Implantación de sistemas ERP

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:27 22 abr 2015 de Vence (discusión | contribs.) (→‎Creación de informes)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Índice

Implantación dun sistema Odoo

Vamos realizar a implantación nunha empresa que xa está funcionando e quere mudar o seu sistema a Odoo. Temos que crear a nova base de datos, instalar os módulos de localización e traspasar os datos do sistema antigo ao novo.

Para a instalación manual de módulos vamos utilizar git


  • En Odoo, creamos unha base de datos para a empresa Nova Galaxia SW.
01novaBD.png
  • Mudamos o logotipo, datos da compañía, habilitamos as características técnicas do administrador, actualizamos a lista de módulos locais, e instalamos o módulo base de AEAT. É posible que teñamos que instalar antes o módulo unidecode de Python da seguinte forma:
git clone https://www.tablix.org/~avian/git/unidecode.git
cd unidecode
python setup.py install
python setup.py test


  • Instalamos outros módulos de localización: topónimos españoles, AEAT modelo 130, l10n_es, l10n_es_partner, etc.
Exemplo de utilización de l10n_es_partner


  • Instalamos os módulos de rede social, caderno de enderezos, CRM, xestión de almacén, xestión de compras, xestión de vendas, contabilidade e finanzas, recursos humanos (directorio de empleados) e website.


Importación de datos

Supoñemos que exportamos os datos dos socios do sistema antigo a un ficheiro CSV: Datos Empresas.

Queremos dar de alta eses socios importando os datos do CSV:

  • En primeiro lugar é preciso instalarmos o módulo base_import.
  • En Mensajería, Contactos, habilitamos a vista de árbore (Vista Lista) e facemos clic en Importar.
  • Escollemos o ficheiro CSV cos datos dos socios. Separador: punto e coma. Como o nome das columnas non coincide cos de res.partner, temos que escribilo un a un: Name, Trade name, Street, City, State, Zip, Phone, Fax, Email, Country, Supplier, Customer, Website, Is a Company. A primeira, Codigo, é un Id. externo sen correspondencia na nova BD.
02ImportarContactos.png
  • Se estamos a tentar dar importar os datos correspondentes a unha provincia que non existe na BD, temos que creala manualmente.
03AltaProvincia.png
  • Como alternativa, poderiamos modificar o nome das columnas no ficheiro CSV antes de importar. En calquera caso, este é o resultado:
04ResultadoImportarContactos.png


  • Da mesma forma, importamos os produtos desde outro CSV: Datos Produtos. Podemos atopar erros como os da imaxe: as categorías, a empresa e a unidade de medida non coinciden cos datos da BD:
05ErrosImportarProdutos.png


  • En Almacén, Configuración, Productos, creamos as categorías de produto CD-R e MP4. Por outra parte, editamos con LibreOffice o CSV (escoller conxunto de caracteres Unicode UTF-8) para pór o nome da nosa empresa e as unidades de medida kg (minúsculas e sen o punto).
  • Primeiro gardamos como ODF e despois como CSV para que apareza a seguinte cadro e poder especificar a codificación UTF-8 e o separador "punto e coma".
06EdicionCSV.png


  • Cambiamos os nomes das columnas: Name, Internal Category, Description, Costing Method, Cost Price, Sale Price, Can be Purchased, Can be Sold, Product Type, Company, Purchase Unit of Measure, Unit of Measure.
  • No resultado final vemos dous produtos en vez de tres, o que falta estaba marcado como non pode ser vendido pero si que aparece no listado cando tentamos compralo:
07ResultadoImportarProdutos.png



Creación de funcións

Pídennos crear unha función (tamén coñecidas como procedementos almacenados) que devolva a información sobre a cidade, provincia e país de cada socio, toda xunta nunha mesma cela.

  • En pgAdmin, creamos unha vista que mostre o nome da empresa, a cidade, a provincia e o país. Non podemos esquecer os alias das columnas. Chamámoslle Vista Cidade-Provincia-Pais.
10Consulta.PNG


  • O seguinte paso é crear a función. Chamámoslle info_lugar
11NovaFuncion.png


  • En Definição, Tipo de retorno, escollemos o nome da vista.
12TipoFuncion.png


  • En Opções marcamos Retorna conjunto e en Código pegamos o mesmo código da vista.


  • Executamos a función:select info_lugar().
13ExecutarFuncion.png


Creación de informes

Anteriormente realizamos unha práctica sobre a edición de informes. Neste caso vamos crear un informe simple desde cero.

  • Seguimos os pasos descritos na ligazón anterior para instalar e configurar o módulo OpenOffice Report Designer.
  • No Writer conectámonos á base de datos.
14DesignerConexion.png
15DesignerConexion2.png
  • Executamos Open a new report e escollemos Partner.
17DesignerNovoInforme.png


  • Agora executamos Add a loop e escollemos List of Partner.
18DesignerAddLoop.png


  • Inserimos campos con Add field, por exemplo: nome, email e teléfono. É posible que a aplicación non responda durante algún tempo mentres recupera a lista de campos da BD.
19DesignerAddField.png


  • Gardamos o informe. Enviámolo ao servidor con Send to server.
20DesingerSendServer.png


  • En Odoo localizamos o informe e executámolo.
21ExecutarInforme.png
22ResultadoInforme.png


  • En calquera momento podemos modificar o seu contido ou aspecto con Modify existing report.