Estrutura dun documento HTML/XHTML

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Un documento (X)HTML componse de tres partes: unha declaración da versión HTML ou XHTML empregada, unha cabeceira con información sobre o documento e un corpo có contido do documento.

Introdución

Parteshtml.gif

Os elementos que establecen a estrutura dun documento (X)HTML son os seguintes:

  • html: Elemento raíz dun documento (X)HTML.
  • head: Cabeceira. Contén outras etiquetas como:
  • title: Título do documento.
  • meta: Metadatos (información sobre o documento).
  • body: Corpo do documento.

O seguinte exemplo mostra a estrutura dun documento XHTML mínimo segundo a especificación da recomendación XHTML 1.0.

 <?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" xml:lang="gl" lang="gl">
  <head>
    <title>Título do documento</title>
  </head>
  <body>
    Contido do documento...
  </body>
 </html>

Declaración XML

 <?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
Identifica a versión de XML. Esta declaración non é necesaria se a codificación é UTF-8 e, incluso, ás veces crea algún que outro problema, polo que normalmente se omiten.

Declaración do tipo de documento

<!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
"http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
A declaración do tipo de documento (DOCTYPE) indica ao navegador que DTD empregar para analizar sintacticamente o documento. Un DTD é un documento de texto que lista todos os elementos, atributos e regras de uso do (X)HTML.
Para o estándar que imos ver, XHTML 1.0, esta declaración é a mais axeitada.
A declaración do tipo de documento (DOCTYPE) en html5 é moito máis simple.
<!DOCTYPE html>

O elemento raíz

<html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" xml:lang="gl" lang="gl">
  ...
</html>
O elemento html é o elemento raíz de todos os documentos HTML e XHTML. Todos os elementos do documento están contidos no elemento raíz.
Atributos de <html>:
  • Espazo de nomes: Un espazo de nomes é unha colección de nomes de elementos e atributos segundo a especificación da DTD dunha determinada linguaxe. En XHTML 1.0 e 1.1 o identificador do espazo de nomes é: xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml".
É obrigatorio poñer este atributo de html nos documentos XHTML.
  • Idioma: Identifica o idioma no que está escrito o noso documento.
No caso do galego: xml:lang="gl" lang="gl"
En html5, simplifícase todo e so teríamos que introducir o elemento raíz
<html>
...
</html>

A cabeceira do documento

Defínese mediante a seguinte etiqueta:

 <head> ... </head>
O elemento <head>, ou cabeceira, é a parte do documento onde se inclúe información importante sobre o propio documento para os usuarios, os navegadores e os buscadores. Tamén é o lugar onde se gardan scripts e follas de estilo incrustadas.
Elementos de <head>:
  • Elemento <title>: Todo elemento <head> debe incluír no seu interior un elemento <title>, que proporcione unha descrición dos contidos da páxina que estamos a crear.
 <title> ... </title>
Hai que poñerlle ás páxinas títulos descritivos e evitar que sexan xenéricos (como "Benvidos" ou "A miña páxina"). Isto é porque o título é o que aparece nos marcadores, na lista de favoritos, na barra superior do navegador e, ademais, é o primeiro que os buscadores len da páxina para indexala.
Un exemplo de título:
 <title>Web do IES San Clemente</title>
  • Elemento <meta>: Este elemento ten moitas aplicacións distintas. Utilízase moito para incluír información sobre un documento, como a codificación de caracteres, a data de creación, a descrición, etc.
Un documento pode ter o número que se queira de elementos <meta>.
Hai dous tipos de elementos <meta> segundo se utilicen os atributos name ou http-equiv. A sintaxe dos dous tipos <meta> é a seguinte:
 <meta http-equiv="nome" content="contido" />
 <meta name="nome" content="contido" />
Atributos do elemento <meta>:
  • http-equiv: Dá información ó navegador para que trate dun xeito en particular o documento. Por exemplo:
 <meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=iso-8859-1" />
- text/html: Indica que o documento sexa analizado como html pois moitos navegadores non están preparados para analizalos como documentos XML.
- charset=iso-8859-1: Estase especificando a codificación dos caracteres. Neste caso indícase a ISO-8859-1 que consiste en todos os caracteres dos idiomas de Europa Occidental.
  • name: Este atributo emprégase para introducir información oculta sobre o documento. Por exemplo:
 <meta name="author" content="Xosé Toxo Moreno" />
 <meta name="copyright" content="2007, IES San Clemente" />
Nomes meta para motores de busca: A maioría dos motores de busca atenden ós elementos meta das páxinas para buscalas e engadilas ás súas bases de datos. Os máis empregados son:
- description: Descrición breve dos contidos da páxina web. Moi útil se esta contén pouco texto.
 <meta name="description" content="Características dos microprocesadores" />
- keywords: Complementa o título e a descrición do documento. Trtábasese dunha lista de palabras clave útiles para indexar o documento. Actualmente desaconsellase o uso deste atributo xa que os buscadores non o usan, e máis o seu uso está penalizado.
 <meta name="keywords" content="hardware, ordenador, microprocesador, overclocking" />
- author: Identifica o autor da páxina web.
 <meta name="author" content="Oliver Troncoso" />

O corpo do documento

 <body>  ...  </body>
No elemento body vai todo o contido do documento (a parte que aparece no navegador). O corpo dun documento (X)HTML podería consistir en parágrafos de texto, nun conxunto de imaxes, táboas, obxectos multimedia.
Neste elemento, coa chegada das follas de estilo, existen moitos elementos obsoletos:
Atributos body obsoletos e equivalentes CSS
Atributo body Descrición Estilo equivalente CSS
text="#rrggbb Axusta a cor para todo o texto do documento. body {color: color}
link="#rrggbb" Axusta a cor para os hipervínculos. a:link {color: color}
vlink="#rrggbb" Axusta a cor para os hipervínculos xa visitados. a:visited {color: color}
alink="#rrggbb" Axusta a cor para un hipervínculo cando vai ser usado. a:active {color: color}
bgcolor="#rrggbb" Axusta a cor de fondo para toda a páxina. body {background-color: color}
background="URL" Especifica unha imaxe de fondo da páxina. body {background-image: url (nomearquivo.gif)}


--Vieites

--Arribi 12:10 21 oct 2010 (BST)