Exemplo3-Clonezilla en rede con DRBL: Clonar unha imaxe dun disco duro, atopada no propio servidor de clonación, a varios discos duros remotos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Exemplo3-Clonar unha imaxe dun disco duro, atopada no propio servidor de clonación, a varios discos duros remotos


NOTA: Picar nas imaxes para velas no tamaño orixinal


O disco duro a clonar a partir de agora chamarémolo ORIXE.

Os discos duros onde queremos clonar chamarémolos DESTINO.

O escenario a empregar será o seguinte: 3 hosts (equipos con conexión de rede):

  • 1 host DRBL-Clonezilla onde:
    1. Imos coller o disco ORIXE.
      NOTA: Previamente deben existir os discos ORIXE como imaxes (ficheiros) neste host. Para crear imaxes de disco ver a ligazón Crear unha imaxe nun equipo repositorio de imaxes dun disco duro remoto
    2. Que fará as funcións de servidor de Clonación (no cal arrancaremos ou teremos instalado o Clonezilla Server. Neste exemplo empregaremos a versión drbl-live-xfce-1.0.0-9)
    3. Dirección IP/MS: 192.168.100.100/255.255.255.0
  • 2 host (Cliente1 e Cliente2):
    1. Onde teremos os discos DESTINO a clonar.
    2. Direccións [Rango de IP]/MS: [192.168.100.1,192.168.100.40]/255.255.255.0

    3. NOTA: Por defecto DRBL Live otorgará as primeiras 40 IP aos clientes, co cal deberemos coller unha IP distinta para o servidor das que estén comprendidas entre '192.168.100.1 ata 192.168.100.40', por exemplo como vemos máis arriba a IP do servidor escollida é: 192.168.100.100
Escenario Exemplo 2


Procedemos:

  1. Ir á dirección URL http://clonezilla.org/
    URL Clonezilla

  2. Ir ao menú de esquerda e linkar na opción Server Edition
    Ligazón DRBL

  3. Descargar Clonezilla Server(DRBL) picando na ligazón DRBL Live
    Ligazón DRBL Live

  4. Elixir a iso da opción estable para descargar e queimar nun CD
    Ligazón iso DRBL Live

  5. Opcionalmente escoller outro mirror do que aparece por defecto e esperar para elixir a ruta de descarga. Descargando...
    Descargando iso DRBL Live

  6. Configurar o equipo servidor para poder arrancar dende o CD (a iso). Aparecerá o menú de arranque e escollemos a opción por defecto, a primeira: DRBL Live (Default Settings)
    Menú Arranque DRBL Live

  7. Eliximos o idioma
    Elixir idioma Non tocar mapa de teclado

  8. A continuación escollemos a opción 0, para poder arrancar o servidor en entorno gráfico XWINDOW co xestor gráfico XFCE e poder continuar co proceso de clonación. NOTA: Podemos premer Enter e esta opción será a escollida por defecto:
    Opción 0

  9. Arrancado a contorna gráfica veremos un escritorio similar ao seguinte:
    Escritorio XFCE DRBL Live

  10. Picamos dobre click na icona Clonezilla Server e prememos Intro para continuar.
    Dobre click na icona Clonezilla Server

  11. A continuación configuramos a rede manualmente mediante static, isto é, non empregaremos servidores DHCP para a clonación. O motivo disto é a posibilidade que teñamos na rede algún outro servidor DHCP que podería colisionar con iste de clonación, polo cal configuramos a rede de forma manual mediante static.
    Configurar a rede mediante static

  12. Configuración da rede (tarxeta eth0 atopada por DRBL Live) IP: 192.168.100.100,, Máscara de Subrede: 255.255.255.0,, Porta de Enlace e DNS: 192.168.100.254
    Configuración IP Configuración Máscara de Subrede
    Configuración Porta de Enlace Configuración DNS

  13. Respostamos n, xa que non configuramos no servidor máis cunha tarxeta de rede, a interface eth0, posto que todas as máquinas conectadas con eth0 son clientes DRBL/Clonezilla, de todos os xeitos, o servidor configurará mediante alias chegado o caso a/s interface/s necesarias.
    Todos as máquinas conectadas con eth0 son clientes DRBL/Clonezilla

  14. Neste exemplo escollemos a imaxe a clonar nun disco local do propio servidor DRBL,
    Coller a imaxe nun disco local do propio servidor DRBL

  15. A continuación pulsar Intro para coller a imaxe a clonar: disco duro ORIXE,
    Pulsar Intro para coller a imaxe a clonar: disco duro ORIXE

    Agora escoller o disco duro onde temos gardadas as imaxes a clonar, iste será o noso repositorio de imaxes que o propio servidor DRBL encárgase de montar no cartafol do sistema /home/partimag para a súa utilización, Escoller o disco duro ORIXE

  16. Elixir o cartafol onde atopar a imaxe Clonezilla do disco ORIXE e premer 2 veces Intro para continuar con proceso de clonación,
    Elixir o cartafol onde atopar a imaxe Clonezilla do disco ORIXE Pulsar Intro para continuar e de novo Pulsar Intro para continuar

  17. Agora temos a posibilidade de escoller todos os clientes (40 por defecto permite o DRBL Live) ou elixir os clientes que queiramos entre os 40 por dirección IP ou MAC. No noso exemplo como soamente temos 2 clientes escollemos a segunda opción para elixir soamente estes 2 clientes, Cliente 1 - IP: 192.168.100.1 e Cliente2 - IP: 192.168.100.2
    Elixir os clientes por dirección IP ou MAC Configurar os clientes por lista de direccións IP
     
    Especificar os hosts

  18. A continuación...
    Elixir Modo Principiante

  19. A continuación...
    Restaurar imaxe a disco Cliente

  20. A continuación...
    Reiniciar o cliente cando a clonación termine

  21. A continuación...
    Elixir a imaxe a restaurar nos clientes

  22. A continuación...
    Elixir disco duro dos clientes para restaurar

  23. A continuación...
    Clonación por multicast

  24. A continuación...
    Configurar número de clientes a clonar Número de clientes a restaurar

  25. A continuación...
    Tempo máximo de espera

  26. A continuación...
    Aviso

  27. A continuación...
    Configurar os clientes para a clonación

  28. A continuación...
    Arranque dos clientes mediante PXEArranque dos clientes mediante PXE

  29. A continuación...
    Clonando...
    Clonado sastisfactorio. Reiniciando os clientes...
    Servidor DRBL: Mensaxe clientes clonados


--ricardofc, felixdiaz [9/04/2010]