Implantación de Aplicacións Web (Ciclo ASIR)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Implantación de Aplicacións Web do Ciclo ASIR

  • Curso:
  • Duración: 55 horas
  • Profesorado: Informática

RA1. Prepara o contorno de desenvolvemento e os servidores de aplicacións web instalando e integrando as funcións necesarias

– CA1.1. Identificouse o software necesario para o seu funcionamento.
- Análise de requisitos.
– CA1.2. Identificáronse as tecnoloxías empregadas.
– CA1.3. Instaláronse e configuráronse servidores web e de bases de datos.
- Servidor web: instalación e configuración.
– CA1.4. Recoñecéronse as posibilidades de procesamento nos contornos cliente-servidor.
– CA1.5. Engadíronse e configuráronse os compoñentes e os módulos necesarios para o procesamento de código no servidor.
- Módulos e compoñentes necesarios.
– CA1.6. Instalouse e configurouse o acceso a bases de datos.
- Sistema xestor de base de datos: instalación e configuración.
– CA1.7. Estableceuse e verificouse a seguridade nos accesos ao servidor.
– CA1.8. Utilizáronse plataformas integradas orientadas á proba e ao desenvolvemento de aplicacións web.
- Procesamento de código: linguaxes de script en cliente e servidor.
– CA1.9. Documentáronse os procedementos realizados.
- Utilidades de proba e instalación integrada.

RA2. Selecciona e implanta xestores de contidos e establece a configuración dos seus parámetros

– CA2.1. Valorouse o uso e a utilidade dos xestores de contidos.
– CA2.2. Clasificáronse segundo a funcionalidade principal do sitio web que permitan xestionar.
- Tipos de xestores de contidos.
– CA2.3. Instaláronse diversos tipos de xestores de contidos.
- Instalación.
– CA2.4. Diferenciáronse as súas características (uso, licenza, etc.).
- Licenzas de uso.
– CA2.5. Personalizáronse e configuráronse os xestores de contidos.
- Requisitos de funcionamento.
- Creación da base de datos.
- Estrutura.
- Creación de contidos.
- Personalización da interface.
– CA2.6. Activáronse e configuráronse os mecanismos de seguridade proporcionados polos propios xestores de contidos.
- Mecanismos de seguridade integrados.
– CA2.7. Realizáronse probas de funcionamento.
- Verificación do funcionamento e do rendemento.
– CA2.8. Publicáronse os xestores de contidos.
- Publicación.

RA3. Administra xestores de contidos e adáptaos aos requisitos, de xeito que se garanta a integridade da información

– CA3.1. Adaptáronse e configuráronse os módulos do xestor de contidos.
- Xestión de temas.
– CA3.2. Creáronse e xestionáronse usuarios con distintos perfís.
- Usuarios e grupos.
- Perfís.
- Control de accesos.
– CA3.3. Integráronse módulos atendendo a requisitos de funcionalidade.
- Integración de módulos.
– CA3.4. Realizáronse copias de seguridade dos contidos.
- Copias de seguridade.
– CA3.5. Importáronse e exportáronse contidos en distintos formatos.
- Importación e exportación da información.
– CA3.6. Xestionáronse patróns.
- Patróns.
– CA3.7. Integráronse funcións de sindicación.
- Sindicación de contidos.
– CA3.8. Realizáronse actualizacións.
– CA3.9. Obtivéronse informes de acceso.

RA4. Xestiona aplicacións de ofimática web integrando funcións, de xeito que se asegure o acceso á información

– CA4.1. Recoñeceuse a utilidade das aplicacións de ofimática web.
– CA4.2. Clasificáronse segundo a súa funcionalidade e prestacións específicas.
- Tipos de aplicacións.
– CA4.3. Instaláronse aplicacións de ofimática web.
- Instalación.
- Integración de aplicacións heteroxéneas.
– CA4.4. Configuráronse as aplicacións para as integrar nunha intranet.
- Configuración.
– CA4.5. Xestionáronse as contas de usuario.
- Xestión de usuarios.
– CA4.6. Aplicáronse criterios de seguridade no acceso dos usuarios.
- Control de accesos.
- Aseguramento da información.
– CA4.7. Usáronse as aplicacións de xeito cooperativa.
– CA4.8. Elaborouse documentación relativa ao uso e á xestión das aplicacións.

RA5. Xera documentos web utilizando linguaxes de guións de servidor

– CA5.1. Identificáronse as linguaxes de guións de servidor máis salientables.
- Clasificación.
– CA5.2. Recoñeceuse a relación entre as linguaxes de guións de servidor e as linguaxes de marcas utilizadas nos clientes.
- Integración coas linguaxes de marcas.
– CA5.3. Recoñeceuse a sintaxe básica dunha linguaxe de guións concreta.
- Sintaxe.
- Ferramentas de edición de código.
– CA5.4. Utilizáronse estruturas de control da linguaxe.
- Elementos da linguaxe.
- Comentarios.
– CA5.5. Definíronse e utilizado funcións.
- Funcións integradas e de usuario.
- Xestión de errores.
– CA5.6. Utilizáronse formularios para introducir información.
- Mecanismos de introdución de información: formularios.
– CA5.7. Establecéronse e usáronse mecanismos para asegurar a persistencia da información entre distintos documentos web relacionados.
– CA5.8. Identificáronse e aseguráronse os usuarios que acceden ao documento web.
- Autenticación de usuarios.
- Control de accesos.
– CA5.9. Verificouse o illamento do contorno específico de cada usuario.
- Sesións.
- Configuración do intérprete.

RA6. Xera documentos web con acceso a bases de datos utilizando linguaxes de guións de servidor

– CA6.1. Identificáronse os sistemas xestores de bases de datos máis utilizados en contornos web.
– CA6.2. Verificouse a integración dos sistemas xestores de bases de datos coa linguaxe de guións de servidor.
- Integración das linguaxes de script de servidor cos sistemas xestores de base de datos.
– CA6.3. Configurouse na linguaxe de guións a conexión para o acceso ao sistema xestor de base de datos.
- Conexión a bases de datos.
– CA6.4. Creáronse bases de datos e táboas no xestor utilizando a linguaxe de guións.
- Creación de bases de datos e táboas.
– CA6.5. Obtívose e actualizouse a información almacenada en bases de datos.
- Recuperación da información da base de datos desde unha páxina web.
- Modificación da información almacenada: insercións, actualizacións e borrados.
- Verificación da información.
– CA6.6. Aplicáronse criterios de seguridade no acceso dos usuarios.
- Mecanismos de seguridade e control de accesos.
– CA6.7. Verificouse o funcionamento e o rendemento do sistema.
- Xestión de errores.
- Verificación do funcionamento e probas de rendemento.

RA7. Realiza modificacións en xestores de contidos adaptando a súa aparencia e a súa funcionalidade

– CA7.1. Identificouse a estrutura de directorios do xestor de contidos.
– CA7.2. Recoñeceuse a funcionalidade dos ficheiros que utiliza e a súa natureza (código, imaxes, configuración, etc.).
- Recoñecemento de elementos involucrados.
– CA7.3. Seleccionáronse as funcionalidades que cumpra adaptar e incorporar.
– CA7.4. Identificáronse os recursos afectados polas modificacións.
- Selección de modificacións para realizar.
- Modificación da aparencia.
– CA7.5. Modificouse o código da aplicación para incorporar novas funcións e adaptar outras existentes.
- Incorporación e adaptación de funcionalidades.
– CA7.6. Verificouse o correcto funcionamento dos cambios realizados.
- Verificación do funcionamento.
– CA7.7. Documentáronse os cambios realizados.
- Documentación.