Diferencia entre revisiones de «Engadir un equipo cliente ao dominio»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 17:29 18 mar 2011

Como engadir un equipo cliente no dominio

Para engadir un equipo cliente (con Windows) no dominio samba seguiremos os mesmos pasos que debemos seguir para engadir o equipo a un dominio Windows:

  • Iniciamos sesión no equipo cliente con un usuario administrador.
  • Accedemos á ventá de Sistema do Panel de control (Tamén podemos picar co botón dereito sobre Mi PC ou Equipo e seleccionar Propiedades).
  • Picamos na opción para cambiar o dominio ao que pertence o equipo e poñemos o nome do noso dominio (ollo, o nome de NetBIOS, o mesmo que puxemos no parámetro WORKGROUP no ficheiro de configuración do servidor samba, sen ter en conta as maiúsculas e minúsculas).
  • Pedirásenos un usuario e un contrasinal, e introduciremos root e o contrasinal samba do usuario root.


Introducir un equipo Windows 7 no dominio:
A versión do servidor samba debe ser 3.3.7 ou superior (nós temos a 3.4.0) e hai que meter dous valores no rexistro de Windows antes de meter o equipo no dominio:
[HKEY_LOCAL_MACHINE\SYSTEM\CurrentControlSet\services\LanmanWorkstation\Parameters]
"DomainCompatibilityMode"=dword:00000001
"DNSNameResolutionRequired"=dword:00000000
Cando metamos o equipo no dominio obteremos o erro que se mostra na imaxe, pero funciona correctamente.
O proceso está documentado na web de samba en http://wiki.samba.org/index.php/Windows7


Podemos comprobar que no servidor LDAP creouse automaticamente a conta de máquina para o equipo:

Platega U910 Server Meter Winxp Dominio2.png


Utilizar un usuario distinto de root para engadir equipos no dominio

O usuario root non é o único que podemos utilizar para introducir equipos cliente dentro do dominio. De feito, calquera usuario samba poderá facelo se está incluído nos grupos Administrators e Domain Admins, como por exemplo, este usuario creado co webmin:

Platega U910 Server Crear Usuario Administrador.png


Iniciar sesión no equipo cliente con un usuario do dominio

Unha vez introducido o equipo no dominio, poderemos iniciar sesión con calquera usuario que teña conta de samba:



Como temos configurado o servidor samba para que os usuarios teñan a súa carpeta persoal e perfil en carpetas compartidas no servidor, pero estas carpetas aínda non están compartidas, no inicio de sesión veremos erros como este:

Platega U910 Server Inicio Sesion Dominio2.png


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez