Exemplo básico XHTML + CSS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 18:28 14 ene 2008 de Vieites (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Esta práctica está pensada para comezar a empregar CSS. Non explica moito sobre CSS, simplemente se centra en como crear un arquivo XHTML, un arquivo CSS e como facer que os dous funcionen xuntos.

Ó final do tutorial deberás ter feito un arquivo HTML como este:

1.- Escribir o código HTML Para o desenrolo desta primeira folla de estilos, é mellor non distraerse con características avanzadas das ferramentas de desenrolo web, polo que, o mais recomendable é empregar un editor sinxelo ou, polo menos, non utilizar as características avanzadas deste.

O paso 1 consiste en abrir o teu editor de páxinas web (Dreamweaver, Aptana), comezar cunha fiestra valeira e escribir o seguinte:

 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD HTML 4.01//EN">
   <html>
       <head>
        <title>A miña primeira páxina web con estilo</title>
       </head>

       <body>
      <!-- Menú de navegación do sitio -->
        <ul class="navbar">
         <li><a href="indice.html">Páxina principal</a>
         <li><a href="meditacions.html">Meditacións</a>
         <li><a href="cidade.html">A miña cidade</a>
         <li><a href="enlaces.html">Enlaces</a>
        </ul>

      <!-- Contido principal -->
        <h1>A miña primeira páxina con estilo</h1>

        <p>¡Benvido a miña primeira páxina con estilo!</p>

        <p>Non ten imaxes, pero ten estilo.
        Tamén ten enlaces, ainda que non te leven a
        ningún sitio…...</p>

        <p>Debería ter más cosas aquí, pero todavía non sei qué poñer.</p>

      <!-- Sinatura e data da páxina, ¡só por cortesía! -->
        <address>Creada o 10 de maio de 2006<br>
        dunha idea orixinal de Bert Bos </address>

     </body>
  </html>

Vamos supoñer que vai ser unha páxina dun sitio Web que terá varias páxinas similares. Como é frecuente en páxinas Web, esta ten un menú con enlaces a outras páxinas no sitio ficticio, un contido único e unha sinatura.

Agora, selecciona "Gardar como…" do menú Arquivo, vai ata un directorio/carpeta onde queras gardar o documento e garda o arquivo como "amiñapaxina.html". Non peches aínda o editor, necesitaralo de novo.

Despois, abre o arquivo nun navegador (por exemplo abre un navegador e arrastra o arquivo sobre el). Como podes ver, a páxina ten un aspecto bastante aburrido... 01 exCSS1.JPG


2.- Engadir algunhas cores. Probablemente esteas vendo texto negro sobre un fondo branco, pero isto depende de como estea o teu navegador configurado. Para que a páxina teña algo mais de encanto podemos engadir algunhas cores.

Comezamos cunha folla de estilo interna no arquivo (X)HTML. Mais adiante, poñeremos o (X)HTML e o CSS en arquivos diferentes. A separación destes arquivos é recomendable xa que facilita a utilización da mesma folla de estilo para diferentes arquivos XHTML: só tes que escribir a folla de estilo unha vez. Pero neste paso, vamos a deixalo todo nun mesmo arquivo.

É necesario engadir un elemento <style> no arquivo HTML. A folla de estilo estará no interior dese elemento. Hai que volver á fiestra do editor e engadimos as seguintes cinco liñas na parte da cabeceira do arquivo:

 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD HTML 4.01//EN">

 <html>
    <head>
      <title>A miña primeira páxina web con estilo</title>

       <style type="text/css">
          body { color: purple; background-color: #d8da3d }
       </style>

    </head>
    <body>   [etc.]

As liñas que tes que engadir son dende <style ...> ata </style>.

  • A primeira liña di que iso é unha folla de estilo e que está escrita en CSS (text/css).
  • A segunda liña indica que imos configurar o elemento <body>. Dentro das chaves establécese a cor do texto como morado e o dáselle ó fondo unha cor de amarelo verdoso.

O fondo do elemento body será o fondo para todo o documento. Ós outros elementos (p, li, address) non se lles dou ningún fondo en concreto, polo que de forma predeterminada non terán ningún (ou serán transparentes). A propiedade color establece a cor do texto que está no elemento body, pero os outros elementos que se atopan dentro de body herdarán esa cor, a non ser que se especifique o contrario. (Máis adiante engadiremos máis cores).

Agora hai que gardar o arquivo e volver á fiestra do navegador. Obterase algo parecido a isto: 02 exCSS1.JPG


3.- Engadir tipo de letra Outra cousa que é moi fácil de facer é engadir diferentes tipos de letra para os diversos elementos da páxina. Vexamos o texto có tipo de letra "Georgia", excepto a cabeceira h1, que irá con "Helvetica".

Na Web, nunca podes estar seguro dos tipos de letra que os usuarios teñen nos seus ordenadores, polo que engadiremos algunhas alternativas: si "Georgia" non está dispoñible, "Times New Roman" ou "Times" tamén poden valer, e se ningunha desas está presente, o navegador pode empregar calquera outro tipo de letra como "Serif". Se "Helvetica" non está, "Geneva", "Arial" e "SunSans-Regular" son bastante similares, e se ningunha destas funciona, o navegador pode escoller calquera outro tipo de letra que non sexa "Serif".

Engade ó editor de texto as seguintes liñas:

<!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD HTML 4.01//EN">
<html>
  <head>
   <title>A miña primeira páxina web con estilo</title>
     <style type="text/css">

       body { font-family: Georgia, "Times New Roman", Times, serif;
      color: purple; background-color: #d8da3d }
       h1 { font-family: Helvetica, Geneva, Arial, SunSans-Regular, sans-serif }

      </style>
    </head>
  <body>      [etc.]

Se gardas outra vez o arquivo e fas clic en "Actualizar" no navegador, deberían aparecer tipos de letra diferentes para o encabezado e para o outro texto. 03 exCSS1.JPG


4.- Engadir unha barra de navegación A lista que aparece ó principio da páxina HTML será máis adiante un menú de navegación. Algúns sitios Web teñen un menú ó principio ou nun lado da páxina, e este debería telo tamén. Poñeremos un á esquerda, xa que é máis interesante poñelo aí que arriba…

O menú xa está na páxina HTML, é a lista

    que se atopa ó principio. Os enlaces que teñen non funcionan xa que o noso "sitio Web", ata o momento, só ten unha páxina, pero iso non é importante agora. Por suposto, nun sitio Web real non debería haber ningún enlace roto. Temos que mover a lista á esquerda e colocar o resto do texto un pouco máis cara a dereita, para deixar espazo para o menú. As propiedades de CSS que imos empregar son padding-left (para mover o texto do elemento body) e position (para mover o menú). Hai outras formas de facelo. Se buscas column e layout na páxina Aprender CSS atoparás algunhas plantillas listas para seren empregadas. Pero, polo momento, esta está ben. Na fiestra do editor, engade as seguintes liñas ó arquivo XHTML:
    <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD HTML 4.01//EN">
    <html>
      <head>
       <title>A miña primeira páxina web con estilo</title>
       <style type="text/css">
        body {
           padding-left: 11em;
           font-family: Georgia, "Times New Roman", Times, serif;
          color: purple; background-color: #d8da3d }
           ul.navbar {position: absolute; top: 2em; left: 1em; width: 9em }
           h1 {font-family: Helvetica, Geneva, Arial, SunSans-Regular, sans-serif }
         </style>
      </head>
    <body> [etc.]
    

    Se gardas outra vez o arquivo e o actualizas no navegador, deberías ter a lista de enlaces á esquerda do texto principal. Agora o resultado parece moito máis interesante ¿verdade? 04 exCSS1.JPG


    5.- Dar estilo ós enlaces O menú de navegación aínda parece unha lista en lugar dun menú. Vamos a cambiar o seu aspecto. Quitaremos os puntos que indican os diferentes elementos da lista e moveremos os elementos á esquerda, onde estaban antes os puntos. Tamén lle daremos a cada elemento un fondo branco e un cadrado negro. (¿Por que? Por nada en particular, só porque podemos facelo).

    Non especificamos a cor dos enlaces, imos a engadilo tamén: empregaremos o azul para aqueles enlaces que o usuario non visitou aínda, e morado para os enlaces que xa visitou:

    <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD HTML 4.01//EN">
    <html>
      <head>
       <title>A miña primeira páxina web con estilo</title>
        <style type="text/css">
         body {padding-left: 11em; font-family: Georgia, "Times New Roman", Times, serif;
          color: purple; background-color: #d8da3d }
         ul.navbar { list-style-type: none;
          padding: 0;
          margin: 0;
          position: absolute; top: 2em; left: 1em; width: 9em }
         h1 {font-family: Helvetica, Geneva, Arial, SunSans-Regular, sans-serif }
        ul.navbar li { background: white;
          margin: 0.5em 0; padding: 0.3em; border-right: 1em solid black }
         ul.navbar a {text-decoration: none }
         a:link {color: blue }
         a:visited {color: purple }
        </style>
       </head>
      <body> [etc.]
    

    Se gardas outra vez o arquivo e o actualizas no navegador, deberías ter a lista de enlaces ben decorada. Agora o resultado é moito mais vistoso. 05 exCSS1.JPG


    6.- Engadir unha liña horizontal O último elemento a engadir na folla de estilo é unha regra horizontal para separar o texto da firma que se atopa ó final. Empregaremos border-top para engadir unha liña punteada enriba do elemento <address>:

    <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD HTML 4.01//EN">
      <html>
       <head>
        <title>A miña primeira páxina web con estilo</title>
    
         <style type="text/css">
        body { padding-left: 11em;
         font-family: Georgia, "Times New Roman", Times, serif;
         color: purple; background-color: #d8da3d }
         ul.navbar {list-style-type: none; padding: 0; margin: 0;
         position: absolute; top: 2em; left: 1em; width: 9em }
         h1 { font-family: Helvetica, Geneva, Arial, SunSans-Regular, sans-serif }
         ul.navbar li {background: white; margin: 0.5em 0; padding: 0.3em;
           border-right: 1em solid black }
        ul.navbar a { text-decoration: none }
        a:link { color: blue }
        a:visited { color: purple }
        address {margin-top: 1em;
          padding-top: 1em;
          border-top: thin dotted }
         </style>
         </head>
         <body> [etc.]
    

    Agora, xa terminamos de darlle estilo á páxina. Quedaría así: 06 exCSS1.JPG

    O seguinte é ver como se pode poñer a folla de estilo nun arquivo diferente para que desta forma outras páxinas poidan empregar ese mesmo estilo.


    7.- Poñer a folla de estilo nun arquivo separado Agora temos un arquivo XHTML cunha folla de estilo no seu interior. Pero se o noso sitio crece desexaremos engadir mais páxinas que compartan o mesmo estilo. Hai un método máis axeitado que copiar a folla de estilo dentro de cada páxina e que é: colocar a folla de estilo nun arquivo separado, facendo que todas as páxinas estean enlazadas a esa folla.

    Para separar a folla de estilo do arquivo XHTML, necesitamos crear outro arquivo de texto, que estea valeiro. Despois hai que cortar e pegar no novo arquivo o que hai dentro do elemento <style> do arquivo HTML. Ollo non hai que copiar as etiquetas <style> nen </style>. Na nova fiestra do editor, deberías ter a folla de estilo completa.

     body {padding-left: 11em; font-family: Georgia, "Times New Roman", Times, serif;
     color: purple; background-color: #d8da3d }
     ul.navbar {list-style-type: none; padding: 0; margin: 0;
        position: absolute; top: 2em; left: 1em; width: 9em }
     h1 {font-family: Helvetica, Geneva, Arial, SunSans-Regular, sans-serif}
     ul.navbar li {background: white; margin: 0.5em 0;
        padding: 0.3em; border-right: 1em solid black }
     ul.navbar a {text-decoration: none }
     a:link {color: blue }
     a:visited {color: purple }
     address {margin-top: 1em; padding-top: 1em; border-top: thin dotted}
    

    Elixe "Gardar como..." do menú Arquivo, comproba que está no mesmo directorio que o arquivo "amiñapaxina.html", e garda a folla de estilo como "meuestilo.css".

    Volve á fiestra que mostra o código HTML. Borra todo o que hai dende a etiqueta <style> ata </style>, ambas inclusive, e reemplázao por un elemento <link> da seguinte forma:

     <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD HTML 4.01//EN">
      <html>
        <head>
         <title>A miña primeira páxina web con estilo</title>
         <link rel="stylesheet" href="meuestilo.css">
        </head>
        <body>   [etc.]
    

    Deste xeito, indicaráselle ó navegador que a folla de estilo atópase no arquivo chamado "meuestilo.css". Ó non especificar ningún directorio, o navegador mirará no mesmo directorio no que está gardado o arquivo HTML. Se gardaches o fixeches todo ben non deberías apreciar ningún cambio no aspecto da páxina. Esta segue gardando o mesmo estilo, pero agora ven establecido polo arquivo externo "meuestilo.css".