Curso de Simulación de redes locais con VirtualBox: Obxectivos e escenarios da PARTE VIII

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
  • No primeiro escenario desta parte, procederase a configurar o equipo wserver como servidor do servizo DNS.
  • Este equipo xestionará unha zona que se denomina: wcarpediem.local.
  • O servidor DNS wserver realizará o proceso de recursividade para aquelas consultas que non poida resolver por el mesmo. Este mecanismo é como está configurado por defecto o servizo recén instalado.
  • Os clientes DNS de todos os equipos (incluído o propio wserver) terán configurado o Servidor de DNS primario coa IP de wserver. Non se configurará o Servidor de DNS alternativo.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 A.jpg


  • Por outra banda, no seguinte escenario, o servidor de DNS wserver realizará o proceso de reenvío para dar solución a aquelas consultas que non poida resolver por el mesmo.
  • O demais permanecerá igual que no caso anterior.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 B.jpg


  • O mesmo se fará con un servidor Linux, neste caso Debian en dserver.
  • Neste caso a zona terá outro nome distinto: zolimpia.local.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 C.jpg

  • E por último, o servidor de Debian configurado como reenviador.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 D.jpg


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --