Exemplo1: Clonar disco duro a disco duro

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 12:15 22 oct 2009 de Ricardofc (discusión | contribuciones) (Exemplo1: Clonar disco duro a disco duro.)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Exemplo1: Clonar disco duro a disco duro.

O disco duro a clonar a partir de agora chamarémolo ORIXE.

O disco duro onde queremos clonar chamarémolo DESTINO.

  1. Arrancamos o ordenador con Clonezilla aparecendo unha imaxe cun menú igual ou similar ao seguinte: Arrancar Clonezilla

  2. No menú para asegurarnos o arranque no maior número de máquinas posibles (físicas ou virtuais) deberiamos elixir a opción quinta: Clonezilla live (Save graphic settings, vga=normal) mais imos probar coa primeira opción Clonezilla live (Default Settings, VGA=1024x768)

  3. Unha vez elixida, a primeira opción, arranca Clonezilla ata que se para na seguinte imaxe para que escollamos o Idioma
    Idioma Clonezilla
    Neste exemplo escollemos es_ES.UTF-8 Spanish | Español e prosegue o arranque.

  4. A continuación o arranque párase para que escollamos o mapa de teclado como pode verse na seguinte imaxe:
    Mapa de Teclado Clonezilla
    No exemplo escollemos No tocar el mapa de teclado e proseguimos co arranque.

  5. Agora temos a opción de arrancar unha shell ou comezar Clonezilla, co cal comezamos Clonezilla: Start_Clonezilla
    Comezar Clonezilla

  6. Neste paso eliximos que queremos facer, así que escollemos, a opción dúas, clonar dispositivo a dispositivo: device-device Disco/Partición a Disco/Partición
    device-device Disco/Partición a Disco/partición

  7. Eliximos se queremos traballar como Principiante(parámetros por defecto) ou como Experto(escollemos os parámetros), entón escollemos Expert Modo Experto: Selecciona tus propias opciones
    Modo Experto: Selecciona tus propias opciones

  8. Agora determinamos se queremos clonar soamente particións ou todo o disco duro, co cal eliximos a primeira opción disk_to_local_disk disco local a disco local clonado
    Esta opción permite clonar o disco ORIXE ao disco DESTINO
    disco ORIXE a disco DESTINO

  9. A continuación aparecen os discos duros detectados existentes no ordenador e temos que escoller o disco ORIXE (no exemplo hda)
    Elixir disco ORIXE

  10. Eliximos o disco DESTINO (no exemplo hdb)
    Elixir disco DESTINO

  11. Configuramos os parámetros de clonación de Clonezilla. No exemplo escollemos os parámetros activados por defecto (os 3 primeiros) e a maiores seleccionamos o quinto parámetro (-r)
    Configurar parámetros Clonezilla

  12. Clonamos tamén a Táboa de Particións, co cal elixir opción 1: Usar la tabla de particiones del disco origen
    Copiar Táboa de Particións

  13. O programa queda a espera de pulsar Intro e dános un aviso, o cal indica que a próxima vez que queiramos facer o mesmo non temos porque seguir o procedemento actual senón que poderiamos executar unha consola de Clonezilla e executar o comando que pon no aviso:
    Comando clonación

  14. Comeza a clonación, pero antes Clonezilla avísanos que no disco DESTINO perderanse todos os datos, e se estamos seguros que prosigamos pulsando y (se non prememos nada por defecto actívase non N)
    Está vostede seguro?

  15. Antes de comezar volve a avisar se estamos seguros, entón y
    Está seguro de verdade?

  16. A continuación respostamos que si (y) para clonar o Xestor de Arranque (boot loader, primeiros 446 bytes)
    Clonar xestor de arranque

  17. Volve a preguntar se estamos seguros, entón prememos y para confirmar.
    Confirmar

  18. Agora si!, comeza realmente a clonación aparecendo unha pantalla similar á seguinte:
    Clonando

  19. Rematada a clonación prememos Intro e aparece un menú para Apagar (Opción 0), Reiniciar (Opción 1), Traballar en liña de comandos nunha consola (Opción 2) ou proseguir traballando con Clonezilla (Opción 3).
    Menu Final

  20. Unha vez rematada a clonación xa temos o disco DESTINO clonado, co cal xa podemos traballar con el, como previamente traballabamos co disco ORIXE

--ricardofc 22 out 2009