Exemplo2: Clonar unha partición dun disco duro a outra partición doutro disco duro

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Exemplo2: Clonar unha partición dun disco duro a outra partición doutro disco duro.

O disco duro que ten a partición a clonar a partir de agora chamarémolo ORIXE.

O disco duro onde queremos clonar a partición chamarémolo DESTINO.

IMPORTANTE: No disco duro DESTINO debe existir a partición a ser clonada. Para obter máis información sobre particionamento ver a seguinte ligazón web: Programas de particionamento dos discos duros.

Procederemos de igual xeito que no Exemplo1: Clonar disco duro a disco duro dende o punto 1 ata o punto 7. A partir do punto 8 comezan as diferenzas, así :

  1. Agora escollemos a terceira opción: part_to_local_part partición local a to partición local clonada.
    Esta opción permite clonar a partición ORIXE na partición DESTINO
    Partición ORIXE a partición DESTINO

  2. A continuación aparecen as particións existentes nos discos duros detectados no ordenador e temos que escoller a partición ORIXE (no exemplo hda1)
    Elixir partición ORIXE

  3. Eliximos a partición DESTINO (no exemplo hdb1)
    Elixir partición DESTINO

  4. Configuramos os parámetros de clonación de Clonezilla. No exemplo escollemos os parámetros activados por defecto (os 3 primeiros) e a maiores seleccionamos o quinto parámetro (-r)
    Configurar parámetros Clonezilla

  5. Clonamos tamén a Táboa de Particións, co cal elixir opción 1: Usar la tabla de particiones del disco origen
    Copiar Táboa de Particións

  6. O programa queda a espera de pulsar Intro e dános un aviso, o cal indica que a próxima vez que queiramos facer o mesmo non temos porque seguir o procedemento actual senón que poderiamos executar unha consola de Clonezilla e executar o comando que pon no aviso:
    Comando clonación

  7. Comeza a clonación, pero antes Clonezilla avísanos que na partición DESTINO perderanse todos os datos, e se estamos seguros que prosigamos pulsando y (se non prememos nada por defecto actívase non N)
    Está vostede seguro?

  8. Antes de comezar volve a avisar se estamos seguros, entón y
    Está seguro de verdade?

  9. Volve a preguntar se estamos seguros, entón prememos y para confirmar.
    Confirmar

  10. Agora si!, comeza realmente a clonación aparecendo unha pantalla similar á seguinte:
    Clonando

  11. Rematada a clonación aparece un menú para Apagar (Opción 0), Reiniciar (Opción 1), Traballar en liña de comandos nunha consola (Opción 2) ou proseguir traballando con Clonezilla (Opción 3).
    Menu Final

  12. Unha vez rematada a clonación xa temos a partición DESTINO clonada, co cal xa podemos traballar con ela, como previamente traballabamos coa partición ORIXE

--ricardofc 22 out 2009