Curso Platega 09-10: Xestión avanzada de Ubuntu. Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 12:02 19 feb 2011 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Ubuntu-server.jpg
Platega U910 server Escenario 01.jpg








88x31.png

Este manual de Curso Platega: Xestión avanzada de Ubuntu. Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio é creado e editado por Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez baixo a licenza Creative Commons 3.0:

  • Copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra, sempre mencionando ós autores.
  • Uso non comercial.
  • Compartir as modificacións baixo a mesma licenza.
Para calquera outro tipo de uso non contemplado na licenza anterior consulte ós autores: Antonio de Andrés Lema ou Carlos Carrión Álvarez.


Este manual/curso está deseñado para o curso de formación do profesorado: Xestión avanzada de Ubuntu. Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio.

Trátase de instalar un servidor Ubuntu que permita xestionar un dominio con clientes GNU/Linux e MS-Windows, así como partindo dun servidor de dominio de MS-Windows dispor de clientes GNU/Linux.

O seu seguimento será realizado a través da plataforma PLATEGA da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Aínda así, este manual pretende ser xeralista e o máis aberto posible para que o poida seguir aquel usuario cuns coñecementos básicos de GNU/Linux e de xestión de dominios en MS- Windows.

Para aqueles usuarios que desexen adquirir os coñecemento previos en GNU/Linux que anteceden a este curso poden seguir o seguinte curso para usuarios que se inician no manexo do Ubuntu Desktop nun sistema dual. Este curso básico será referenciado en varias ocasións ó longo do presente.


PARTE I: Instalación e configuración de Ubuntu Server e Ubuntu Desktop.



PARTE II: Instalación e configuración do servidor e cliente LDAP.



PARTE III: Compartir carpetas de usuario: NFS, Kerberos e ACLs.



PARTE IV: Servidor de dominio Linux para clientes MS-Windows: Samba



PARTE V: Cotas de disco, Planificador de tarefas e Backups.



PARTE VI: Servidor de dominio MS Windows e clientes GNU/Linux.



AGRADECEMENTOS


Agradecementos, dedicatoria e despedida.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).