Escenario 2.C: Rede interna

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 17:51 2 oct 2016 de Carrion (discusión | contribs.) (→‎Introdución)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 C.jpg

Introdución

  • Este escenario é semellante ao anterior (2.B), salvo en que o switch ficticio que monta VirtualBox só interconecta ás MVs entre elas, pero non con ningún dispositivo máis.
  • Este escenario é idóneo para prácticas en clase nas que non se desexa que as MV NON teñan acceso á LAN/Internet pero si entre elas e ademais que cada alumno teña as mesmas IPs nas MVs que o compañeiro. Tampouco pasará nada neste caso se dous alumnos teñen máquinas coas mesmas MACs, xa que están en LANs totalmente illadas (e así ao propagar as máquinas evitamos os problemas que provoca o cambio de MAC da tarxeta nos equipos Linux).

Configuración do adaptador de rede das MV

  • Configurar o adaptador 1 de wclient e uclient en modo Rede Interna.
  • No campo de nome da rede interna, deixaremos o que vén por defecto, que é intnet. O valor deste parámetro permítenos crear distintas redes internas que non teñen conexión entre elas. Pénsese que será como que VirtualBox crease un switch ficticio diferente para cada rede interna que nos definamos. Neste caso, só teremos un switch para a rede intnet:

Simulacion Redes rede 86.jpeg

Configuración IP do equipo host

  • Neste caso saber esta configuración non vai valer de nada, pois entre as MVs e o Host non vai haber comunicación.
  • Aos equipos virtuais, neste caso, imos asinarlle IPs dentro da rede-IP 10.0.0.0/8. Neste caso imos asinar as IPs 10.0.0.130/8 e 10.0.0.140/8 (por manter as direccións IP do escenario anterior, pero poderíamos coller a rede que quixésemos, xa que agora non ten porque coincidir coa rede do host).
  • O usuario debe asegurarse que a IP que asigna ás MV non choquen entre elas, pero poden ter as mesmas IPs que calquera outro dispositivo da LAN, pois o switch ficticio só interconecta ás MVs entre elas e non con ningún dispositivo máis.

S.O. Windows en MV en modo rede interna

Para wclient mantense a mesma IP que se usou no anterior escenario: en modo ponte.


S.O. Ubuntu en MV en modo rede interna

Para uclient mantense a mesma IP que se usou no anterior escenario: en modo ponte.


Conectividade das MVs e do Host

Conectividade dende wclient

Conectividade dende uclient

Conectividade dende o host

  • Hai conexión dende o host a uclient e wclient?


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --