Curso POO PHP Sintaxe da linguaxe

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:57 26 jul 2013 de Vlourido (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Sintaxe da linguaxe

Na linguaxe PHP as palabras clave e as construcións propias da linguaxe, así como as funcións e clases que definimos, pódense escribir de forma indiferente en minúsculas, maiúsculas ou empregando combinacións de ambas, aínda que adóitanse escribir en minúsculas. Polo contrario, as variables que empreguemos son sensibles a maiúsculas e minúsculas.

Ao igual que na linguaxe C, as sentenzas en PHP rematan nun punto e coma, e podemos empregar espazos e saltos de liña para facilitar a lexibilidade do código.

Para embeber código PHP dentro das etiquetas da linguaxe XML podemos empregar distintos delimitadores:

  • <? e ?>. Opción curta. Pode non estar dispoñible dependendo da configuración no php.ini.
  • <% e %>. Mántense por compatibilidade con ASP.
  • <?php e ?>. É a opción máis empregada.
  • <script language="php"> e </script>

Por exemplo:

<html> 
<head> 
   <title>Páxina con PHP</title> 
</head> 
<body> 
   ...
<?php 
  Aquí vai o código PHP
?> 
   ...
</body>
</html>

--Víctor Lourido 14:40 25 jun 2013 (CEST)