Ficheiros de configuración de VirtualBox

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 17:03 2 oct 2016 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

VirtualBox mantén a configuración particular para cada usuario no sistema host nun ficheiro en formato XML que almacena a listaxe de máquinas rexistradas, personalización da interface e outros parámetros de funcionamento. É moi importante ter en conta que este ficheiro, que leva de nome VirtualBox.xml é diferente para cada usuario e polo tanto cada un poderá ter unha lista de máquinas diferente sobre un mesmo equipo host.

O ficheiro VirtualBox.xml almacénase dentro dunha carpeta oculta co nome .VirtualBox que se atopa dentro da carpeta persoal do usuario. A partir da versión 4.3, nos sistemas Linux esta carpeta foi movida a .config/VirtualBox; aínda que se se actualiza á versión 4.3 dunha versión anterior, mantense a mesma carpeta.

Por outro lado, cada máquina almacenarase nunha carpeta diferente (que podemos establecer na creación da máquina), na que se almacenan:

  • O ficheiro XML que define as características da máquina.
  • Os ficheiros cos discos virtuais da máquina (aínda que non necesariamente teñen que estar na mesma carpeta que da máquina, é a súa ubicación por defecto).
  • A carpeta coas instantáneas da máquina.
  • A carpeta cos ficheiros de rexistro da máquina.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --