Esquemas de construción de cables serie

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 18:51 2 oct 2017 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Existen infinidade de tipos de cables serie, en función do tipo de conexión e do protocolo que se vaia a impremengar, por tanto necesitaremos acudir normalmente á documentación do fabricante para construír o cable que nos permita conectarnos con un periférico. Tamén hai que poñer especial coidado no tipo de conector, pois os pines da norma non se corresponden entre un conector DB-9 e o conector DB-25.

  • O cable de conexión orixinal utilizouse para conectar un ordenador (DTE - Equipo Terminal de Datos) con un módem externo (DCE - Equipo de Comunicación de Datos), e o seu esquema é o seguinte:
DTE DCE
DB-9 DB-25 Nome Sentido Nome DB-25 DB-9
3 2 TX --------> TX 2 3
2 3 RX <-------- RX 3 2
5 7 SG ---------- SG 7 5
4 20 DTR --------> DTR 20 4
6 6 DSR <-------- DSR 6 6
1 8 CD <-------- CD 8 1
7 4 RTS --------> RTS 4 7
8 5 CTS <-------- CTS 5 8
9 22 RI <-------- RI 22 9


  • Cando se desexa conectar dous DTE entre sí (por exemplo conectar dous ordenadores, ou para conectar un ordenador con un autómata) utilízase un cable denominado null-módem, o nome é así pois trátase de anular o módem (DCE) pois conectaremos os dous DTE directamente mediante un cable sen saír á liña telefónica. Este cable permite simular as sinais do módem CTS/DSR.
Como se observa, as liñas DTR e RTS están realimentadas ás liñas DSR/CD por un lado e CTS por outro. Isto fai que cando o DTE se activa DTR e RTS recibe resposta inmediata de preparado dun DCE que realmente non existe. Este cable non permite coñecer se no outro extremo hai ou non un dispositivo conectado.
DTE DTE
DB-9 DB-25 Nome Sentido Nome DB-25 DB-9
3 2 TX --------> RX 3 2
2 3 RX <-------- TX 2 3
5 7 SG ---------- SG 7 5
4 20 DTR DTR 20 4
6 6 DSR DSR 6 6
1 8 CD CD 8 1
7 4 RTS RTS 4 7
8 5 CTS CTS 5 8
9 22 RI <-------- RI 22 9


  • No cable null-módem 2, que podemos ver na táboa de abaixo, as liñas DTR/DSR e RTS/CTS están cruzadas entre ambos DTE, esto permite que cada DTE saiba se o outro extremo está xa conectado, ademais permite facer un control de fluxo hardware. Cando calquera dos dous DTE activa as liñas RTS/DTR, está informando ó extremo oposto que xa está preparado para transmitir ou recibir datos.

Como se observa, só se utiliza a transmisión nun sentido; utilízase o control de fluxo hardware mediante as liñas DTR/DSR.

Este cable utilízase para conectar un PC polo porto serie á maioría dos autómatas programables da marca Omron.

DTE DTE
DB-9 DB-25 Nome Sentido Nome DB-25 DB-9
3 2 TX --------> RX 3 2
2 3 RX <-------- TX 2 3
5 7 SG ---------- SG 7 5
4 20 DTR --------> DSR 6 6
6 6 DSR <-------- DTR 20 4
1 8 CD CD 8 1
7 4 RTS --------> CTS 5 8
8 5 CTS <-------- RTS 4 7
9 22 RI RI 22 9


  • Para realizar programas de comunicacións cun só ordenador podemos utilizar o cable loopback como o da táboa seguinte. Este cable é un conector que permite que un DTE transmita datos e os reciba polo mesmo porto. Esto é posible porque a UART ten seccións separadas para transmisión e recepción.
DTE
DB-9 DB-25 Nome Cortocircuitar
3 2 TX
2 3 RX
5 7 SG
4 20 DTR
6 6 DSR
1 8 CD
7 4 RTS
8 5 CTS
9 22 RI

-- Volver