https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Curso_POO_PHP_Xerar_sa%C3%ADda&feed=atom&action=historyCurso POO PHP Xerar saída - Historial de revisiones2024-03-28T21:26:33ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Curso_POO_PHP_Xerar_sa%C3%ADda&diff=36713&oldid=prevVlourido en 08:59 26 jul 20132013-07-26T08:59:10Z<p></p>
<p><b>Página nueva</b></p><div>[[Category:Curso POO PHP| 109 - Curso POO PHP]]<br />
== Xerar saída ==<br />
Existen varias formas incluír contido na páxina web a partir do resultado da execución de código PHP. A forma máis sinxela é usando '''[http://es1.php.net/manual/es/function.echo.php echo]''', que amosa como saída o texto dos parámetros que recibe. <br />
<br />
Outra posibilidade é '''[http://es1.php.net/manual/es/function.print.php print]''', que funciona de forma similar. A diferenza máis importante entre print e echo, é que print só pode recibir un parámetro e devolve sempre 1.<br />
<br />
Tanto '''print''' como '''echo''' non son realmente funcións, senón elementos propios da linguaxe, polo que non é obrigatorio que poñas paréntese cando as utilices. <br />
<br />
'''[http://es1.php.net/manual/es/function.printf.php printf]''' é outra opción para xerar unha saída dende PHP. Pode recibir varios parámetros, o primeiro dos cales é sempre unha cadea de texto que indica o formato que se ha de aplicar. Esa cadea debe conter un especificador de conversión por cada un dos demais parámetros que se lle pasen á función, e na mesma orde en que figuran na lista de parámetros.<br />
<br />
Cada [http://es1.php.net/manual/es/function.sprintf.php especificador de conversión] vai precedido do caracter '''%''' e componse das seguintes partes:<br />
<br />
* '''signo''' (opcional). Indica se se pon signo aos número negativos (por defecto) ou tamén aos positivos (indícase cun signo +).<br />
* '''recheo''' (opcional). Indica que carácter se usará para axustar o tamaño dunha cadea. As opcións son o carácter 0 ou o carácter espazo (por defecto úsase o espazo).<br />
* '''aliñación''' (opcional). Indica que tipo de aliñación se usará para xerar a saída: xustificación dereita (por defecto) ou esquerda (indícase co carácter -).<br />
* '''ancho''' (opcional). Indica o mínimo número de carácteres de saída para un parámetro dado.<br />
* '''precisión''' (opcional). Indica o número de díxitos decimais que se mostrarán para un número real. Escríbese como un díxito precedido por un punto.<br />
* '''tipo''' (obrigatorio). Indica como se debe tratar o valor do parámetro correspondente.<br />
<br />
Na seguinte táboa podes ver unha lista con todos os especificadores de tipo.<br />
<br />
{| class="wikitable"<br />
|-<br />
! Especificador !! Significado<br />
|-<br />
| b || o argumento trátase como un enteiro e preséntase como un número binario<br />
|-<br />
| c || o argumento trátase como un enteiro e preséntase como o carácter con ese valor ASCII<br />
|-<br />
| d || o argumento trátase como un enteiro e preséntase como un número decimal<br />
|-<br />
| u || o argumento trátase como un enteiro e preséntase como un número decimal sen signo<br />
|-<br />
| o || o argumento trátase como un enteiro e preséntase como un número octal<br />
|-<br />
| x || o argumento trátase como un enteiro e preséntase como un número hexadecimal (con minúsculas)<br />
|-<br />
| X || o argumento trátase como un enteiro e preséntase como un número hexadecimal (con maiúsculas)<br />
|-<br />
| f || o argumento trátase como un dobre e preséntase como un número de coma flotante (tendo en conta a localidade)<br />
|-<br />
| F || o argumento trátase como un dobre e preséntase como un número de coma flotante (sen ter en conta a localidade)<br />
|-<br />
| e || o argumento preséntase en notación científica, utilizando a e minúscula (por exemplo, 1.2e+3)<br />
|-<br />
| E || o argumento preséntase en notación científica, utilizando a e maiúscula(por exemplo, 1.2E+3)<br />
|-<br />
| g || emprégase a forma máis curta entre %f y %e<br />
|-<br />
| G || emprégase a forma máis curta entre %f y %E<br />
|-<br />
| s || o argumento trátase como unha cadea e preséntase como tal<br />
|-<br />
| % || amósase o carácter %. Non necesita argumento<br />
|}<br />
<br />
Existe unha función similar a printf pero en vez de xerar unha saída coa cadea obtida, permite gardala nunha variable: '''[http://es1.php.net/manual/es/function.sprintf.php sprintf]'''.<br />
<br />
Outras funcións que empregan para depurar mentres estamos programando son '''[http://www.php.net/manual/es/function.print-r.php print_r]''' e '''[http://www.php.net/manual/es/function.var-dump.php var_dump]'''. Ambas amosan de xeito intelixente o contido do que se lles pasa como parámetro.<br />
<br />
<source lang="PHP"><br />
<?php<br />
$cor = [<br />
"vermello" => "#FF0000",<br />
"verde" => "#00FF00",<br />
"azul" => "#0000FF"<br />
];<br />
var_dump($cor);<br />
?><br />
</source><br />
<br />
O código anterior amosa en pantalla:<br />
<br />
<source lang="PHP"><br />
array(3) { ["vermello"]=> string(7) "#FF0000" ["verde"]=> string(7) "#00FF00" ["azul"]=> string(7) "#0000FF" }<br />
</source><br />
<br />
--[[Usuario:Vlourido|Víctor Lourido]] 14:42 25 jun 2013 (CEST)</div>Vlourido