Exemplo2 Clonezilla en rede: Crear unha imaxe nun equipo repositorio de imaxes dun disco duro remoto

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:47 17 abr 2010 de Ricardofc (discusión | contribuciones) (Comprobación creación da Imaxe)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Exemplo2-Crear unha imaxe nun equipo repositorio de imaxes dun disco duro remoto


NOTA: Picar nas imaxes para velas no tamaño orixinal

Escenario

A imaxe do disco remoto a crear a partir de agora chamarémolo ORIXE.

O disco duro onde se gardan as imaxes no equipo repositorio de imaxes chamarémolo DESTINO.

O escenario a empregar será o seguinte: 2 hosts (equipos con conexión de rede):

  • 1 host Repositorio de Imaxes onde:
    1. Imos volcar ORIXE.
    2. Existe DESTINO
    3. Arrancaremos a distribución live SystemRescueCD ou teremos instalado un servidor ssh.
    4. Dirección IP/MS: 192.168.120.100/255.255.255.0
  • 1 host do cal crearemos a imaxe:
    1. Onde teremos o/s disco/s para crear ORIXE.
    2. Dirección IP/MS: 192.168.120.1/255.255.255.0
    3. Arrancaremos a distribución drbl-live-xfce-1.0.0-9

Escenario Exemplo 2

Descargar a distribución DRBL-LIVE

  1. Ir á dirección URL http://clonezilla.org/
    URL Clonezilla

  2. Ir ao menú de esquerda e linkar na opción Server Edition
    Ligazón DRBL

  3. Descargar Clonezilla Server(DRBL) picando na ligazón DRBL Live
    Ligazón DRBL Live

  4. Elixir a iso da opción estable para descargar e queimar nun CD
    Ligazón iso DRBL Live

  5. Opcionalmente escoller outro mirror do que aparece por defecto e esperar para elixir a ruta de descarga. Descargando...
    Descargando iso DRBL Live

Descargar a distribución SystemRescueCD no caso de non ter un servidor ssh no host Repositorio de Imaxes

  1. Ir á dirección URL http://www.sysresccd.org/Página_principal
    URL SystemRescueCD

  2. Ir ao menú de esquerda site map e linkar na opción download
    Download SystemRescueCD

  3. Dirixírse ao final da páxina, escollendo a arquitectura e picando na ligazón correspondente da iso estable para descargar e queimar nun CD
    Ligazón descarga SystemRescueCD

  4. Opcionalmente escoller outro mirror do que aparece por defecto e esperar para elixir a ruta de descarga. Descargando...
    Descargando iso SystemRescueCD
    a. Opcionalmente escoller outro mirror de descarga e esperar...
    Descargando iso SystemRescueCD
    b. Descargando iso SystemRescueCD

Configurar o host Repositorio de Imaxes.


NOTA: No caso de ter configurado un servidor SSH no host Repositorio de Imaxes ver as 2 últimas imaxes. En caso contrario seguir o procedemento secuenciado en todas as imaxes.


  • Configurar o servidor SSH para poder copiar ORIXE no Repositorio de Imaxes:
Arrancar SystemRescueCD
a. Arrancar SystemRescueCD
Elixir teclado español (opción 13)
b. Elixir teclado español (opción 13)
 
Configurar a tarxeta de rede eth0
c. Configurar a tarxeta de rede eth0
Detalles interface eth0
d. Detalles interface eth0
 
Opción 2. Rede cableada
e. Opción 2. Rede cableada
Configuración da rede manualmente (NON DHCP)
f. Configuración da rede manualmente (NON DHCP)
 
IP: 192.168.120.100
g. IP: 192.168.120.100
-Dirección Broadcast: 192.168.120.255
h. Dirección Broadcast: 192.168.120.255
 
Máscara de Subrede: 255.255.255.0
i. Máscara de Subrede: 255.255.255.0
Gateway
k. Gateway
 
DNS
l. DNS
Comprobación configuración rede interface eth0
m. Comprobación configuración rede interface eth0
 
Password root: toor
n. Password root: toor
Comprobación funcionamento ssh
ñ. Comprobación funcionamento ssh
Mediante o comando ssh -v localhost comprobamos se o servidor SSH está activo e podemos conectarnos a el dende localhost, o propio repositorio de imaxes. Como é a primeira ver que nos conectamos o servidor avísanos se estamos de acordo coa autenticación. Respostamos yes.
 
Continuación comprobación funcionamento ssh
o. Continuación comprobación funcionamento ssh
Ver táboa de particións do disco (fdisk -l)
p. Ver táboa de particións do equipo Repositorio de Imaxes (fdisk -l).
Neste caso o equipo Repositorio de Imaxes posúe 2 discos duros, o disco DESTINO onde imos a gardar as imaxes é o /dev/sdb
 
Crear cartafol para Repositorio de Imaxes
q. Crear cartafol para Repositorio de Imaxes
No cartafol creado, en /root, mediante o comando mkdir imaxes montamos a partición do disco repositorio de imaxes co comando:
mount -t auto /dev/sdb1 imaxes
Co comando ls imaxes revisamos o contido do cartafol imaxes.
NOTA: A ruta completa do cartafol imaxes creado é /root/imaxes

Configurar o host onde existe ORIXE (Disco duro do cal queremos crear a imaxe)

  1. Configurar o equipo do cal queremos crear a imaxe do disco duro para poder arrancar dende o CD (a iso) DRBL Live. Aparecerá o menú de arranque e escollemos a opción por defecto, a primeira: DRBL Live (Default Settings)
    Menú Arranque DRBL Live

  2. Eliximos o idioma
    Elixir idioma Non tocar mapa de teclado

  3. A continuación escollemos a opción 0, para poder arrancar o servidor en entorno gráfico XWINDOW co xestor gráfico XFCE e poder continuar co proceso de clonación. NOTA: Podemos premer Enter e esta opción será a escollida por defecto:
    Opción 0

  4. Arrancado a contorna gráfica veremos un escritorio similar ao seguinte, onde picamos dobre click na icona Clonezilla Live e prememos Intro para continuar.
    Dobre click na icona Clonezilla Live

  5. Escollemos Device-Image para crear a imaxe dun disco duro ou partición.
    Device-Image Disco/partición a/desde imaxe

  6. Empregamos ssh-server para recoller a imaxe no equipo Repositorio de Imaxes.
    ssh-server Usar servidor SSH

  7. A continuación configuramos a rede manualmente mediante static, isto é, non empregaremos servidores DHCP para crear a imaxe de clonación. O motivo disto é a posibilidade que teñamos na rede algún outro servidor DHCP que podería colisionar con iste de clonación, polo cal configuramos a rede de forma manual mediante static.
    Configurar a rede mediante static

  8. Configuración da rede (tarxeta eth0 atopada por DRBL Live) IP: 192.168.120.1,, Máscara de Subrede: 255.255.255.0,, Porta de Enlace e DNS: 192.168.120.254
    Configuración IP
    a. Configuración IP
    Configuración Máscara de Subrede
    b. Configuración Máscara de Subrede
    Configuración Porta de Enlace
    c. Configuración Porta de Enlace
    Configuración DNS
    d. Configuración DNS

  9. Configuración e establecemento da conexión SSH

  10. A continuación configuramos e establecemos a conexión SSH
    Dirección IP ou FQDN do servidor
    a. Dirección IP ou FQDN do servidor
    Porto para conectarse co host SSH remoto
    b. Porto para conectarse co host SSH remoto
     
    Conta permisos escritura ou lectura no servidor SSH
    c. Conta permisos escritura ou lectura no servidor SSH
    O cartafol do repositorio de imaxes no servidor SSH
    d. O cartafol do repositorio de imaxes no servidor SSH
     
    Contrasinal usuario con permisos escritura ou lectura no servidor SSH
    e. Aviso petición contrasinal usuario con permisos escritura ou lectura no servidor SSH.
    O contrasinal pedido, configurado anteriormente, é toor
    Continuación contrasinal usuario con permisos escritura ou lectura no servidor SSH
    f. Continuación contrasinal usuario con permisos escritura ou lectura no servidor SSH.
    Como é a primeira ver que nos conectamos o servidor avísanos se estamos de acordo coa autenticación. Respostamos yes.
     
    Contrasinal do usuario root: toor
    g. Escribimos o contrasinal do usuario root: toor
    Pulsamos Intro para continuar coa creación da imaxe.

    Creación da Imaxe

    Beginner-Modo Principiante
    a. Beginner-Modo Principiante
    Modo de execución para o asistente de creación de imaxes.
    savdisk
    b. Elixir save-disk para crear e grabar unha imaxe no equipo Repositorio de Imaxes.
     
    Introducir nome da imaxe a grabar
    c. Introducir nome da imaxe a grabar
    Elixir disco local coma orixe
    d. Elixir disco local coma orixe.
    O disco é local aínda que o acceso é remoto.
     
    Continuación Creación Imaxe
    e. Pulsar Intro para continuar co creación da Imaxe.
    Continuación Creación Imaxe
    f. Estamos seguros da configuración elixida, co cal respostamos yes
     
    g. Creando Imaxe...
    g. Creando Imaxe...
    Fin creación imaxe
    h. Fin da creación da imaxe. Pulsamos Intro para continuar e finalizar.

    Comprobación creación da Imaxe

    Ver contido cartafo Imaxes
    a. Ver o contido do cartafol imaxes.
    No equipo Repositorio de imaxes comprobamos a creación da imaxe revisando o contido do cartafol imaxes co comando ls imaxes.
    NOTA: Ruta absoluta cartafol imaxes: /root/imaxes
    Desmontamos cartafol imaxes
    b. Desmontamos cartafol imaxes co comando: umount imaxes
     
    Proceso Finalizado
    c. Proceso Finalizado.
    Se queremos apagar o equipo Repositorio de imaxes executamos o comando init 0






    --ricardofc, felixdiaz [16/04/2010]