Exportar, importar, clonar Máquinas Virtuais. Escritorio remoto. Modelos (Templates)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 22:26 13 nov 2016 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Cando se desexa exportar unha MV, clonala ou realizar un modelo (plantilla/Template) e esta MV vai actuar como base ou mestra para a creación doutras MVs futuras, co mesmo S.O., é aconsellable que estea totalmente configurada:
    • Actualizar MV como se viu no punto anterior.
    • Instalar as Xenserver tools.
    • Instalar as aplicacións base que se sabe que van usar no futuro en toda MV clonada da base, por exemplo SSH. etc.
    • Deixar a configuración IP por DHCP para que sexa logo personalizada para cada MV clonada.
    • En Windows:
      • É aconsellable Habilitar o Escritorio Remoto.
      • Realizar o Sysprep para rexenerar o Security ID (SID) e evitar que varios equipos Windows teñan o mesmo identificador SID.


  • Se só se vai exportar / clonar unha MV, para tela no seu estado actual (por exemplo, recén instalada) non hai porque facer todo o anterior.
  • Todo o anterior é cando se desexa ter unha MV que sirva de base para crear outras novas MVs e evitar ter que estar instalando cada unha das MVs baseados no mesmo S.O.


  • O escenario 5.A sintetiza os procesos a realizar neste apartado:

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 05 A.jpg

Exportar/importar

  • A exportación permite extraer MVs do servidor Xen para almacenamento seguro.
  • A importación permite crear unha nova MV a partir dunha MV previamente exportada. Pódese crear noutro host distinto.
  • Nestes exemplos vaise usar o formato de ficheiro de exportación/importación XVA que só é válido para sistemas baseados en Xen.
  • Existe tamén a posibilidade de usar formatos abertos de ficheiros de exportación [Open Virtualization Format (OVF)] ou no ficheiro comprimido OVA que contén o mesmo que o conxunto de ficheiros que conforman OVF pero comprimido nun só ficheiro. Estes son usados en VirtualBox dun modo moi sinxelo, pero en Xen esixen facer uso de iSCSI, que se verá na parte IX do curso.
  • Permiten importar discos creados noutras plataformas de virtualización, pero acaece o mesmo que no caso anterior con respecto a iSCSI.

Exportar MV

  • Pensando en que esta MV pode actuar de mestra ou base para á creación de futuras MVs, pois vaise configurar a MV antes de ser exportada:
    • Actualizar o sistema
    • Instalar as XenServer Tools
    • Instalado o servidor SSH, ben no momento da instalación ou ben a posteriori: apt-get install openssh-server.
    • Configuración IP por DHCP.
  • Se simplemente se desexa exportar no seu estado actual pódese proceder sen máis.

Importar MV

  • A continuación vaise crear unha nova MV en xenA a partir da exportación anterior da MV dbase de xen00.

Clonar MVs

  • Clonar consisten en crear unha MV a partir da copia doutra MV sen saír da plataforma de virtualización.

Clonar MV Linux

  • Do mesmo xeito que no caso anterior, de exportación, se se pensa que esta MV pode actuar de mestra ou base para á creación de futuras MVs, pois vaise configurar a MV antes de ser exportada:
    • Actualizar o sistema
    • Instalar as XenServer Tools
    • Instalado o servidor SSH, ben no momento da instalación ou ben a posteriori: apt-get install openssh-server.
    • Configuración IP por DHCP.
  • Se simplemente se desexa clonar no seu estado actual pódese proceder sen máis.
  • A continuación vaise clonar dbase para crear unha MV (dMySQL) que hipoteticamente no futuro será un servidor de Bases de Datos MySQL.

Clonar MV Windows / Habilitar Escritorio Remoto / Sysprep

  • Neste caso en Windows pódese clonar (exportar, incluso) a MV sen máis, pero se desexa que se teñan varios servidores Windows procedentes da mesma MV base ou mestra, entón hai que actuar como no caso anterior:
    • Actualizar MV.
    • Instalar XenServer tools.
    • Configuración IP por DHCP.
    • Aconsellable habilitar Escritorio remoto, para poder acceder a ela dende calquera equipo Real ou Virtual da LAN sen ter que usar o XenCenter.
    • Executar o Sysprep, coas diferentes opcións que se desexen. Neste caso vaise realizar o Sysprep sen usar un ficheiro de respostas.



Preparar MV con Sysprep

Copiar MV tras realizar Sysprep

  • Neste caso vaise crear unha nova MV chamada wprinter ou wsprinter. Supoñendo que no futuro este equipo vai ser un servidor de impresión.


Crear un Modelo (Template)

  • Un modelo (Template) creado polo usuario é unha MV que xa ten configurado un S.O., un número de discos cos seus tamaños, interfaces de rede, tamaño da RAM, número de CPUs, etc..
  • Un Template pode ser creado de moitas formas (dende outro template, con xe, dende un SnapShot, etc), aquí imos ver como crealo dende unha MV.
  • Agora, que imos converter unha MV nun template, si que é altamente aconsellable ter preparada e configurada a MV como se indicou nos pasos anteriores: actualizada, Tools, sysprep, etc.
  • O proceso de creación dun Template é irreversible: isto é, unha MV pode converterse en Template pero non viceversa, o que si se pode facer é crear unha nova MV a partir dese Template.



Propiedades dun Modelo (Template)

Crear MV a partir dun Template creado polo usuario

  • A continuación vaise crear unha MV dx2go a partir do template dbase.
  • A MV dx2go pronto terá unha contorna gráfica instalada e un servidor de escritorios remotos en Linux.





-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)