Diferencia entre revisiones de «Escenario 1.D - Configuración de DNS dinámico: DDNS»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 10:54 1 oct 2017

Introdución

  • Sería interesante que o servidor DHCP actualizase no servidor DNS as concesións que vai ofrecendo, tanto na zona de busca directa iescalquera.local como na zona de busca inversa 5.16.172.in-addr.arpa.
  • Nesta sección configurarase dserver00 para que o servizo DHCP actualice automaticamente no servizo DNS as concesións de IP que vai realizando e a quen.


  • A seguinte imaxe amosa o escenario a implantar. Séguense conservando todas as funcionalidades dos escenarios anteriores, pero por non sobrecargar a imaxe imos deixala só co que afecta a este escenario.

00 Dominios Linux Escenarios parte 01 D.jpg

  • Para que o servizo DHCP poida actualizar no servizo DNS precisamos xerar unha chave secreta que compartan os dous servizos para que o servizo DNS confíe no servizo DHCP que está tratando de introducir rexistros nas súas zonas.


Configuración de DDNS no servidor

  • Comezaremos creando unha chave secreta.
  • Asignaremos esa chave as zonas DNS e ao servizo DHCP.
  • Como sempre ao servidor dserver00 conectámonos dende ssh/putty para poder copiar/pegar dun xeito máis sinxelo.
include "/etc/bind/ddns.key";

zone iescalquera.local. {
        primary 172.16.5.10;
        key CHAVE-DDNS;
}

zone 5.16.172.in-addr.arpa. {
        primary 172.16.5.10;
        key CHAVE-DDNS;
}

Configuración no cliente

  • No cliente non hai moito que facer, salvo volver renovar a concesión da IP para que o servizo DHCP comece a actualizar no servizo DDNS.

Efectos das actualizacións no servidor

  • Imos ver que se esconde detrás desas actualizacións automáticas do servizo DHCP no servizo DDNS.


Instantáneas do escenario 1.D

  • Ao igual que se fixo nos escenarios anteriores imos crear unha instantánea no servidor dserver00 e no cliente uclient02.

Dl 2014 ddns 19.jpeg

  • A imaxe amosa a instantánea en uclient02, realizar o mesmo en dserver00. Nunca se sabe se precisaremos volver atrás.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --