Filtrado de páxinas web

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Neste apartado imos ver como podemos filtrar as páxinas web ás que se acceden a través do proxy de Zentyal en base a diferentes criterios, que van dende a presenza de virus ata a a extensión do ficheiro ao que se accede.

Tipos de filtro de contidos no proxy en Zentyal

O proxy de Zentyal inclúe varios filtros de contidos que poden ser combinados para restrinxir o acceso á rede externa da forma que desexemos. Os filtros incluídos son:

  • Filtro de virus: Utilizando o antivirus clamav, permite bloquear o acceso a páxinas que conteñan código detectado como virus.
  • Filtro de contido: Permite filtrar páxinas polo seu contido usando diversas listas de palabras. Hai que ter en conta que este filtro pode bloquear páxinas ás que en realidade si queremos acceder, polo que pode ser configurado en distintos niveis de intensidade que van dende moi permisivo ata moi estrito. Tamén podemos incluír unha páxina nunha lista branca se queremos garantir que se permita o acceso á mesma independentemente do seu contido.
  • Filtro de dominios: Permite filtrar páxinas polo dominio de DNS do servidor no que residen (google.es, xunta.es, etc.).
  • Filtro de tipos MIME: Permite restrinxir certos obxectos MIME de elementos incrustados nas páxinas, como obxectos flash, java, activeX, etc.
  • Filtro de extensión de ficheiros: Permite restrinxir a descarga de ficheiros que teñan unha extensión determinada.


Configuración do filtrado no proxy


Filtro de virus

Imos neste apartado a comprobar o funcionamento do filtro de virus:

Filtro de contido

Como xa comentamos, este filtro restrinxirá o acceso a páxinas que conteñan unha serie de palabras, en distintos idiomas. Téñase en conta que este filtro pode impedir o acceso a páxinas que si poden ser do noso interese:


Filtro de dominios

Este filtro permitirá introducir unha serie de dominios ou URLs que poderán ser permitidos ou denegados polo proxy:


Filtros de tipos MIME e extensións de ficheiros

Estes filtros permiten rexeitar a descarga de elementos dun tipo MIME determinado ou de ficheiros que teñan unha extensión concreta:



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (xan 2015).