Escenario 3.E: Acceso a dispositivos iSCSI dende VirtualBox

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Neste escenario imos conectarnos a un destino iSCSI de FreeNAS dende o propio VirtualBox, que implementa tamén un iniciador iSCSI e permite así que unha máquina virtual poida ter un disco que estea conectado a un destino iSCSI:

Nota importante: Para poder implantar este escenario teremos que ter actualizado VirtualBox á versión 4.3.18 publicada recentemente, xa que como se pode comprobar neste enlace dende a versión 4.3.12 hai un bug que provoca erros ao conectar destinos iSCSI.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 03e.jpg

Enlazar un disco dunha MV con un destino iSCSI

Simplemente utilizaremos o comando VBoxManage para engadir á unha máquina un novo disco duro enlazado ao destino iSCSI disco1 que definimos en FreeNAS:

Escenario 3.F: Servidor de virtualización cos discos das máquinas almacenados por iSCSI

Con todo o visto, seguro que ao lector pódeselle ocorrer unha posible modificación do Escenario 2.G: Configuración dun servidor de virtualización con VirtualBox en Debian, na que instalando un servidor FreeNAS sobre un equipo real, poderíamos almacenar por iSCSI todos os discos das máquinas sobre o servidor FreeNAS, separando así totalmente o sistema de procesamento do de almacenamento dos datos:

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 03f.jpg

Para acadar un maior rendemento, sería preferible utilizar un switch unicamente para as conexións iSCSI (formando así unha SAN) e outro para a conexión a Internet ou outras conexións da LAN, pero neste caso omitiuse a súa inclusión para non complicar en exceso o esquema.

Coa alternativa que se propón neste esquema, sería moi sinxelo replicar o equipo virtserver: simplemente habería que instalar un Debian con VirtualBox e rexistrar as definicións das máquinas. E desta forma, ante calquera problema no hardware de virtserver poderíamos executar as máquinas utilizando o servidor de réplica.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --