https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Descarga_e_instalaci%C3%B3n_de_Debian:_dbase&feed=atom&action=historyDescarga e instalación de Debian: dbase - Historial de revisiones2024-03-29T15:48:21ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Descarga_e_instalaci%C3%B3n_de_Debian:_dbase&diff=62473&oldid=prevCarrion: /* Preparación sistema base Debian */2017-09-30T15:15:59Z
Preparación sistema base Debian

Página nueva

==Introdución==

*Vaise traballar coa versión '''Stable''' de Debian de 64 bits.

*No seguinte enlace: https://www.debian.org/distrib/index.es.html pódese descargar unha imaxe ISO:

**'''Pequena''': só descarga CD co xusto para logo conectarse á rede e descargar dende os repositorios de internet os paquetes de instalación.

**'''Completa''': Pode ser varios CDs ou DVDs, con descargar o primeiro xa é suficiente, pois logo configurase para que unha vez instalado o sistema descargue os paquetes dende os repositorios de internet.

**Aínda que o usuario pode escoller a opción que máis desexe, '''recomendamos descargar o DVD número 1''' (https://www.debian.org/CD/http-ftp/).

*Como xa se indicou vaise traballar con '''VirtualBox''', pero se alguén desexa traballar nun equipo real pode pasar a imaxe ISO a:

**CD/DVD: no seguinte enlace de Ubuntu explican como facelo en 3 Sistemas Operativos (Ubuntu, Windows ou macOS): http://www.ubuntu.com/download/desktop/

**USB: en calquera SO pódese usar: '''UNetbootin''': http://unetbootin.sourceforge.net/.

== Creación da máquina virtual ==

*Imos crear primeiro unha '''MV Debian Base''', para logo clonar a partir dela outras MVs, ou volver a unha instalación limpa en caso de que se estragara unha das MVs coas que se está a traballar.

<gallery caption="Creación da máquina virtual" widths="350" heights="250px" perrow="2">

Image:Dl_2014_inst_debian_01.jpeg| Picamos na opción de "Nova máquina" e no primeiro paso do asistente introducimos o nome para a máquina ('''dbase''') e seleccionamos o tipo de sistema operativo

Image:Dl_2014_inst_debian_02.jpeg| Establecemos o tamaño da RAM a 512 MB. Logo poderemos comprobar efectivamente que se non utilizamos o contorno gráfico o consumo de memoria do sistema é moi baixo, pero a RAM necesaria dependerá dos servizos que logo configuremos no sistema convidado (aínda que é moi sinxelo [[Cambiar os parámetros dunha MV|modificar este parámetro]] se fose necesario despois).

Image:Dl_2014_inst_debian_03.jpeg| Creamos un disco duro virtual para a máquina ...

Image:Dl_2014_inst_debian_04.jpeg| establecendo un tamaño de 20 GB, neste caso (seleccionaremos que o espazo de almacenamento se reserve dinamicamente, aínda que se a nosa intención fora optimizar o rendemento deste servidor virtualizado interesaríanos definir o disco como de tamaño fixo en lugar de expansión dinámica, xa que a velocidade de acceso é algo maior).
Recórdese que ao non indicar en que carpeta se debe almacenar o disco, este gardarase na carpeta predeterminada de máquinas configurada nos [[Parámetros de configuración de VirtualBox| parámetros de configuración de VirtualBox]].

Image:Dl_2014_inst_debian_05.jpeg| Unha vez creada a MV editar o '''adaptador de rede 1''' para configurar a '''Rede NAT''' e que use a rede configurada no paso anterior.

</gallery>

== Instalación do Sistema Operativo ==

Amósanse a continuación os pasos básicos para facer unha instalación de Debian como sistema operativo convidado. Obviamente, en cada caso, dependendo dos obxectivos do sistema, as características que se seleccionen durante o proceso de instalación poderían ser diferentes ás que aquí se mostran:

<gallery caption="Instalación de Debian" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Dl_2014_inst_debian_06.jpeg| Iniciamos a máquina e xa se nos vai pedir o disco para iniciala. Seleccionamos a imaxe ISO descargada para a instalación e prememos en '''Iniciar'''.

Image:Dl_2014_inst_debian_07.jpeg| Escollemos a opción '''Install'''. ''Ollo que a orde dos menús pode cambiar dunha versión a outra.

Image:Dl_2014_inst_debian_08.jpeg| Seleccionamos o idioma. Galego neste caso. Pódese escoller o que se desexe.

Image:Dl_2014_inst_debian_09.jpeg| localización horaria (España),

Image:Dl_2014_inst_debian_10.jpeg| e a disposición do teclado (Español).

Image:Dl_2014_inst_debian_11.jpeg| Como non temos servidor DHCP na rede, ...

Image:Dl_2014_inst_debian_12.jpeg| vai fallar a configuración automática.

Image:Dl_2014_inst_debian_13.jpeg| Configuramos a rede manualmente.

Image:Dl_2014_inst_debian_14.jpeg| IP: 172.16.5.2

Image:Dl_2014_inst_debian_15.jpeg| Máscara: 255.255.255.0

Image:Dl_2014_inst_debian_16.jpeg| Pasarela: 172.16.5.1 (O host ou equipo físico que actúa de router)

Image:Dl_2014_inst_debian_17.jpeg| DNS: 172.16.5.1 (E tamén actúa de servidor DNS).
'''IMPORTANTE:''' Se no momento de descargar os repositorios, uns pasos máis adiante, este paso fallara, volver a este paso e revisar que todo estea correcto ou poñer outro servidor DNS, por exemplo, un dos de Google: 8.8.8.8.

Image:Dl_2014_inst_debian_18.jpeg| Agora introducimos o nome que vai ter a máquina ('''dbase'''). En Linux, este nome non ten gran importancia, xa que só ten efecto para o propio equipo, pois na rede o equipo vaise identificar ou ben pola dirección IP ou ben por un nome de DNS.

Image:Dl_2014_inst_debian_19.jpeg| Por agora non poñemos o nome do dominio no que estará incluído o equipo.

Image:Dl_2014_inst_debian_20.jpeg| Establecemos o contrasinal para o usuario ''root'', que neste caso será ''abc123.'' (incluíndo o punto).

Image:Dl_2014_inst_debian_21.jpeg| Repetimos o contrasinal para comprobar que se introduciu correctamente.

Image:Dl_2014_inst_debian_22.jpeg| Na instalación pídesenos crear un primeiro usuario administrador, poñemos un nome completo para este usuario: '''administrador''', neste caso.

Image:Dl_2014_inst_debian_23.jpeg| o nome da conta, (tamén '''administrador''')

Image:Dl_2014_inst_debian_24.jpeg| o contrasinal, ('''abc123.''' Co punto final incluído)

Image:Dl_2014_inst_debian_25.jpeg| e repetimos o contrasinal.

Image:Dl_2014_inst_debian_27.jpeg| Para a configuración da hora, temos que indicar a localización dentro da zona horaria xa indicada anteriormente.

Image:Dl_2014_inst_debian_28.jpeg| Chega un dos momentos máis delicados e particulares da instalación, que é o particionamento dos discos. As opcións que se deben coller neste punto son moi variables en función dos sistemas que teña xa instalados a máquina, a función que vai desenvolver este servidor, etc. Non nos imos parar a examinar as posibilidades que se nos ofrecen, xa que non é o obxectivo do curso afondar na instalación e configuración de Debian, e por iso escollemos a opción máis simple, que é usar o particionamento '''guiado''' usando o disco completo (Xa que nesta MV só vai ir instalado este sistema operativo).

Image:Dl_2014_inst_debian_29.jpeg| Escollemos o disco a particionar (tampouco temos moitas opcións...),

Image:Dl_2014_inst_debian_30.jpeg| e escollemos, tamén, o esquema de particionamento que permite que '''/home''' estea nunha partición separada.

Image:Dl_2014_inst_debian_31.jpeg| Coa escolla realizada, simplemente teremos unha partición para o sistema (a primaria), outra para espazo de intercambio ou ''swap'' (a lóxica) e outra para '''/home'''. Como se pode observar, teríamos opcións para configurar un ''RAID'', o ''LVM'' ou volumes de disco cifrados, cuestións moi interesantes pero que tamén se escapan aos obxectivos do curso. Escollemos a opción de rematar e gardar os cambios.

Image:Dl_2014_inst_debian_32.jpeg| Confirmamos as modificacións,

Image:Dl_2014_inst_debian_33.jpeg| e aquí podemos ver o proceso de instalación do sistema.

Image:Dl_2014_inst_debian_34.jpeg| Se instalamos dende unha imaxe completa e non dende unha imaxe pequena, o sistema engade o DVD ou CD de instalación á lista de repositorios e pregunta se desexamos engadir máis. Respostamos que non...

Image:Dl_2014_inst_debian_35.jpeg| e indicamos que desexamos usar un '''repositorio de paquetes''' de Internet.

Image:Dl_2014_inst_debian_36.jpeg| Imos configurar un ''repositorio'' de paquetes de software para que o equipo descargue os paquetes que queiramos instalar e as súas actualizacións. Escollemos como país ''España'',

Image:Dl_2014_inst_debian_37.jpeg| e a continuación aparecen unha lista de servidores cos repositorios de Debian en España. Podemos escoller calquera deles.

Image:Dl_2014_inst_debian_38.jpeg| Se para saír a Internet hai que configurar un proxy teremos que indicalo para que o equipo se poida conectar aos servidores dos repositorios. Se non temos que configurar o proxy, simplemente continuamos.

Image:Dl_2014_inst_debian_39.jpeg| Está tratando de poñerse en contacto co servidor de repositorios escollido nun paso anterior.

Image:Dl_2014_inst_debian_40.jpeg| Se aparece esta pantalla é porque o equipo non ten comunicación co exterior. Revisar a configuración IP do equipo ou da Rede NAT (reiniciar incluso o host). É aconsellable non seguir despois deste paso sen resolver a configuración IP, por tanto é bo comezar a instalación de novo e con conexión a internet para que o sistema ''naza'' dunha forma estándar.

Image:Dl_2014_inst_debian_42.jpeg| Unha vez solventados os problemas anteriores e comezada de novo a instalación chegamos a este paso. Podemos participar na enquisa de uso de paquetes para proporcionarlle ao equipo de desenvolvedores información estatística dos paquetes máis usados.

Image:Dl_2014_inst_debian_43.jpeg| Este é outro paso da instalación no que a selección que faremos dependerá en gran medida das funcións que vai realizar o servidor e dos recursos do mesmo. Por exemplo, para montar un servidor que consuma os mínimos recursos, '''desactivaremos''' o '''Ambiente de escritorio (Desktop enviroment)''' e podemos ''activar'' o '''Servidor SSH''' e o '''Laptop''' se estamos instalando o sistema nun portátil.

Image:Dl_2014_inst_debian_44.jpeg| Instalamos o xestor de arranque ''GRUB''.

Image:Dl_2014_inst_debian_45.jpeg| E rematou a instalación. Premer en '''Continuar''' para reiniciar.

Image:Dl_2014_inst_debian_48.jpeg| Xa podemos iniciar sesión no sistema.

Image:Dl_2014_inst_debian_60.jpeg| Sesión iniciada como root.

</gallery>

==Preparación sistema base Debian==

*Como esta MV vai ser a base da que imos sacar outras MVs debian é aconsellable asegurarse de que ten as configuracións mínimas a toda MV debian.

<gallery caption="Revisar configuración mínima" widths="350" heights="250px" perrow="2">

Image:Dl_2014_inst_debian_61.jpeg| Con '''clear''' limpamos a pantalla.

Image:Dl_2014_inst_debian_62.jpeg| Con '''df''' comprobamos as particións montadas, os seus tamaños e o espazo consumido. ('''-h ''' amosa en formato humano).

Image:Dl_2014_inst_debian_64.jpeg| Con '''uname''' comprobamos a versión do núcleo e no ficheiro '''/etc/issue''' o nome da versión de debian instalada.

Image:Dl_2014_inst_debian_63.jpeg| Con '''ls''' amosamos o contido dun directorio, coa opción '''-a''' amosamos os todo: ficheiros ocultos e non ocultos.

Image:Dl_2014_inst_debian_49.jpeg| Comprobamos o nome do sistema, este almacenase en '''/etc/hostname'''

Image:Dl_2017_inst_debian_50.jpeg| Revisamos a configuración IP no ficheiro '''etc/network/interfaces'''. Ao usar a versión 9.0 ou superior a máscara amósase en formato [https://es.wikipedia.org/wiki/Classless_Inter-Domain_Routing CIDR]. O ideal sería ter configurado para a máquina base '''iface enp0s3 inet dhcp''', pero para iso precisaríamos un servidor DHCP na rede, que por agora non temos.
Como se nomean os interfaces (enp0s3) verase nun apartado posterior a nomeclatura usada e as razóns.

Image:Dl_2014_inst_debian_50.jpeg| Se usamos versions de debian inferiores á 9. Revisamos a configuración IP no ficheiro '''etc/network/interfaces'''. O ideal sería ter configurado para a máquina base '''iface eth0 inet dhcp'''.
Observar como neste caso o consérvase o nomeamento tradicional: ethX

Image:Dl_2017_inst_debian_51A.jpeg| Con '''ip link show''' vese o estado da conexión. Neste caso a tarxeta ten conexión (state UP).
Sobre o comando '''ip''' verase máis información nunha sección posterior.

Image:Dl_2017_inst_debian_51B.jpeg| Con '''ip addr show''' vese a configuración IP.
A excución deste comando viría a ser equivalente a executar '''ifconfig'''.
O comando '''ifconfig''' está obsoleto na versión 9 e superiores de debian.

Image:Dl_2014_inst_debian_51.jpeg| Aínda así nun apartado posterior veremos como se pode seguir excutando o comando '''ifconfig''' para convivir cos dous comandos mentres se familiariza co comando '''ip'''. Vese que a IP está correcta.

Image:Dl_2014_inst_debian_53.jpeg| En '''/etc/resolv.conf''' vemos que o servidor DNS está configurado correctamente (mentres non teñamos outro).

Image:Dl_2014_inst_debian_52.jpeg| Con '''ping uvigo.es''' comprobamos a conexión co exterior.

</gallery>

===Configuración ficheiro repositorios sources.list e actualización===

*Outra das cousas das que nos debemos asegurar antes de crear unha nova MV a partir da MV base, é que nesta última os repositorios están configurados correctamente e a MV base está actualizada.

<gallery caption="Repositorios e actualización" widths="350" heights="250px" perrow="2">

Image:Dl_2014_inst_debian_54.jpeg| Editamos o ficheiro de repositorios '''/etc/apt/sources.list'''

Image:Dl_2014_inst_debian_55.jpeg| Vemos que os primeiros repositorios son os CDs de instalación. Deberían estar comentados para que todos os paquetes se descarguen da rede, así que se non o estivera poñemos o símbolo '''#''' no comezo da liña para comentar esa liña
Lembrar premer CTRL+X para saír do editor e gardar os cambios.

Image:Dl_2014_inst_debian_57.jpeg| Actualizamos a lista de repositorios: '''apt-get update'''

Image:Dl_2014_inst_debian_58.jpeg| Unha pequena mostra dos ficheiros descargados.

Image:2017_Install_debian_07.png| O comando '''apt-get upgrade''' permite buscar e aplicar as actualizacións dos paquetes que temos instalados dende os repositorios que acabamos de actualizar. Na imaxe pódese ver que non hai ningunha actualización que aplicar.

</gallery>

-- [[Usuario:Antonio|Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion|Carlos Carrión Álvarez]] --
Carrion