Etiquetas XML

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 14:37 8 dic 2010 de Arribi (discusión | contribs.) (→‎Etiquetas en XML)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Etiquetas en XML

Existen unha serie de regras que se deben ter en conta á hora de escribir os nomes das etiquetas:

  • Poden conter letras, números e outros caracteres.
  • Non poden empezar cun número ou carácter de puntuación.
  • Non poden empezar coas letras xml (ou XML, Xml, etc.). Agás esta palabra, pode usarse calquera xa que non existen palabras reservadas.
  • Non poden conter espazos.

Pódense escribir etiquetas sen contido pero hai que pechalas (<etiqueta></etiqueta>). Estas etiquetas pódense abrir e pechar no mesmo momento, indicando na etiqueta o símbolo / antes do símbolo de peche (<etiqueta />).

Consellos de nomenclatura

Ademais, hai que ter en conta o seguinte cando escribimos os nomes das etiquetas:

  • Usar nomes descritivos, cortos e simples: <book_title> no canto de <the_title_of_the_book>
  • Substituír os espazos polo guión baixo: <first_name>, <last_name>.
  • Non usar o carácter "-". Algúns programas poden interpretar que first-name se trata dunha resta de dous valores.
  • Non usar o carácter ".". Algúns programas poden interpretar que first.name indica que name é unha propiedade do obxecto first.
  • Non usar o carácter ":" Os dous puntos úsanse para os espazos de nomes dos que se falará en breve.
  • Os documentos XML adoitan ter a súa correspondencia nunha base de datos. Convén usar as regras de nomenclatura da base de datos no documento.
  • Os caracteres non ingleses, como éòá, son legais en XML, pero poden ter problemas de compatibilidade.

--Arribi 09:30 28 sep 2010 (BST)