Enrotamento básico con Linux

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:31 28 mar 2016 de Antonio (discusión | contribuciones) (Configuración do servizo de routing sobre NAT)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Imos crear un escenario que faga uso dun router, implantado cunha MV, que permite dar saída a internet ás demais MVs e ademais así cada MV só precisa ter un adaptador, conectado a unha rede interna.
  • Preténdese instalar e configurar un router en Debian, de xeito que este faga de pasarela para os equipos da rede interna (wserver, dserver, wclient, uclient, etc).
00 Simulacion Redes Escenarios Parte6 2.jpg


  • Este equipo, como router, terá 2 interfaces:
    • Interface LAN: para poder comunicarse cos equipos da LAN e viceversa. A IP desta interface será a porta de enlace que deberá configurar todo cliente da LAN.
    • Interface WAN: co que este equipo se vai comunicar co exterior. Ademais cando se configure o servizo de routing vaise configurar NAT nesta interface, para que calquera solicitude de conexión co exterior que parta dos equipos da LAN sexa transformada cara o exterior como se fora este equipo (drouter) que a fixera. Ao recibir a resposta do exterior vaise encargar de enviarlla ao equipo da LAN que iniciou a conexión.



Aprende.png
PODES CONSULTAR...


Para revisar e afondar no coñecemento sobre NAT pódese consultar:


  • Antes de comezar a implantar o escenario, obsérvese que só se vai configurar drouter e uclient, os demais equipos enténdese que o usuario sería quen de configuralos, pero irase facendo pouco a pouco cando se precisen.

Preparativos da MV drouter

  • Antes de configurar o servizo de routing vaise configurar a MV que o implantará:
    • Clonar a MV Debian, que teña xa o servizo de ssh e o Webmin instalado.
      • Nome MV: drouter.
    • Facer unha instantánea.

Preparativos S.O. drouter

  • Antes de instalar o servizo de routing, configuraranse as interfaces de rede.

Configuración do servizo de routing sobre NAT

  • En Linux, o protocolo NAT configúrase como unha regra dentro do servizo do Firewall. Para poder configurar este servizo de forma sinxela, instalaremos a aplicación shorewall. Webmin inclúe un módulo que nos permitirá configurar de forma gráfica todo o comportamento do Firewall e do procolo NAT.

Configurar a porta de enlace dun cliente da LAN

  • Para mostar a configuración da porta de enlace nun cliente da LAN vaise escoller a MV uclient; nos demais equipos a filosofía sería a mesma.

Probas de conectividade

  • Para comprobar que todo está correcto pódense facer pings entre os distintos equipos do escenario.
  • Neste caso vanse amosar exemplos de conectividade realizados dende uclient e que en moitos casos teñen que atravesar drouter.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --