https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Instalaci%C3%B3n_de_Guest_Additions&feed=atom&action=historyInstalación de Guest Additions - Historial de revisiones2024-03-29T05:02:42ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Instalaci%C3%B3n_de_Guest_Additions&diff=60625&oldid=prevCarrion: /* Instalación das Guest Additions en Ubuntu */2016-10-02T14:10:47Z
Instalación das Guest Additions en Ubuntu

Página nueva

==Introdución==

Como xa se expuxo nun apartado anterior, as [[Características_de_VirtualBox#Guest_Additions|Guest Additions]] (utilidades de convidado) son un conxunto de utilidades e drivers que se instalan no sistema operativo convidado (na MV) para mellorar, entre outras cousas, o sistema de vídeo, poder copiar do portapapeis da MV ao equipo host (ordenador real) e viceversa, etc. Alguén podería probar a escribir un texto nun editor nunha das MV instaladas, copialo e tratar de pegalo nun editor de texto do equipo host e viceversa. Comprobará que non é posible, aínda que si sería desexable.

Non sempre será necesario nin interesante instalalas, e dado que están fundamentalmente orientadas a mellorar a usabilidade do escritorio e o contorno gráfico serán máis útiles cando estamos facendo virtualización de equipos cliente, para simular contornos de probas para algún software; pero se estamos virtualizando máquinas que prestan servizos na rede non nos proporcionarán melloras importantes.

==Instalación das Guest Additions en Windows==

<gallery caption='''' widths="350" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_W7_01.jpeg| Unha vez acesa a MV '''wclient'''. Premer en '''Dispositivos -> Insertar imaxe de CD das <<Guest Additions>>...'''.

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_W7_02.jpeg| En realidade as '''Guest Additions''' son unha imaxe ISO de CD. O que fixo ese menú anterior foi cargar esa imaxe ISO no CD da MV. O S.O. convidado ao detectar un CD novo intenta inicialo se ten autocargador, e así é. Na unidade D: está cargado o CD coas Guest Additions. Agora só toca premer en executar.

Imagen:Sv_2013_guestad_windows_03.jpg| Confirmamos a execución do programa

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_W7_03.jpeg| Premer no botón '''Next''' cada vez que se nos demande intervención do usuario.

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_W7_04.jpeg| Vanse instalar diversos drivers. Instalar sempre.

Imagen:Sv_2013_guestad_windows_06.png| Na finalización do asistente reiniciaremos a máquina virtual para que se activen as Guest Additions

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_W7_05.jpeg| Tras reiniciar, desmontamos o CD premendo no indicador de CD inferior da MV.

Imagen:Sv_2013_guestad_windows_08.jpg| No menú '''Dispositivos''' atópanse as opcións de '''Portapapeis compartido''' (poder copiar algo na máquina física e pegalo na MV, ou viceversa) e '''Arrastrar e soltar''' (poder arrastrar un ficheiro ou carpeta da máquina física á MV, ou viceversa). Para cada opción podemos escoller inhabilitala, permitila só nun sentido ou nos dous.

</gallery>

Pódese redimensionar agora a pantalla da MV como dunha aplicación calquera?. Adáptase a resolución da pantalla da MV?

==Instalación das Guest Additions en Ubuntu==

<gallery caption='''' widths="350" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_U110_03.jpeg| Cargar as Guest Additions do mesmo xeito que no caso anterior: Premer no menú da MV en '''Dispositivos -> Insertar imaxe de CD das <<Guest Additions>>...'''. Premer en '''Executar'''.

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_U110_04.jpeg| Introducir o contrasinal do usuario '''administrador''' (abc123.). Premer en autenticar.

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_U110_05.jpeg| Cando remate a instalación premer ENTER (Return) para pechar a ventá de instalación.

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_U110_06.jpeg| Apagamos o equipo para que os cambios teñan efecto.

Imagen:Simulacion_Redes_Vbox_Guest_Additions_U110_06b.png| Antes de iniciar a máquina de novo, imos editar a súa configuración para ampliar a cantidade de RAM asignada á memoria de vídeo e habilitar a aceleración 3D. Isto mellorará o rendemento gráfico da máquina virtual. Aceptamos e iniciamos a máquina.

Imagen:Sv_2013_guestad_ubuntu_06.jpg| Podemos habilitar tanto a opción de ''Portapapeis compartido'' como a de ''Arrastrar e soltar''.

</gallery>

Pódese redimensionar agora a pantalla da MV como dunha aplicación calquera? Adáptase a resolución da pantalla da MV?

-- [[Usuario:Antonio|Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion|Carlos Carrión Álvarez]] --
Carrion