https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Escenario_3.E:_Acceso_a_dispositivos_iSCSI_dende_VirtualBox&feed=atom&action=historyEscenario 3.E: Acceso a dispositivos iSCSI dende VirtualBox - Historial de revisiones2024-03-29T10:05:25ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Escenario_3.E:_Acceso_a_dispositivos_iSCSI_dende_VirtualBox&diff=49515&oldid=prevAntonio en 22:12 16 oct 20142014-10-16T22:12:55Z

Página nueva

Neste escenario imos conectarnos a un destino iSCSI de FreeNAS dende o propio VirtualBox, que implementa tamén un iniciador iSCSI e permite así que unha máquina virtual poida ter un disco que estea conectado a un destino iSCSI:

'''Nota importante:''' Para poder implantar este escenario teremos que ter actualizado VirtualBox á versión 4.3.18 publicada recentemente, xa que como se pode comprobar neste [https://www.virtualbox.org/ticket/13386 enlace] dende a versión 4.3.12 hai un bug que provoca erros ao conectar destinos iSCSI.

[[Image:00_Servizos_Virtualizacion_Escenarios_Semana_03e.jpg|500px]]

== Enlazar un disco dunha MV con un destino iSCSI ==

Simplemente utilizaremos o comando '''VBoxManage''' para engadir á unha máquina un novo disco duro enlazado ao destino iSCSI ''disco1'' que definimos en FreeNAS:

<gallery caption="Enlazar un disco dunha MV con un destino iSCSI" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Sv_2013_iscsi_vbox_01.png| Imos engadir o disco á máquina ''wclient''. Executamos o comando '''VBoxManage storageattach "wclient" --storagectl SATA --port 2 --type hdd --medium iscsi --server 10.0.0.100 --target iqn.2014-01.ga.cursosv.istg:disco1 --username cursosv --password abc123456789.'''

Image:Sv_2013_iscsi_vbox_02.jpg| Vemos na configuración da máquina o disco engadido.

Image:Sv_2013_iscsi_vbox_03.jpg| Vista da localización do disco na árbore de almacenamento da máquina.

Image:Sv_2013_iscsi_vbox_04.jpg| Arrancamos o equipo, e para o sistema convidado este é un disco local, é totalmente descoñecedor de que por debaixo hai un disco iSCSI.

</gallery>

== Escenario 3.F: Servidor de virtualización cos discos das máquinas almacenados por iSCSI ==

Con todo o visto, seguro que ao lector pódeselle ocorrer unha posible modificación do [[Escenario 2.G: Configuración dun servidor de virtualización con VirtualBox en Debian]], na que instalando un servidor FreeNAS sobre un equipo real, poderíamos almacenar por iSCSI todos os discos das máquinas sobre o servidor FreeNAS, separando así totalmente o sistema de procesamento do de almacenamento dos datos:

[[Image:00_Servizos_Virtualizacion_Escenarios_Semana_03f.jpg|500px]]

Para acadar un maior rendemento, sería preferible utilizar un switch unicamente para as conexións iSCSI (formando así unha SAN) e outro para a conexión a Internet ou outras conexións da LAN, pero neste caso omitiuse a súa inclusión para non complicar en exceso o esquema.

Coa alternativa que se propón neste esquema, sería moi sinxelo replicar o equipo ''virtserver'': simplemente habería que instalar un Debian con VirtualBox e rexistrar as definicións das máquinas. E desta forma, ante calquera problema no hardware de ''virtserver'' poderíamos executar as máquinas utilizando o servidor de réplica.

-- [[Usuario:Antonio|Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion|Carlos Carrión Álvarez]] --
Antonio