EditText. Control de eventos I

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 08:46 28 jul 2015 de Angelfg (discusión | contribuciones) (Introdución)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • O control EditText serve para introducir e editar texto por parte do usuario dunha aplicación Android.
  • Este control é unha subclase da clase TextView que se viu anteriormente.

00 Part of Android View Hierarchy.png


  • A forma de engadir un EditText en XML nun layout é a través do compoñente: <EditText/>
  • Unha propiedade importante é: android:inputType
    • Permitirá que so se introduzan números, texto, passwords, teléfonos, etc.
    • Tamén indicará se o control é dunha soa liña ou multiliña.
    • Facer que non autocomplete as palabras, etc.
  • Ademais permiten copiar, cortar e pegar.

00 edittext-noextract.png

  • Cando se entra nun cadro de texto, nun dispositivo que non teña teclado físico conectado, abrirase en pantalla un teclado virtual (tamén chamado lixeiro/soft) que se adaptará á propiedade android:inputType como veremos a continuación.
  • Finalmente a tecla Enter no teclado virtual poder realizar distintas accións, ben por defecto ou ben explicitamente coa propiedade android:imeOptions (IME: Input Method Editor)



  • IMPORTANTE: Se se vai usar un AVD imos desactivar o teclado hardware para que cando premamos nun cadro de texto nos apareza o teclado virtual.

Lembrar que na imaxe aparece unha API 18 pero nos estamos traballando cunha API 16.

Android 2013 U2 08 EditText 01.jpg

  • Desactivar o teclado por hardware

Casos prácticos

  • Comezamos creando un proxecto no que realizar as probas: U2_08_EditText


Distintos tipos de datos: a propiedade android:inputType

  • A imaxe amosa un AVD con distintos tipos de campos, e cunha lenda interior indicando que tipo de dato hai que introducir nese campo.

Android 2013 U2 08 EditText 02.jpg

  • O layout xml que define esa pantalla é o seguinte. Observar como sempre as liñas marcadas.
 1 <LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 2     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 3     android:layout_width="match_parent"
 4     android:layout_height="match_parent"
 5     android:orientation="vertical" >
 6 
 7     <EditText
 8         android:layout_width="match_parent"
 9         android:layout_height="wrap_content"
10         android:hint="Escribe un número enteiro"
11         android:inputType="numberSigned" />
12 
13     <EditText
14         android:layout_width="match_parent"
15         android:layout_height="wrap_content"
16         android:hint="Escribe un número decimal"
17         android:inputType="numberSigned|numberDecimal" />
18 
19     <EditText
20         android:layout_width="match_parent"
21         android:layout_height="wrap_content"
22         android:hint="Escribe palabras...(saíra a 1ª letra en maísculas)"
23         android:inputType="textCapWords|textMultiLine" />
24 
25     <EditText
26         android:layout_width="match_parent"
27         android:layout_height="wrap_content"
28         android:hint="Enderezo e-mail. Esta línea sae por fóra da pantalla"
29         android:inputType="textEmailAddress" />
30 
31     <EditText
32         android:layout_width="match_parent"
33         android:layout_height="wrap_content"
34         android:hint="Escribe a clave."
35         android:inputType="textPassword" />
36 
37 </LinearLayout>
  • Propiedade android:hint: indica o texto que se vai amosar no control cando este está baleiro.
  • Propiedade android:inputType: indica o tipo de datos que se poden introducir no campo.
    • Se non se pon a propiedade, o campo acepta toda combinación de caracteres.
    • Pódense combinar os filtros facendo uso de "|".
  • Obviamente os valores dos Hints é mellor telos declarados en constantes en recursos XML.


  • Lanzamos a aplicación nun AVD sen botonera hardware.
  • 'NOTA Edición 2015: No caso de usar un AVD con API 21, o botón Next é substituído por ">", o botón Done (Feito) por unha marca de verificación.

Control de eventos no teclado virtual. Distintas accións da tecla "Enter": android:imeOptions

  • A tecla Enter no teclado virtual pode realizar unha serie de accións:
    • Por defecto:
      • o sistema determina se existe outro elemento ao que poida ir o foco, nese caso a función da tecla é Next.
      • Se non o atopa a acción da tecla é Done.
      • Salvo nalgúns inputType como por exemplo o multiliña.
    • Podemos asignar explicitamente que acción se desexa que se leve a cabo cada caixa de texto. Para iso está o atributo android:imeOptions.
      • Que dun campo vaia ao anterior, que envíe o texto, que busque o texto, etc. En referencias está un enlace ás posibles accións.
  • O seguinte XML vai e a mesma pantalla anterior, só que as accións da tecla Enter para algúns EditText foi cambiada. Observar as accións definidas nas liñas marcadas.
 1 <LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 2     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 3     android:layout_width="match_parent"
 4     android:layout_height="match_parent"
 5     android:orientation="vertical" >
 6 
 7     <EditText
 8         android:layout_width="match_parent"
 9         android:layout_height="wrap_content"
10         android:hint="Escribe un número enteiro"
11         android:imeOptions="actionDone"
12         android:inputType="numberSigned" />
13 
14     <EditText
15         android:layout_width="match_parent"
16         android:layout_height="wrap_content"
17         android:hint="Escribe un número decimal"
18         android:imeOptions="actionPrevious"
19         android:inputType="numberSigned|numberDecimal" />
20 
21     <EditText
22         android:layout_width="match_parent"
23         android:layout_height="wrap_content"
24         android:hint="Escribe palabras...(saíra a 1ª letra en maísculas)"
25         android:inputType="textCapWords|textMultiLine" />
26 
27     <EditText
28         android:id="@+id/et_mail"
29         android:layout_width="match_parent"
30         android:layout_height="wrap_content"
31         android:hint="Enderezo e-mail. Esta línea sae por fóra da pantalla"
32         android:imeOptions="actionSend"
33         android:inputType="textEmailAddress" />
34 
35     <EditText
36         android:layout_width="match_parent"
37         android:layout_height="wrap_content"
38         android:hint="Escribe a clave."
39         android:inputType="textPassword" />
40 
41 </LinearLayout>




  • Codificación en Java que captura a acción actionSend dun campo de texto (email) e o que fai e recoller o texto desa caixa de texto, o e-mail, e volver a imprimir unha mensaxe nesa mesma caixa de texto.
 1 package com.example.u2_08_edittext;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.os.Bundle;
 5 import android.view.KeyEvent;
 6 import android.view.Menu;
 7 import android.view.inputmethod.EditorInfo;
 8 import android.widget.EditText;
 9 import android.widget.TextView;
10 import android.widget.TextView.OnEditorActionListener;
11 
12 public class U2_08_EditText extends Activity {
13 
14 	@Override
15 	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
16 		super.onCreate(savedInstanceState);
17 		setContentView(R.layout.activity_u2_08_edit_text);
18 		
19 		
20 		final EditText etMail = (EditText) findViewById(R.id.et_mail);
21 
22 		etMail.setOnEditorActionListener(new OnEditorActionListener() {
23 		    @Override
24 		    public boolean onEditorAction(TextView v, int actionId, KeyEvent event) {
25 		        boolean handled = false;
26 		        if (actionId == EditorInfo.IME_ACTION_SEND) {
27 		            v.setText("Mensaxe enviada a: "+v.getText());
28    			    //etMail.setText("Mensaxe enviada a: " + etMail.getText());        
29 		            handled = true;
30 		        }
31 		        
32 		        return handled;
33 		    }
34 		});
35 		
36 	}
37 
38 	@Override
39 	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
40 		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
41 		getMenuInflater().inflate(R.menu.u2_08__edit_text, menu);
42 		return true;
43 	}
44 
45 }
  • Liña 20: creamos un obxecto (etMail) que apunta ao EditText no que se introduce o mail.
  • Liña 22 - 33: chamamos a método Listener (escoitador) (que veremos máis adiante) do obxecto etMail: setOnEditorActionListener ()
    • Ese método será chamado cando se realice unha acción nun TextView
    • Lembrar que un EditText é unha subclase de TextView
    • Por exemplo, cando se prema unha tecla ou cando haxa unha acción IME seleccionada polo usuario.
    • Como parámetro váiselle pasar a creación dunha clase anónima que implementa unha interface (OnEditorActionListener) para a cal hai que sobreescribir o único método que ten a interface (onEditorAction()).


  • Liñas 24-29: sobreescritura do método OnEditorAction() no que se reciben 3 parámetros:
    • O TextView que xerou o evento (v). Neste caso a caixa de texto do mail
    • O ID da acción enviada
    • E se o evento foi xerado pola tecla Enter ou non (event).
    • Comprobamos se o ID da acción é o SEND, nese caso modificamos o contido da caixa de texto do mail.


  • Liña 28: realiza a mesma función ca 27. Lembrar que v é un TextView que apunta á caixa de edición do mail e que etMail é un EditText que apunta ao mesmo elemento.


  • Para que o IDE nos cre a clase anónima:
    • Escribir a chamada ao método (ollo ; final incluído): etMail.setOnEditorActionListener( );
    • Escribir new entre os paréntesis: etMail.setOnEditorActionListener(new );
    • Premer CTRL+Barra espaciadora e xa o sistema completa todo o demais.
    • Logo só queda poñer o noso código no método a sobreescribir.


  • Lembrar premer SHIFT+CTRL+O para importar os paquetes correspondentes.





-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).