Escenario 3.F: Teleporting

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
  • O teleporting é unha funcionalidade de VirtualBox que permite migrar en quente (é dicir, sen ter que apagar a máquina) a execución dunha máquina virtual de un host a outro.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 03 f 2.jpg

  • Aínda que é unha funcionalidade xa incorporada na versión 3.1 de VirtualBox, leva tempo sen funcionar a partir da versión 4 de VirtualBox, pero o erro que impedía a súa execución foi resolto na versión 4.2.18 (Ver a documentación do bug en https://www.virtualbox.org/ticket/9455).
  • Imos facer unha proba desta funcionalidade, e para ilustrar máis o proceso usando un host sobre un S.O. anfitrión Windows e outro Linux.
  • En primeiro lugar teremos que crear as máquinas virtuais coa configuración necesaria para a execución do teleporting e logo seguiremos os pasos requiridos para o proceso.
  • Como o lector se pode imaxinar, a migración da execución en quente dunha MV é un proceso complexo e son necesarias unha serie de condicións para o seu funcionamento:
    • As MVs que se definan nos dous host para facer a migración deben ter as mesmas características (cantidade de RAM, número de tarxetas de rede, etc.)
    • As MVs deben compartir os mesmos dispositivos de almacenamento, así que os discos que utilicen deberán estar conectados por iSCSI ou por CIFS ou NFS nunha unidade de rede accesible dende os dous hosts.
    • A migración tamén pode fallar se as CPUs dos dous hosts son moi diferentes.

Configuración das máquinas virtuais para simular o escenario

Imos ver primeiro como debemos definir as máquinas para poder teleportalas:

Pasos para facer o teleporting

Os pasos para facer a migración son os seguintes:



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --