Diferencia entre revisiones de «Factor de Forma das placas base»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
Línea 12: Línea 12:
 
:* '''Baby AT.''' Placas de tamaño XT e coas características das AT.
 
:* '''Baby AT.''' Placas de tamaño XT e coas características das AT.
 
:* '''ATX.''' O mais estendido hoxe en día, apareceu no 1995. Tamaño da placa:  30,5 x 24,4 cm  
 
:* '''ATX.''' O mais estendido hoxe en día, apareceu no 1995. Tamaño da placa:  30,5 x 24,4 cm  
 +
:: Vantaxes:
 +
::* Ten unha mellor ventilación e menor cableado.
 +
::* O conector de alimentación é dunha soa peza.
 +
::* Permite o apagado por software.
 
:* '''Mini-ITX.''' Teñen un tamaño de 17x17 cm
 
:* '''Mini-ITX.''' Teñen un tamaño de 17x17 cm
 
:* '''Micro-ATX.''' Aparece en 1997, levan integradas a gráfica e teñen un tamaño de 24,4 x 24,4 cm
 
:* '''Micro-ATX.''' Aparece en 1997, levan integradas a gráfica e teñen un tamaño de 24,4 x 24,4 cm

Revisión del 17:24 10 oct 2019

Unha das primeiras cousas nas que un se fixa cando colle unha placa e no seu tamaño, na súa forma, etc, é o que se denomina factor de forma (form factor). As características definidas polo form factor son:

  • A forma da placa base: cadrada ou rectangular.
  • As súas dimensións físicas exactas: ancho e largo.
  • A posición dos anclaxes. É dicir, as coordenadas onde se sitúan os parafusos.
  • As áreas onde se sitúan certos compoñentes. En concreto, as rañuras de expansión e os conectores da parte traseira (para teclado, rato, USB, etc.)
  • A forma física do conector da fonte de alimentación.
  • As conexións eléctricas da fonte de alimentación, é dicir, cantos cables require a placa base da fonte de alimentación, os seus voltaxes e a súa función.

Estes son os principais factores de forma das placas que hoxe en día nos podemos atopar, sinalando o tamaño da placa base (www.formfactors.org):

  • XT. Baséase na placa do IBM PC orixinal. Tamaño da placa: 21,25 x 32,5 cm
  • AT. No 1984 IBM introduce o PC AT. Tamaño da placa: 30 x 34,5 cm
  • Baby AT. Placas de tamaño XT e coas características das AT.
  • ATX. O mais estendido hoxe en día, apareceu no 1995. Tamaño da placa: 30,5 x 24,4 cm
Vantaxes:
  • Ten unha mellor ventilación e menor cableado.
  • O conector de alimentación é dunha soa peza.
  • Permite o apagado por software.
  • Mini-ITX. Teñen un tamaño de 17x17 cm
  • Micro-ATX. Aparece en 1997, levan integradas a gráfica e teñen un tamaño de 24,4 x 24,4 cm
  • Flex-ATX. Para gama baixa (1999). Tamaño da placa: 22,5 x 18,75 cm
  • Nano-ITX. As placas que cumpren esta norma teñen un tamaño de 12 x 12 cm.
  • Pico-ITX. As placas que cumpren esta norma teñen un tamaño de 10 x 7,2 cm.
  • Em-ITX. As placas que cumpren esta norma teñen un tamaño de 12×17cm.
  • BTX. É unha proposta de Intel para sustituir a ATX. No 2.007 comunicou que non daría soporte ós novos produtos que sigan ese estándar.
  • ATX v2.2. Nesta revisión faise unha modificación do conector de alimentación de 20 a 24 pines para darlle máis potencia ás rañuras para tarxetas de expansión PCI-Express.
  • DTX. Tamaño da placa: 24,4x20,3cm
  • mini-DTX. Tamaño da placa: 17x20cm

Os form factors de dimensións reducidas cobraron moito protagonismo na construción de barebones e HTPC (Home Theather Personal Computer - tamén chamados ordenadores de salón).


-- Volver