Diferencia entre revisiones de «Escenario 1.B - Instalación e configuración do servizo de DNS»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 06:35 25 oct 2017

Introdución

  • Neste escenario tratarase de configurar o servidor dserver00 como servidor de DNS.

00 Dominios Linux Escenarios parte 01 B.jpg

  • dserver00 actuará como servidor DNS de modo que os clientes da rede poderán consultarlle a el polas resolucións de nomes tanto para os do dominio local (iescalquera.local) como por nomes do exterior.
  • dserver00 preguntará aos servidores raíz que están no exterior por aqueles nomes de dominio que non xestione el, por exemplo cesga.es.
  • Nesta ocasión crearemos en dserver00 a zona de busca directa de DNS iescalquera.local e a inversa asociada á rede IP 172.16.5./24.
  • A configuración cliente DNS para todo equipo da LAN apuntará á IP deste novo servidor DNS.
  • IMPORTANTE: para manter a compatibilidade na parte III con SAMBA o nome de dominio non debe exceder os 15 caracteres (Neste caso iescalquera ten 11).


Introdución ao servizo DNS

O Sistema de Nomes de Dominio (DNS) é un sistema de nomes xerárquico que nos permite identificar calquera recurso existente nunha rede. Un nome de dominio completo (tamén chamado FQDN, Fully Qualified Domain Name) consiste en dúas ou máis etiquetas separadas por puntos:

  • A etiqueta situada máis ao final é o dominio de nivel superior ou TLD (Top Level Domain) e pode indicar a finalidade do dominio ou o país (como .org, .net, .es, .pt, etc.).
  • A partir do TLD, as distintas etiquetas que van á esquerda indican distintos subdominios de forma xerárquica, uns dentro de outros.
  • A etiqueta da situada máis á esquerda (a primeira) indica o nome da máquina.

Por exemplo, como se pode ver na imaxe, o FQDN es.wikipedia.org fai referencia á máquina es dentro do dominio wikipedia, que á súa vez está dentro do dominio org. Este último dominio tamén está dentro do dominio ., que é o dominio raíz.

800px-DNS arbol.svg.png


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...

Introdución ao xestor de servizos systemd

  • No material usaránse as 2 formas de manexar os servizos:
    • As capturas de pantallas que proceden de versións anteriores de Debian usan: service.
    • Aquelas capturas de pantalla que houbo que actualizar usan: systemctl

Instalación e configuración do servizo DNS

  • Para facilitar a configuración do servidor dserver00 imos conectarnos por ssh/putty dende o equipo real a ese servidor, así poderemos copiar/pegar contidos da web máis facilmente ou copiar configuracións do mesmo servidor ao exterior máis facilmente.
  • As pantallas con fondo branco son configuracións no servidor.
  • As pantallas con fondo negro son configuracións no cliente.


Creación das zonas directa e inversa

  • A continuación imos crear dúas zonas:
    • Directa: para a resolución dos nomes a IPs dos equipos do dominio iescalquera.local.
    • Inversa: para a resolución de IPs a nomes de equipos para a rede IP 172.16.5.


  • A continuación amósase ás liñas que se engadiron ao ficheiro:
zone "iescalquera.local" {
        type master;
        file "db.iescalquera.local";
};

zone "5.16.172.in-addr.arpa" {
        type master;
        file "db.172.16.5";
};



  • Ficheiro de configuración da zona iescalquera.local: /var/cache/bind/db.iescalquera.local
 
$TTL 86400	
@	IN SOA	iescalquera.local. root.iescalquera.local. (
				1          ; serial
				604800     ; refresh
				86400      ; retry 
				2419200    ; expire
				86400      ; minimum 
				)
;
@	IN		NS	ns.iescalquera.local.
ns			A	172.16.5.10; IP do servidor DNS
dserver00		A	172.16.5.10
uclient01		A	172.16.5.20
  • Ficheiro de configuración da zona 5.16.172.in-addr.arpa: /var/cache/bind/db.172.16.5
$TTL 86400
@	IN SOA	iescalquera.local. root.iescalquera.local. (
				1          ; serial
				604800     ; refresh
				86400      ; retry
				2419200    ; expire
				86400      ; minimum
				)
;
@	IN		NS	ns.iescalquera.local.
10			PTR	ns.iescalquera.local.
			PTR	dserver00.iescalquera.local.
20			PTR	uclient01.iescalquera.local.


  • Agora co comando named-checkzone imos comprobar que os ficheiros non teñen erros de sintaxe.

Configuración cliente DNS

Configuración DNS cliente no servidor dserver00

  • O servidor DNS, dserver00, tamén é un cliente DNS pois os programas que se conecten a Internet precisan pasar nomes de dominio a IPs.
  • Por tanto imos configurar a parte cliente DNS do servidor dserver00

Configuración DNS no cliente uclient01

  • Agora tócalle a quenda ao equipo Ubuntu: uclient01.

Instantáneas do escenario 1.B

  • Ao igual que se fixo no escenario 1.A imos crear unha instantánea no servidor dserver00 e no cliente uclient01. Nunca se sabe se precisaremos volver atrás.

Dl 2014 dns 42.jpeg


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --