Curso de Simulación de redes locais con VirtualBox: Obxectivos e escenarios da PARTE III

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Neste Apartado III tratarase de afondar nas distintas maneiras que hai de configurar as tarxetas de rede das máquinas virtuais. Por tanto estudarase:

  • Configuración IP.
  • NAT (Network Address Translation).
  • Switches.
  • Parámetros de configuración das tarxetas de rede das máquinas virtuais.

As seguintes imaxes amosan os distintos escenarios que se van manexar na PARTE III:

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 A.jpg

Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas por defecto: NAT


00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 02 A2.jpg

Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas por defecto: Rede NAT, onde as MVs poden saír a internet e comunicarse entre elas dentro dun mesmo host.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 B.jpg

Neste escenario os equipos virtuais compórtanse como se fosen equipos reais e poden comunicarse con calquera elemento da LAN e calquera elemento da LAN con eles.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 C.jpg

Neste caso os equipos virtuais só se poden comunicar entre si.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 D.jpg

Neste escenario os equipos virtuais pódense comunicar entre si e co equipo host.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 E.jpg

Cada equipo virtual ten dúas tarxetas de rede, unha delas para comunicarse co outro equipo virtual e a outra para poder acceder ao exterior.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (xaneiro 2016).