Diferencia entre revisiones de «Discos duros»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 01:14 9 ene 2019

Chámase disco duro ou disco ríxido (en inglés hard disk, abreviado con frecuencia HD ou HDD) ao dispositivo encargado de almacenar información de forma permanente nunha computadora.

Hoxe en día hai dous tipos de discos duros ben diferenciados pola súa tecnoloxía. Por un lado, os máis antigos que empregan un sistema de gravación magnética dixital. Este tipo de discos están formados no seu interior por unha serie de pratos metálicos xirando a grande velocidade. Sobre estes pratos se sitúan os cabezais encargados de ler ou escribir os impulsos magnéticos. Como podemos ver no apartado conectores para dispositivos de almacenamento masivo das placas base, hai distintos estándares á hora de comunicar un disco duro de prato xiratorio coa computadora, sendo os mais empregados: os IDE, SCSI e SATA.

Evolución da capacidade e prezo dos discos duros de prato xiratorio
Ano Capacidade máxima Prezo máis baixo
1.982 5 - 10 MB 200 $/MB
2.009 1,5 TB 0,1 $/GB
2.010 3 TB 0,06 $/GB
2.013 6 TB 0,045 $/GB
2.014 10 TB 0,03 $/GB
2.015 10 TB 0,033 $/GB
2.016 10 TB 0,035 $/GB
2.017 12 TB 0,028 $/GB
2.018 15 TB 0,028 $/GB

Fai uns anos, apareceron en escea os discos duros de estado sólido (SSD - Solid-State Drives). Son discos fabricados coa mesma tecnoloxía das memorias Flash, polo que teñen de vantaxes: menor consumo, máis velocidade, máis horas de funcionamento sen avarías pola inexistencia de partes móbiles e que producen menos ruído. En contra teñen ainda un alto prezo por GB:

Evolución da capacidade e prezo dos discos duros SSD
Ano Capacidade máxima Prezo máis baixo
2.011 160 GB 1,4 $/GB
2.013 750 GB 0,75 $/GB
2.014 8 TB 0,5 $/GB
2.015 16 TB 0,27 $/GB
2.016 60 TB 0,29 $/GB
2.017 60 TB 0,27 $/GB
2.018 100 TB 0,1 $/GB

Para portátiles de alta gama [xa se están a cambiar] totalmente de discos de prato xiratorio a discos SSD.

  1. Estrutura físico/funcional dos discos duros (de prato xiratorio).
  2. Discos duros SSD.
  3. Lifespan - Esperanza de vida dos discos duros
  4. DAS, NAS e SAN.
  5. Sistemas RAID.
  6. Particionamento dos discos duros.
  7. Aplicacións interesantes para traballar cós discos duros.
  8. Principais fabricantes de discos duros.


-- Volver