero como non imos facer todo iso, engadimos unha excepción para que o navegador se conecte de todas formas.

Image:Dl_owncloud_install_06.jpg| A páxina que aparece é na que finalizamos a instalación de ownCloud. Introducimos un usuario administrador e o seu contrasinal (poñemos ''administrador'' e ''abc123.'' como contrasinal). No apartado de ''Almacenamento e base de datos'', vemos que podemos configurar cal é a carpeta na que se van gardar as carpetas de datos de ownCloud, e o xestor de base de datos que vai utilizar. OwnCloud pode usar ''MySQL'' e ''PostgreSQL'', pero a configuración máis sinxela é utilizando ''SQLite'', porque así non teremos que configurar ningunha base de datos. Picamos en '''Rematar configuración'''.

Image:Ownclou10_install_02.jpg| Agora xa temos ownCloud instalado. Iniciamos sesión co usuario ''administrador''...

Image:Dl_owncloud_install_09.png| e aquí móstrase a páxina de benvida.

Image:Dl_owncloud_install_07.png| Pero imos ver un problema que se podería atopar agora un usuario se intenta acceder a ownCloud dende un equipo do dominio (''wclient01'' ou ''uclient01''), utilizando unha dirección diferente. Por exemplo, se introducimos o rexistro no DNS que asocie o equipo ''www'' á dirección IP do equipo que alberga ownCloud, podemos intentar acceder coa dirección ''https://www.iescalquera.local/owncloud'', pero veremos que non é posible.

Image:Dl_owncloud_install_08.png| O problema débese a que no ficheiro de configuración de ownCloud inclúese un parámetro coa lista de dominios que se poden utilizar para conectarse á aplicación. Imos editar este ficheiro, situado en '''/var/www/owncloud/config/config.php''', e engadimos no array do parámetro ''trusted_domains'' a liña marcada.

Image:Dl_owncloud_install_10.png| E vemos que xa nos podemos conectar coa dirección ''www.iescalquera.local''. Se quixéramos acceder con outras direccións, como utilizando a dirección IP de ''dserver01'' por exemplo, teríamos que engadilas tamén no ficheiro de configuración.

</gallery>

-- [[Usuario:antonio| Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion| Carlos Carrión Álvarez]]
Antonio