Estrutura das canles de contidos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 17:08 25 ene 2013 de Epl (discusión | contribuciones) (Estrutura)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Versións de RSS

A estrutura das canles de contido ou feeds depende da versión de RSS que esteamos a usar. Existen ata 9 versións diferentes de RSS. As máis populares son RSS 0.91, RSS 1.0 e RSS 2.0. As versións RSS 0.91 e RSS 2.0 son máis doadas de entender que RSS 1.0. Con todo, non existe un estándar oficial para RSS.

Sintaxe de RSS

As regras sintácticas de RSS son sinxelas (como en XML) e deben cumprirse de forma estrita:

  • Todos os elementos teñen que pecharse coa correspondente etiqueta.
  • Distínguese entre maiúsculas e minúsculas.
  • Os elementos teñen que estar correctamente aniñados.
  • Os valores dos atributos teñen que ir sempre entre comiñas.

Estrutura

Os documentos RSS usan etiquetas autodescritivas para definir as canles de contido e os seus elementos, tal e como se pode ver no seguinte exemplo:

<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1" ?>

<rss version="2.0">

<channel>

<title>Nome do noso feed</title>

<link>Dirección web na que se atopa o noso RSS</link>

<description>Contido que se vai ofrecer aos usuarios</description>

<item>

<title>Título dun artigo</title>

<link>Ligazón web ao que podemos ir para ampliar esta información</link>

<description>Contido da información</description>

</item>

</channel>

</rss>

Por tanto, unha canle de contido na versión RSS 2.0 ten a seguinte estrutura:

  • Declaración XML. Define a versión XML e a codificación de caracteres usada no documento. No exemplo anterior a versión de XML usada é a 1.0 e o conxunto de caracteres ISO-8859-1 (Latin-1/West European):
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1" ?>


  • Declaración RSS. Identifica que é un documento RSS (neste caso RSS versión 2.0):
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1" ?>

<rss version="2.0">

</rss>


  • Elemento <channel>. Con esta etiqueta creamos unha canle na que introduciremos os contidos que queremos mostrar aos outros usuarios:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1" ?>

<rss version="2.0">

  <channel>

  </channel>

</rss>


  • Elementos obrigatorios. O elemento <channel> ten tres elementos fillo requiridos. Estes tres elementos deben describir a nosa canle RSS en xeral, polo que o Título fará referencia ao nome do noso feed, a Ligazón será a URL do noso sitio web e a Descrición informará ao usuario do tipo de contidos que imos incluír na canle.
    • Título: <title>
    • Ligazón: <link>
    • Descrición: <description>
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1" ?>

<rss version="2.0">

  <channel>

    <title>Nome do noso feed</title>

    <link>Dirección web na que se atopa o noso RSS</link>

    <description>Contido que se vai ofrecer aos usuarios</description>

  </channel>

</rss>


  • Novas da nosa canle. Cada elemento <channel> pode ter un ou varios elementos de tipo <item>. Cada un deles define un artigo ou unha nova do noso feed. No noso exemplo hai un único elemento <item>. Con todo, cada elemento <item> ten tres elementos fillos obrigatorios:
    • Título: <title>
    • Ligazón: <link>
    • Descrición: <description>

Exemplo:

  <item>
    <title>Primeira nova do noso RSS</title>
    <link>http://www.iessanclemente.net/nova1.html</link>
    <description>Información sobre procesos de matrícula curso 2011-2012</description>
  </item>

Tamén se recomenda engadir un <guid> (Globally Unique Identifier) dentro de cada item. Este guid permite aos agregadores RSS determinar se un item cambiou. Cada item na canle RSS ten que ter un GUID diferente.

  <item>
    <title>Primeira nova do noso RSS</title>
    <link>http://www.iessanclemente.net/nova1.html</link>
    <guid>http://www.iessanclemente.net/nova1.html</guid>
    <description>Información sobre procesos de matrícula curso 2011-2012</description>
    <author>pepito@correo.com (Pepe Gutierrez)</author>
  </item>

Ademais, un documento RSS pode ter comentarios que se escriben de xeito análogo a XHTML:

<!-- Isto é un comentario en RSS  -->

Existen ademais outros elementos que son opcionais cando declaramos unha canle que permiten, por exemplo, especificar unha categoría para o feed, o idioma, etc.

Amósase a continuación a representación en árbore da estrutura dun documento RSS 2.0 con todos os seus elementos:

Rss2 tree representation.png

Publicación da canle de contido

Unha vez creado e gardado o documento RSS hai que poñelo accesible desde o noso sitio web. Para iso hai que crear un enlace a el co seguinte código XHTML:

<a type="application/rss+xml" href="canle_de_contido.xml">
<img src="imaxe_que_serve_de_enlace.gif">
</a>

As imaxes que se usan normalmente son as siglas de RSS ou XML:

Rss.gif Xml.gif

Se queremos que os navegadores detecten automaticamente o noso feed RSS teremos que por na páxina índice do noso sitio web o seguinte código:

<link rel="alternate" type="application/rss+xml" title="RSS Feed do noso Sitio Web" 
href="http://www.dominio.com/feed.xml" />

É moi recomendable validar o noso ficheiro RSS antes de publicalo.

Por outra parte, se queremos darlle a máxima publicidade posible ao noso feed convén dalo de alta nos buscadores máis habituais, así como nos directorios de canles de contido.

Desde o punto de vista do posicionamento web as canles RSS ofrécennos varias vantaxes. Unha é que cando se inclúe a información da canle RSS nunha web remota isto proporciona unha ligazón á web orixinal coa correspondente ganancia de PageRank e ranking respecto ao texto da ligazón, que é xeralmente o propio título do contido.